Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

sábado, 27 de febreiro de 2016

Kardantxa (1977)

Kardantxa foi o selo co que a discográfica Movieplay publicaba os discos de música que publicaba en Euskaro. Artistas como Jon Bergaretxe, Iñaki Eizmendi, Gorka Knorr, Miren Aranburu ou Niko Etxart. Na seguinte ligazón tedes os dous discos compilatorios que publicou Kardantxa no ano 1977 cunha escolma de cancións de Iñaki Eizmendi, Gorka Knorr, Miren Aranburu e algunhas formacións de Txistularis, Coros e Tamborradas.

Descargar

Il Nuovo Canzoniere Italiano - Bella Ciao (1965)

Publicado polo selo italiano Dischi del Sole en 1965 e reeditado en CD polo selo francés Harmonia Mundi en 2000. A formación Il Nuovo Canzoniere Italiano composta por Fausto Amodei, Pino Masi, Claudio Bernieri e Ivan Della Mea, conta coa colaboración de Michele L. Straniero, Giovanna Marini, Sandra Mantovani e Caterina Bueno que poñen a súa voz en cancións políticas italianas como o Bella Ciao, A 'Ttocchi A 'Ttocchi, O Gorizia Tu Sei Maledetta ou Addio Lugano.

Descargar

Buenaventura Durruti (2012)


Disco publicado nun CD dobre adicado a Buenaventura Durruti no ano 2012 na Francia. Textos escollidos de Buenaventura Durruti, o Subcomandante Marcos, Cesar Vallejo ou Bertolt Brecht. oitas cancións novas ademais das coñecidas Hijos del Pueblo, A las Barricadas, El Paso del Ebro, Los Cuatro Generales ou o Basta Ya de Atahualpa Yupanqui.

Descargar


Canticos Revolucionarios em Portugues (1975)

Disco gravado en Lisboa no ano 1975 por compoñentes dos coros da Fundaçao Calouste Gulbenkian e do Teatro de S. Carlos. Cantos da Música da Intervençao Portuguesa como Portugal Ressuscitado, Avante Camarada ou Alerta, aínda que o máis importante do disco son as versións ao portugués de cancións como Les Partisans, Bandeira Rubra, A Internacional, O Hino da Juvebtude Democrática, La Varsovienne (de onde ven a música da canción A las Barricadas) e Os Quatro Generais.

Descargar

Ahaztuak: 1936-1977 Canciones para la Memoria - Olvidad@s (2006)


Primeira entrega dos compilatorios feitos e producidos pola asociación de vítimas del franquismo Ahaztuak (Esquecid@s), hai tempo presentouse neste blog a segunda entrega. Atopamos cancións de Fermin Balentzia (as de Maravillas e o Alto de Loiti), Josu Zabalondo, Nuberu e Fermin Muguruza entre moitos outros. Atopamos versións dalgunhas cancións como A las Barricadas, Si me Quieres Escribir, En el Pozo María Luisa, Txabi Etxebarrieta ou a anarquista Arroja la Bomba.

Disco atopado hai tempo no blog Ekaitzaldi

Descargar

martes, 9 de febreiro de 2016

Finis Africae (1984-1996)

Agrupación de música ambiental formada por Juan Alberto Arteche Gual, Luis Delgado e Javier Bergia a principios dos 80, con músicas similares as do outro grupo de Luis Delgado e Javier Bergia: Ishinohana. Javier Paxariño colabora no seu terceiro disco, Amazonia, actualmente reeditado en Xapón.






No arquivo de descarga tedes os seguintes discos:
  • Prima travesía [Grabaciones Accidentales (1984)]
  • Un día en el parque [Grabaciones Accidentales (1985)]
  • Amazonia [Musica sin Fin (1990)]
  • Campos de sol y luna (1996)
Descargar

US Story (1976)

Unha estupenda escolma de cancións do folklore estadounidense publicado por Folkways e Le Chant du Monde [FWX 50107-8] no segundo centenario dos estados unidos. Neste disco, que divide as cancións por épocas e temática interveñen Pete Seeger, Almanac Singers, Woody Guthrie, Blind Boy Grunt (alcume de Bob Dylan) e Cisco Houston entre outros. Podedes atopar máis información na páxina de Discogs

Descargar

venres, 1 de xaneiro de 2016

Daniel Pequerul - Junto a Ti (1979)

Disco do Aragonés Daniel Pequerul de música relixiosa, parecido ao que facía Espinosa en castelán. Subido a petición do blog Aragón también tiene Sed.

Descargar

mércores, 30 de decembro de 2015

Del Sauveterre - Febrier (1978)

Primeiro disco desta formación de folk occitano. Publicado na Francia.

Descargar

Ecos de Navidad (2006)

Disco de panxoliñas castelás interpretadas por Joaquín Díaz, Amancio Prada, Candeal, Luis Delgado e Javier Bergia entre outros.

Descargar

Mano Que Mece la Luna (2007)

Disco colectivo de cantigas de berce interpretadas por La Musgaña, Jabier Muguruza, Eliseo Parra ou Lidia Pujol.

Descargar

Pablo Guerrero - Un Barco de Sueños (2002)

Disco de novas cancións infantís escritas por Pablo Guerrero e interpretadas por Javier Bergia, Ismael Serrano, Jorge Drexler, Suburbano, Aute, Labordeta, Imanol, Luis Pastor ou Pedro Guerra entre outros.

Descargar

luns, 27 de xullo de 2015

Barahunda - Al Sol de la Hierba (2002)

Barahunda é unha banda de folk madrileña. Este primeiro traballo de Barahunda vén producido por Javier Bergia, e conta con colaboracións de músicos de prestixio coma Javier Paxariño, Quique Almendros, Jaime Muñoz, Rafa Martín, Marta de la Aldea ou Clara Serrano. Neste disco a formación Barahunda vén composta por Helena de Alfonso, Jota Martínez, Jose Luis Escribano, Manuel Carro, Miguel Casado e Jose Luis Lara.


Descargar

Jon Koldo Larrañaga - GU (1977)

É unha magoa que non poida comentar nada deste cantante vasco, pero non atopo información súa por ningures. Semella que este sexa o seu único traballo.

Descargar

Ñaco Goñi


Aquí tendes diversos traballos do armonicista e bluesman residente en madrid Ñaco Goñi, o que formou parte de agrupacións como os Bluescavidas e a Tonky Blues Band, e acompanou ao longo da súa traxectoria musical a músicos como Malcolm Scarpa, Whisky David e Stevie Zee. A súas colaboracións con músicos son tan extensas que non paga a pena comentalas aquí.

Poño á vosa disposición os seguintes discos.




Malcolm Scarpa & Ñaco Goñi - Doin' Our Kind (1991)
Miki Nervio & the Bluesmakers (con Ñaco Goñi) - Directo en Pontevedra (2004)
Ñaco Goñi - Blues Company (1995)
Ñaco Goñi - Blues con los Colegas (2006)
Ñaco Goñi y los Bluescavidas - Nada que Perder (2003)
Ñaco Goñi y los Bluescavidas - Directo en Moby Dick Club [Madrid] [15-16 Junio] (1999)

Descargar

xoves, 16 de xullo de 2015

Poni Michárvegas - Décadas (1971)

Único disco deste cantante Arxentino afincado na España dende 1977. Gravado por Moshè Naïm en 1971 e publicado por Ten Records na Arxentina e por IRT en Chile. Poni é poeta, escritor, pintor e médico ademais de cantante. Os seus poemas foron tamén interpretados por Soledad Bravo e por Claudina y Alberto Gambino. Atopado no blog Los que ya no se Venden


Descargar

Antonio Resines y Teresa Cano - Canciones de carcel de Ho Chi Minh (1976)

Primeiro disco do cantante (non actor) Antonio Resines, coa voz da cantante Teresa Cano, trátase de musicalizacións de poemas do libro "Cuadernos de la Cárcel" de Ho Chi Minh, traducidos por Antonio Goómez . Conta coa colaboración dos compoñentes do grupo Malasaña, entre os que se atopaba Luis Mendo. Antonio Resines é un dos protagonistas da canción de autor española que perdimos este ano. Atopado no blog Los que ya no se Venden

Descargar


martes, 19 de maio de 2015

Cerca de Mañana (1972)

Publicado na Francia no ano 1972, este disco histórico contén cancións de compoñentes dos distintos movementos da Nova Canción na Galiza, Catalunya, Euzkadi e Andalucía. Moitas das cancións deste disco non foron editadas en ningún outro, participan no disco Bibiano, Benedicto, Vicente Araguas, Xerardo Moscoso, Suso Vaamonde, Imanol, Elisa Serna, Pablo Guerrero, Adolfo Celdrán, Julia León, Xavier Ribalta e Lluis Llach. Atopado no blog de La Palabra más Nuestra

Descargar

mércores, 8 de abril de 2015

Juan & Jose - Streik! A la calle (1969)

Segundo disco do dúo Joan & José, publicado na Alemaña, no selo Planë. Neste disco Joan & José (agora chamados Juan & Jose) cantan en castelán as súas propias cancións, cancións da guerra civil, ademais da canción "A la Huelga" de Chicho Sánchez Ferlosio e poemas de Rafael Alberti (A las Brigadas Internacionales), Miguel Hernández (Vientos del Pueblo) e Victoriano Cremer.

martes, 7 de abril de 2015

Joan & Jose - Guanyarem / Wir Werden Siegen / Ganaremos (1967)

Joan & José foi un dúo da canción da resistencia española no exilio. Joan Esteller (Alcanar, Tarragona, 1939) coñece a José Suarez (Cedeira, A Coruña, 1943) en Heldelberg, Alemaña, onde os dous traballaban, aló polo 1963. Publicaron dous discos moi importantes da música da resistencia no exilio e foron moi coñecidos en Alemaña. Este foi o primeiro disco, cantado en Català, de Joan & José, e unha importante aportación ao recén estreado movemento da Nova Cançó, nel atopamos letras de Salvador Espriú, Jordi Monés e Coloma Lleal.

Descargar

Miranda del Castañar [La Voz Antigua 5] (1980)

Este é o quinto volume da colección publicada polo selo Guimbarda, La Voz Antigua.

Trátase de gravacións de campo realizadas en 1980 por Petra Nieto, acompañada de Francisco, Magdalena e a frauta de Victor Pavón en Miranda del Castañar, na Sierra de Francia, Salamanca.

Descargar

Segunda Muestra de Folklore Aragones [La Voz Antigua 7] (1980)

Este é o sétimo volume da colección publicada polo selo Guimbarda, La Voz Antigua. Gravado o 19 de Outubro de 1980 para as Fiestas del Pilar en Zaragoza.
Subido a petición do magnífico blog de música aragonesa Aragón También Tiene Sed


domingo, 29 de marzo de 2015

Carmen y Jesús - No te Canses Compañero (1975)

Primeira gravación do dúo Riojano Carmen y Jesús, antes se convertiren, o ano seguinte, no trio Carmen, Jesús e Iñaki, que publicarían dous discos cos títulos "De Lunes a Sábado" e "Iregua", en 1977 e 1979 respectivamente. A gravación corresponde á segunda das casetes publicadas por Iberia Cultura en Barcelona no ano 1975, que chegaron publicar soamente tres gravacións, as outras dúas corresponden ós cantantes Suso Vaamonde e Jorge Melgarejo.

Descargar

Jorge Melgarejo - Tu Pueblo es mi Pueblo, Tu Canto es mi Canto (1975)

Primeira gravación do cantante Jorge Melgarejo, correspondente á primeira das casetes publicadas por Iberia Cultura en Barcelona no ano 1975, que chegaron publicar soamente tres gravacións, as outras dúas corresponden ó cantante Suso Vaamonde e ó dúo Riojano Carmen y Jesús, antes se convertiren no trio Carmen, Jesús e Iñaki. Jorge Melgarejo publicaría soamente outro disco, no ano 1977, co título "¿Quién Quiere Estrecharme la Mano?".
Descargar

Suso Vaamonde - Loitando (1975)

Primeira gravación do cantante galego Suso Vaamonde, correspondente á terceira das casetes publicadas por Iberia Cultura en Barcelona no ano 1975, que chegaron publicar soamente tres gravacións, as outras dúas corresponden o cantante Jorge Melgarejo e ó dúo Riojano Carmen y Jesús, antes se convertiren no trio Carmen, Jesús e Iñaki.

Publicado orixinalmente no blog Sempre en Galiza.

Descargar

luns, 9 de marzo de 2015

Luis Cilia - Transparencias (1975)

Outro dos discos do cantante Luis Cilia. Atopado hai tempo no blog "Los que no se Consiguen", renomeado agora como Los que Ya no se Venden.

Descargar

Luis Cilia - O povo unido jamais será vencido (1974)

Single editado en Portugal da versión en portugués da canción de Quilapayún "El Pueblo Unido Jamás será Vencido", traducida e interpretada por Luis Cilia en 1974.

Descargar

Luis Cilia - O Guerrilheiro (1974)

Outro dos discos do cantante portugués Luís Cília, editado en Portugal co título "O Guerrilheiro" no ano 1974 e reeditado en 1982 co título "Cancioneiro". Atopado hai tempo no blog "Los que no se Consiguen", renomeado agora como Los que Ya no se Venden.

Descargar

mércores, 11 de febreiro de 2015

Luís Cília - Meu País (1973)

Regravación mellorada das primeiras cancións de Luís Cília publicadas en francia no disco "Portugal-Angola: Chants de Lutte", ambos discos publicados polo selo Le Chant du Monde. Nesta reedición do seu primeiro disco, Luís Cília musicaliza aos poetas portugueses Jose Gomes Ferreira, António Borges Coelho, Rui Namorado e Manuel Alegre; aos angolanos Geraldo Bessa-Victor, Jonas Negalha e o cabo verdián Daniel Filipe. No noso país, a cantante galega Maria Manuela fai unha versión en galego da canción "Regresso", e o cantante alacantí Adolfo Celdrán fai versións en castelá das cancións "Resiste" e "Regresso" cos títulos "Resiste" e "Día de Fiesta". Luis Cilia e Adolfo Celdrán colaborarían xuntos na musicalización do poema de Miguel Hernández "Canción del Esposo Soldado" que cantaría Adolfo.

Descargar

Luis Cilia - Memória (1976)

"Memória" foi o disco máis internacional do cantante portugués Luis Cilia, o que chegou editarse en Portugal, España, Alemaña (RDA), Francia e Bulgaria. O disco contén textos de Manuel Correia, Ary dos Santos e Carlos Cunha entre outros.

Descargar

sábado, 29 de novembro de 2014

Carmela e Paco Ibañez (1958-1973)

Carmen Requeta Dideo naceu no barrio de Lavapiés, en Madrid. Ós 19 anos trasladase a París onde coñece a Jesús Soto, pintor Venezolán, e máis a Paco Ibáñez, cos que formará o trío "Los Yares" no ano 1956 e cos que actuará durante uns dez anos. Carmen Requeta publica os dous primeiros EPs xunto a Miguel Castaños e Paco Ibañez no ano 1958. Dous anos despois, xa co nome de Carmela, publica xunto ao acompañamento da guitarra de Paco Ibañez, un disco co título "10 Chansons d'Amerique Latine" coa produción, segundo teño entendido, de Moshé-Naïm e publicado polo selo Fontana (Moshé-Naïm aínda non comenzara co seu selo discográfico). Carmela e Paco Ibañez publican no ano 1968 outro disco, xa en formato de LP, un disco con sete das dez gravacións do disco anterior (aínda que hai variación dunha das cancións eliminadas segundo sexa a edición norteamericana ou a francesa e española) e máis outras sete novas, co título "Chansons Populaires d'Amerique du Sud". Paco e Carmela publican o seguinte disco no ano 1973, aínda que a gravación é de 1969, co selo e produción de Moshé-Naïm. O último disco de Carmela sería sen o acompañamento de Paco Ibáñez.

Discos que contén o arquivo de descarga:
  • Carmen Requeta (2 EPs 1968)
  • 10 Chansons d'Amerique Latine (1960)
  • Chansons Populaires d'Amerique du Sud (1968)
  • Mourir d'Aimer (Single 1970)
  • Chants d'Espagne et de Amerique Latine (1973)
  • Chante le Chile (1976)

con Paco Ibañez e Miguel Castaños
con Paco Ibañez

Descargar

Cancionero Libertario (2011)

Este Cancionero Libertario saeu publicado en formato disco-libro no ano 2011 coa axuda do goberno de Aragón, e con interpretacións de Joaquín Carbonell, Gabriel Sopeña, Carlos Malicia, Chicotén, Elena Rubio e o grupo BVocal, entre outros, interpretando cancións anarquistas españolas como "Hijos del Pueblo" ou "A las Barricadas", e tamén arxentinas, italianas, americanas e de nova creación coma as do Cancionero de Buenaventura Durruti de Chicho Sánchez Ferlosio.
Descargar

martes, 25 de novembro de 2014

De Voces Ceibes a Milladoiro (2013)

Disco que acompaña ao libro do mesmo título De Voces Ceibes a Milladoiro escrito por Antón Seoane o ano pasado, que remataba a súa obra xunto cun documental, tamén estreado o pasado ano co título De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movemento Popular da Canción Galega (1973-1978), ao que se pode acceder a través do servizo de subscricións do vídeo baixo demanda de R Televisión, é dicir, que se non és de R non hai maneira de ver un documento desta importancia para a música galega.

No CD que ven co libro participaron Pilocha, Xosé Quintás-Canella, Bibiano, Rodrigo Romaní, Laura Amado, Marcos Meléndez e o propio Antón Seoane.

Descargar

mércores, 19 de novembro de 2014

Hiszpania Spiewa (1966)

Disco de cancións da república española traducidas ó polaco e publicado en Polonia no ano 1966. Cantan Pola Lipinska (mezzo) e Jozef Wojtan (barítono) cancións como Himno de Riego, El Paso del Ebro, Coplas de la Defensa de Madrid (no disco figura co título traducido de Los Cuatro Generales), Si me Quieres Escribir... unha canción titulada no disco como "Asturia", e que é unha das cancións asturiás da revolución de Outubro do 34, e, por un tremendo erro xeográfico, La Cucaracha.

Descargar

Segovia Viva (1976)

Disco producido por Ismael dedicado á canción tradicional de Segovia. O disco céntrase no folklorista segovián, daquela case esquecido, Agapito Marazuela, aínda que atopamos interpretacións doutros grupos e intérpretes como o propio Ismael e as agrupacións Hadit e o Nuevo Mester de Juglaría.

Descargar

domingo, 16 de novembro de 2014

Ahaztuak. 1936-1977 Canciones para la Memoria II (2007)

Segunda entrega dos compilatorios feitos e producidos pola asociación de vítimas del franquismo Ahaztuak (Esquecid@s). Atopamos cancións de cantantes como Rogelio Botanz ou Mikel Urdangarín que interpreta La paloma de la Paz de Chicho Sánchez Ferlosio, e agrupacións como Bide Ertzean, Las Joteras de Larraga, Apurka, AK-37, Dangiliske, Brighantya ou Adunia Folk. Atopamos tamén ós asturiáns Nuberu e os cantaores de flamenco Paco Moyano e José Domínguez "El Cabrero".
Atopamos cancións da época da guerra, como Viva la 5ª Brigada, Ay! Carmela, Jarama Valley ou Eusko Gudariak, e versos de Efrén Rodríguez, de Consuelo Ruiz (Las mujeres de los rojos) e de Telesforo Monzón (Iharra) interpretado por Txomin Iturbe dende a clandestinidade nos derradeiros anos da ditadura franquista. O disco remata cunha gravación, creo que gravada durante a guerra, da Internacional en Euskara.

Disco atopado hai tempo no blog Ekaitzaldi

Descargar

Moncho Alpuente Experience - La Experiencia es lo ultimo que se pierde (2002)

Despois dun espectáculo teatral que levaba por título "La experiencia es lo último que se pierde" e que levou á escena con Wyoming e o Reverendo, Moncho Alpuente publica este libro-disco co que satiriza a historia de España.

Descargar

xoves, 7 de agosto de 2014

Avelino - Ni Rejas ni Fronteras (1977)

Primeiro e único disco do cantautor astur Avelino López Díaz, un dos cantantes do Nuevu Canciu Astur (Nova Canción Asturiana), gravado en 1977, Avelino fai a metade do disco en asturián e a outra metade castelán. Unha xoia difícil de atopar.

Descargar

Carlos Rubiera - Pasin a Pasu (1981)

Primeiro LP do cantautor astur Carlos Rubiera, un dos cantantes do Nuevu Canciu Astur (Nova Canción Asturiana) e seguramente (xunto a Jerónimo Granda) un dos máis prolíficos da canción de autor asturiana.

Descargar

mércores, 6 de agosto de 2014

Xose Nel - Calandreru (1982)

Xose Nel é un dos máis descoñecidos integrates do Nuevu Canciu Astur (Nova Canción Asturiana) e segundo teño entendido chegou publicar este LP e máis un single (que non sei se chegaría publicarse un LP enteiro) chamado "Xermandia" no ano 1988

Descargar

Grup de Folk - 1 i 2

Grup de Folk foi, como o seu propio nome indica, un grupo de folk catalá que comenzou a súa carreira musical a finais dos anos 60. Aínda que non tiñan unha formación fixa, dous dos músicos que estiveron nela dende o principio foron Jaume Arnella e Xesco Boix. Na seguinte ligazón podedes descargar os dous primeiros discos desta formación, que datan de 1967 e 1968 respectivamente.

Descargar

luns, 4 de agosto de 2014

NHU - NHU (1978)

Primeiro e único disco desta formación de rock progresivo compostelá, composta por Emilio Cao, Tino Grandío, Roberto Abal, Xurxo Pérez, Xosé Garea, Julio Garea, Antonio Fernández, Jesús Alonso e Ricardo Máiz.

Descargar

Mont Joia - Cançons dei Festas Provençalas (1978)

Segundo disco, editado polo selo francés Le Chant du Monde, deste gran grupo de folk occitano

Descargar

Javier Lopez de Guereña - Detras del Viento (1991)

Disco instrumental (creo que o único que chegou sacar) deste guitarrista, que xunto a Andreas Prittwitz e Fernando Anguita (tamén presentes neste disco) traballan habitualmente co cantautor Javier Krahe.

Descargar

venres, 18 de xullo de 2014

Esteban Valdivieso - Estabas tu en el Humo (2000)

Esteban Valdivieso foi un dos integrantes do colectivo Manifiesto Canción del Sur que xurdiu en Andalucía nos últimos anos do franquismo, e que xunto a músicos como Carlos Cano, Antonio Mata, Nande Ferrer, Raúl Alcover ou Aurora Moreno fomentan a cultura e poesía andaluza a través das súas cancións. Esteban non chega publicar o seu primer disco ata 1998, a pesar de colaborar desde finais dos anos 80 con diversos artistas.

DESCARGAR

mércores, 16 de xullo de 2014

Fernando Unsain - Nire Aitaren Etxea Defendituko Dut (1976)

Segundo disco deste cantautor, e o único que ten cantando en Euskera.

DESCARGAR

xoves, 17 de abril de 2014

Carlos Andreu - Un Peuple en Lutte: Espagne (1976)

Primeiro disco de Carlos Andreou (ou Carlos Andreu) dos dous que publicou como cantautor dende Francia. Este disco foi editado polo pequeno selo francés Expression Spontanee, no seu número 22.

Disco atopado no blog Perspectivas a través de la Nueva Canción Chilena

Descargar