Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

martes, 7 de abril de 2020

Juan Antonio Espinosa [Canción Social]

Discos do cantante extremeño Juan Antonio Espinosa relacionados coa canción social e política.

Os discos aquí publicados son os referentes á sua faceta de cantautor, ainda que Espinosa foi moito máis coñecido pola sua contribución á canción relixiosa católica dentro do movemento de Nova Liturxia (Nueva Liturgia), movemento aperturista que surxidiu despois do Concilio Vaticano II e que permitía a creación e interpretación de novas cancións litúrxicas, así como a incorporación de guitarras e outros instrumentos na liturxia. Juan Antonio Espinosa publicou moitísimos discos ao longo da sua vida en selos discográficos de canción relixiosa cristiana (como PAX), e as suas cancións son recollidas en cancioneiros relixiosos e cantadas ao longo dos anos nas liturxias de habla hispana, cancións como: Alegre la mañana, Caminaré, Danos un corazón, El Señor es mi fuerza, Tu palabra me da vida, Un pueblo camina, Llegará la libertad, Ven con nosotros al caminar...

Os discos contidos no arquivo de descarga son os seguintes:
  • La Tierra Grita (ed Peru) (1974)
  • La Tierra Grita (1975)
  • Cantares De Ojos Abiertos - Canta A Manuel Pacheco ‎(1976)
  • Hombres sin Tierra (1977)
DESCARGAR

Ningún comentario:

Publicar un comentario