Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

domingo, 12 de abril de 2020

Voces Ceibes (1968-1976)

As gravacións do colectivo de cantautores Voces Ceibes: Xavier González del Valle, Benedicto García Vilar, Xerardo Moscoso, Vicente Araguas, Guillermo Rojo e Miro Casabella, e de outros cantantes do movemento musical da Nova Canción Galega como Miguel Enriquez, María e Xavier, Jei Noguerol e Xoan Rubia. Son todas as gravacións publicadas polo selo EDIGSA no seu subselo galego XISTRAL e tamén os que fan en colaboración coa editorial Galaxia, onde podemos atopar tamén tres discos dos cantantes cataláns Luis Olivares e Jacinta cantando en galego.

Inclúense tamén algunhas gravacións relacionadas como as que aparecen no disco Cerca de Mañana (1972) (algunhas só editadas aquí, e incluíndo a Bibiano Morón e Suso Vaamonde), o concerto de Benedicto e Bibiano (25 de Xuño de 1976), e algunha canción en directo de datas descoñecidas de Benedicto (Amnistía e Liberdade e Loitemos) e Miro Casabella (Olla meu Irmán).

Os discos contidos no arquivo de descarga son os seguintes:
EDIGSA - XISTRAL
  • XIS 01 Manuel María - Poemas: Ditos coa sua voz (1968)
  • XIS 02 Miro Casabella - Miro Canta As Suas Cancios (1968)
  • XIS 03 Benedicto - No Vietnam (1968)
  • XIS 04 Xerardo Moscoso (1968)
  • XIS 05 Vicente Araguas (1969)
  • XIS 06 Xavier (1969)
  • XIS 07 Xoan Rubia (1969)
  • XIS 08 Miro Casabella - Miro canta cantigas de escarnho e mal dizer (1968)
  • XIS 09 Xerardo Moscoso (1969)
  • XIS 10 Xoan Rubia (1969)
  • XIS 11 Xoan Rubia (1969)
  • XIS 12 Vicente Araguas
  • XIS 13 Jei Noguerol (1971)
  • XIS 14 Jei Noguerol (1972)
  • XIS 15 Miguel Enriquez (1972)
  • XIS 16 Jei Noguerol
  • XIS 17 Jei Noguerol - Denantes dos vinte anos (1976) [LP]
EDIGSA - Galaxia:
  • EGCM 1 Luis Olivares - Canta en lingua galega (1967)
  • EGCM 2 Jacinta - Canta en lingua galega (1967)
  • EGCM 3 Jacinta - Cancios de Nadal
  • EGCM 4 ???????
  • EGCM 5 Guillermo
  • EGCM 6 María e Xavier - Edigsa - Galaxia  (1969)
  • EGCM 7 María e Xavier - Edigsa - Galaxia (1969)
Outras Gravacións:
  • Cerca de Mañana (1972) [selección de cancións da Nova Canción Galega
  • Concerto de Bibiano e Benedicto [25 de Xuño de 1976]
  • Benedicto - Amnistia e Liberdade (Concerto de Xixon 1977)
  • Benedicto - Loitemos (directo)
  • Miro Casabella - Olla meu irmán (directo)
DESCARGAR

Ningún comentario:

Publicar un comentario