Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

martes, 31 de decembro de 2013

Antonio Mata - Entre la Lumbre y el Frio (1977)

Primeiro e único disco deste cantautor andaluz precursor da nova canción de autor andaluza nos anos 70, xunto a Carlos Cano e Raúl Alcover.

Descargar

venres, 27 de decembro de 2013

Espliego - Nunca fuera caballero [Canciones del Quijote] (2005)

Neste disco o grupo Espliego coa axuda de moitos outros intérpretes sacan novas cancións sobre O Quixote, coa música de José Ignacio y Pedro Chaparro de Espliego, e interpretadas por distintos cantantes, cada un deles cantando a un personaxe distinto. Neste disco participan José Ignacio, Pedro Chaparro y Adrián Rodríguez de Borlado de Espliego, ademáis de Amancio Prada, Joaquín Diaz, Luis Pastor, Maite Dono, o grupo Eanes e a coral "Maestro Ibáñez" de Valdepeñas.

Descargar

domingo, 8 de decembro de 2013

Annie Nobel & Philippe Richeux - Chroniques Terriennes (1975)

Os cantantes franceses Annie Nobel e Philippe Richeux comenzaban as súas carreiras artísticas a principios dos anos 70, editando os seus discos co selo francés "Moshe Naim". Axuntáronse por primeira e única vez, como dúo, para publicar este disco.

Descargar

mércores, 20 de novembro de 2013

Alberto Perez - Grabaciones en 'De la Noche al Dia' de RNE (2001-2002)

Gravacións de cancións (boleros, canción popular e cancións propias) feitas no programa de Radio 1 "De la Noche al Día" de RNE, dirixido por Manolo HH.
"De la Noche al Día" foi un maravilloso programa presentado por Manolo HH durante moitos anos, a diario; nas madrugadas e durante 3 horas, conversacións, entrevistas, debates, literatura, poesía, música e outras artes compartían este espazo nas ondas.
Este programa foi un dos moitos programas radiofónicos culturais que a radio nacional decidiú eliminar, deixando case sen espacios culturais ao único medio de comunicación que aínda os tiña.
Os venres, neste programa, xuntábanse Inmaculada Palomares (presentadora xunto con Manolo HH, coñecida como 'Macu'), Alberto Pérez (músico), Javier Bergia (músico) e Javier Lostalé (escritor), ademáis de moita máis xente que ía pasando polo programa coma invitado.
As gravacións van dende Abril de 2001 ata Maio de 2002 e fíxenas eu mesmo, o que aquí presento é unha escolma de cancións que Alberto Pérez cantaba no programa.
No arquivo tedes a información de cando se fixo cada unha das gravacións, se alguén estivera interesado, dispoño das gravacións dos programas completos.

Descargar

martes, 19 de novembro de 2013

Pedro Faura - Manifiesto (1975)

Primeiro disco de Pedro Faura, alcume de Bernardo Fuster, publicado na Alemaña en 1975 cando era membro do FRAP. Neste disco Pedro Faura fai versións de Miguel Hernández (entre as que atopamos o poema a Rosario Dinamitera) así como outras cancións propias e de coñecidos seus.

No arquivo de descarga inclúense duas cancións en directo de Pedro Faura, que deben pertencer a un recital de finais de 1975 ou do ano 1976. Estas dúas cancións son: "El Maquis" que publicaría no seu segundo disco (que podedes atopar eiquí), e unha canción inédita adicada aos 5 últimos asasinatos do franquismo titulada "Cinco Gritos" que procede dun poema seu.

Descargar

xoves, 14 de novembro de 2013

Grupo Xana - El Son nos Cantares de la Revolución d'Ochobre de 1934 (I) (1996)

Este foi o último disco que fixera o coro asturián Xana, que previú sacar en dúas entregas pero que ao final só chegaron sacar esta, un estupendo traballo de recuperación das cancións da revolución de Outubro do 34 na Asturias.

Grazas ao blog La Palabra más Nuestra que facilitou a ligazón.

Descargar

martes, 12 de novembro de 2013

Canti della Resistenza Spagnola (1968)

Neste disco italiano, publicado polo selo Zodiaco e reeditado en 1971 polo selo Albatros, reeditanse as gravacións que Margot e Michele Straniero publicaran en 1963 sobre as cancións recopiladas no seu libro Canti della Nuova Resistenza Spagnola máis coñecido como o Cancionero de Einaudi. Neste disco inclúense gravacións de Chicho Sánchez Ferlosio algunhas delas só publicadas neste disco.
Grazas ao blog La Palabra más Nuestra que facilitou a ligazón.

Descargar

martes, 5 de novembro de 2013

Cantareliña (1983 - 1988)



Cantareliña foi un certame musical promovido polo grupo Saraibas, celebrado entre 1983 e 1991 no que participaban nenos de distintos centros escolares, e que tiña como obxectivo a promoción e a normalización da lingua galega e da música popular. Nesta entrada podedes descargar os cinco volumes que podemos atopar na internet.
Grazas ao blog Sempre en Galiza por facilitar as ligazóns.

Descargar volumes 1-5 e 8 (1983-1988 e 1992)

venres, 1 de novembro de 2013

Canti della Resistenza Europea

Portadas dos discos na edición de Zodiaco (1973)
Publicamos hoxe unha colección de cancións publicadas entre 1963 e 1968 (data que descoñezo) polo selo discográfico DNG de Torino (logo pasaría a chamarse Italia Canta), e reeditado polo selo I dischi dello Zodiaco no ano 1973 (as fotos da entrada son da edición de 1973). Nela atopamos unha serie de cancións da resistenza Europea recopilada por Sergio Liberovici e Michele Straniero, na que atopamos cancións de moitos países, dentro das cancións de España atopamos gravacións de Chicho Sánchez Ferlosio e versións súas feitas por Margot Galante e Michele Straniero. Outros artistas e grupos que participan nas gravacións doutros países son  Peter Wimberger, Anna Marly, Duilio Delprete, Fausto Amodei, Gisela May, Ernst Busch, Mikis Theodorakis, Sergio Liberovici, Mihai Constantin-Lache Gazaru, Magdalena Biriescu.

Descargar

martes, 29 de outubro de 2013

Aragón visto por Alan Lomax (1952)

Nesta entrada quero ofrecervos unha das moitísimas gravacións de campo que o musicólogo Alan Lomax fixo no noso país entre 1952 e 1953. Alan Lomax dedicou toda a súa vida á recopilación do folklore, facendo as gravacións nos propios pobos onde os habitantes cantaban as cancións propias da súa rexión. Esta é a publicación máis completa das gravacións en Aragón, nembargantes podemos atopar tódalas gravacións que fixo Alan Lomax na páxina da asociación Cultural Equity onde as podedes escoitar ou descargar.

Descargar

xoves, 10 de outubro de 2013

Francisco Curto - Proceso a Besteiro (1986)

Outro dos traballos do cantante Francisco Curto no que atopamos novas versións de cancións xa publicadas no disco La Guerra Civil Española de 1973 e tamén de Chicho Sánchez Ferlosio. Estas gravacións proveñen da obra de teatro Proceso a Besteiro que Francisco Curto musicalizou a finais de 1985 e a publicación das mesmas fixéronse en casete polo selo Tecnosaga ao ano seguinte.

Descargar

mércores, 9 de outubro de 2013

Francisco Curto - Poema de Mio Cid [Cantar del Destierro] (1973)

Francisco Curto, que máis tarde publicaría co nome de Paco Curto, publicou dende os 70 algúns discos, interpretando cancións da guerra civil, poemas de Miguel Hernández, ou neste caso ao Mio Cid. Os seus discos foron editados en Francia polo selo "Le Chant du Monde" e case non se atopan en ningures, xa que nunca foron reeditados.

Descargar

martes, 8 de outubro de 2013

Julio Ramos - Esparabanes (1980)

Xulio Ramos foi un dos cantautores pertencentes ao movemento do Nuevu Canciu Astur xunto a outros como Carlos Rubiera, Avelino Diaz ou Manolín 'El Nietu'. Publica este que foi o seu único LP.

Descargar

xoves, 19 de setembro de 2013

Eneko Labegerie - Nazio Berria (1999)

Eneko Labegerie, fillo de Mixel Labeguerie, leva no mundo da música dende os anos 70 xunto co grupo GUK. Este é o seu primeiro disco que publica co seu propio nome. Destacamos a nova versión da canción Nafarra, oi Nafarra escrita polo seu pai, cantada por Eneko e publicada no ano 1972.

Descargar

venres, 13 de setembro de 2013

Adolfo Celdrán - Denegado (1977)

Este é o cuarto LP do cantautor alicantino, e o último nunha longa tempada ata que publica o seu seguinte disco no ano 2001. Neste disco volve gravar algunhas cancións coas que tivo problemas durante a ditadura, na que, polos máis arbitrarios motivos denegaban a súa publicación.

Descargar

domingo, 8 de setembro de 2013

Tomas Bosque - Tomas Bosque (1978)

O segundo e último disco deste cantautor aragonés

Descargar

xoves, 22 de agosto de 2013

Tomas Bosque - Cuando los Tiempos vienen Mejores (1976)

Primeiro disco do cantautor Tomás Bosque, un dos cantautores da nova canción aragonesa. Tomás Bosque é un dos poucos representantes da canción catalana en Aragón.

Descargar

xoves, 15 de agosto de 2013

Xosé Quintas-Canella - Porque no Mundo Mengou a Verdade (1978)

Xosé Quintas-Canella (Xosé Veloso) publica o seu primeiro e único disco xunto con Eloi Vázquez e Ánxel Barbadillo, con cancións do cancioneiro medieval. Disco atopado na páxina de ghastaspista

Descargar

martes, 13 de agosto de 2013

Maria e Xavier - Todos os seus Traballos

Xavier González Miro e María del Carmen Martínez forman en 1969 o dúo Maria e Xavier, publicando 4 singles e manténdose en activo ata 1971. Xavier González escribe case todas as cancións non tradicionais dos seus discos. Na ligazón tedes todos os discos que publicaron, estes foron atopados no blog Sempre en Galiza.

Descargar

venres, 2 de agosto de 2013

Agapito Marazuela - Folklore Castellano (1975)

Este foi o único disco que o folklorista Segovián Agapito Marazuela publicou, aínda que dedicase toda a súa vida ao estudio do folklore castelán, chegando a publicar dous cancioneiros: Cancionero de Castilla la Vieja (1932) e Cancionero Segoviano (1964)

Descargar

martes, 30 de xullo de 2013

Adolfo Celdrán - 4444 Veces, Por Ejemplo (1975)

O segundo LP do cantautor Alicantino. Atopamos poemas de Miguel Hernández, Nicolás Guillen, León Felipe, Antonio Gómez e Jesús López Pacheco.

Descargar

luns, 29 de xullo de 2013

Luis José Leal y José Manuel Brabo - Ensayo I (1968)

No ano 1968 dous dos membros do colectivo de canción castelá Canción del Pueblo, Luis José Leal e José Manuel Brabo 'El Cachas' publican un EP, coa axuda da guitarra de Manuel Toharia, cantando dous cancións cada un deles. Cantan ao Arcipreste de Hita, Antonio Machado, Rabindranath Tagore e Luis de Góngora.

Descargar

luns, 15 de xullo de 2013

Hilario Camacho - Ensayo 2 (1968)

Con motivo do concerto que haberá hoxe en Madrid na homenaxe de Hilario Camacho, quero compartir convosco a primeira gravación  deste cantante e compositor. Trátase do single con adaptacións de poemas de Nicolás Guillén, que sacou en 1968 cando formaba parte do colectivo "Canción del Pueblo" xunto con Elisa Serna, Adolfo Celdrán, Luis José Leal, El Cachas e Manuel Toharia. Foi editado por un pequeno selo universitario chamado EDUMSA.

Descargar

venres, 12 de xullo de 2013

El romancero del Nuevo Mester de Juglaría (1971-2001)

Nuevo Mester de Juglaría é o grupo de folk castelán máis coñecido, foi creado en Segovia a finais do 1969 por Luis Martín, Rafael San Frutos, Fernando Ortiz, Marián Nieto, Milagros Olmos e Francisco García, e ó longo dos anos foron incorporándose outros compoñentes ao grupo, como Javier Castro, Llanos Monreal, Jesús Martín, Álvaro Mendía e Rodrigo Muñoz.
O disco foi extraido do blog Los Coleccionistas

Descargar

xoves, 11 de xullo de 2013

Nuevo Mester de Juglaría - Todas sus grabaciones (1978-1984)

Nuevo Mester de Juglaría é o grupo de folk castelán máis coñecido, foi creado en Segovia a finais do 1969 por Luis Martín, Rafael San Frutos, Fernando Ortiz, Marián Nieto, Milagros Olmos e Francisco García, e ó longo dos anos foron incorporándose outros compoñentes ao grupo, como Javier Castro, Llanos Monreal, Jesús Martín, Álvaro Mendía e Rodrigo Muñoz.
O disco foi extraido do blog Los Coleccionistas

Descargar

mércores, 10 de xullo de 2013

Nuevo Mester de Juglaría - Sus primeros cinco LPs (1971-1976)

Nuevo Mester de Juglaría é o grupo de folk castelán máis coñecido, foi creado en Segovia a finais do 1969 por Luis Martín, Rafael San Frutos, Fernando Ortiz, Marián Nieto, Milagros Olmos e Francisco García, e ó longo dos anos foron incorporándose outros compoñentes ao grupo, como Javier Castro, Llanos Monreal, Jesús Martín, Álvaro Mendía e Rodrigo Muñoz.
O disco foi extraido do blog Los Coleccionistas

Descargar

martes, 9 de xullo de 2013

Cantacronache 4 - Canti di Protesta del Popolo Italiano / Canti della Resistenza (1971)

En 1957 naceu en Torino (Italia) o grupo Cantacronache, formado por Sergio Liberovici, Michele L. Straniero, Margot Galante Garrone, Fausto Amodei, Edmonda Aldini, Pietro Buttarelli, Duilio Del Prete, Franca Di Rienzo, Glauco Mauri, Silverio Pisu e Mario Pogliotti. Ao longo da súa actividade musical, ata 1963 ano no que se disolven para dar paso ao grupo Il Nuovo Canzoniere Italiano, publican 9 EPs (7 co nome de Cantacronache e 2 máis acompañando a Fausto Amodei) baixo o selo discográfico Italia Canta, que foron reeditados en 4 LPs en 1971 polo selo Albatros (que xurdiú do selo Vedette Records). O grupo (así como a formación sucesora) fixo un estudo e recuperación impresionante da música política e social da Italia, facendo gravacións das máis importantes cancións socialistas e anarquistas do cancioneiro popular. Na actualidade son considerados precursores da canción de autor italiana, influíndo nalgúns dos seus máximos representantes como Luigi Tenco, Fabrizio De André ou Francesco Guccini.

Descargar

Cantacronache 3 - Fausto Amodei (1971)

En 1957 naceu en Torino (Italia) o grupo Cantacronache, formado por Sergio Liberovici, Michele L. Straniero, Margot Galante Garrone, Fausto Amodei, Edmonda Aldini, Pietro Buttarelli, Duilio Del Prete, Franca Di Rienzo, Glauco Mauri, Silverio Pisu e Mario Pogliotti. Ao longo da súa actividade musical, ata 1963 ano no que se disolven para dar paso ao grupo Il Nuovo Canzoniere Italiano, publican 9 EPs (7 co nome de Cantacronache e 2 máis acompañando a Fausto Amodei) baixo o selo discográfico Italia Canta, que foron reeditados en 4 LPs en 1971 polo selo Albatros (que xurdiú do selo Vedette Records). O grupo (así como a formación sucesora) fixo un estudo e recuperación impresionante da música política e social da Italia, facendo gravacións das máis importantes cancións socialistas e anarquistas do cancioneiro popular. Na actualidade son considerados precursores da canción de autor italiana, influíndo nalgúns dos seus máximos representantes como Luigi Tenco, Fabrizio De André ou Francesco Guccini.

Descargar

luns, 8 de xullo de 2013

Cantacronache 2 (1971)

En 1957 naceu en Torino (Italia) o grupo Cantacronache, formado por Sergio Liberovici, Michele L. Straniero, Margot Galante Garrone, Fausto Amodei, Edmonda Aldini, Pietro Buttarelli, Duilio Del Prete, Franca Di Rienzo, Glauco Mauri, Silverio Pisu e Mario Pogliotti. Ao longo da súa actividade musical, ata 1963 ano no que se disolven para dar paso ao grupo Il Nuovo Canzoniere Italiano, publican 9 EPs (7 co nome de Cantacronache e 2 máis acompañando a Fausto Amodei) baixo o selo discográfico Italia Canta, que foron reeditados en 4 LPs en 1971 polo selo Albatros (que xurdiú do selo Vedette Records). O grupo (así como a formación sucesora) fixo un estudo e recuperación impresionante da música política e social da Italia, facendo gravacións das máis importantes cancións socialistas e anarquistas do cancioneiro popular. Na actualidade son considerados precursores da canción de autor italiana, influíndo nalgúns dos seus máximos representantes como Luigi Tenco, Fabrizio De André ou Francesco Guccini.

Descargar

Cantacronache 1 - Un'Aventura Politico Musicale degli Anni 50 (1971)

En 1957 naceu en Torino (Italia) o grupo Cantacronache, formado por Sergio Liberovici, Michele L. Straniero, Margot Galante Garrone, Fausto Amodei, Edmonda Aldini, Pietro Buttarelli, Duilio Del Prete, Franca Di Rienzo, Glauco Mauri, Silverio Pisu e Mario Pogliotti. Ao longo da súa actividade musical, ata 1963 ano no que se disolven para dar paso ao grupo Il Nuovo Canzoniere Italiano, publican 9 EPs (7 co nome de Cantacronache e 2 máis acompañando a Fausto Amodei) baixo o selo discográfico Italia Canta, que foron reeditados en 4 LPs en 1971 polo selo Albatros (que xurdiú do selo Vedette Records). O grupo (así como a formación sucesora) fixo un estudo e recuperación impresionante da música política e social da Italia, facendo gravacións das máis importantes cancións socialistas e anarquistas do cancioneiro popular. Na actualidade son considerados precursores da canción de autor italiana, influíndo nalgúns dos seus máximos representantes como Luigi Tenco, Fabrizio De André ou Francesco Guccini.

Descargar

mércores, 3 de xullo de 2013

Balbarda - La Ruta de los Foramontanos (2002)

No ano 2002 o grupo madrileño Balbarda publica o seu primeiro disco, nesta "Ruta de los Foramontanos", a primeira formación de Balbarda: Ana Alcaide (violín), Jota Martínez (zanfoña), Javier Monteagudo (guitarra), Xurxo Ordóñez (gaita e frauta) e Robbie K. Jones (percusión) fan un traballo á altura dos mellores grupos de folk do noso país. Dende Galiza, unha aperta ao Robbie que hai moito tempo que non o vexo e xa quixera escoitale nos seus novos proxectos... gran percusionista e moito mellor persoa.

Descargar

martes, 2 de xullo de 2013

Adolfo Celdrán - Jarmizaer, Jarmizaer (2001)

Despois da carreira profesional do cantautor Alicantino que tivera dende finais dos anos 60 ata finais dos 70, e convertirse nun dos máis representativos e reinvidicativos cantautores do noso país, volve a súa cidade natal (Alicante) para seguir a súa carreira como Físico, a pesar de non abandoar completamente a súa faceta artística (música, teatro...). No 2001 sorpréndenos cun novo disco despois de máis de 20 anos sen sacar ningún.

Descargar

Los Dos de Mayo - España Mañana Será Republicana (1978)

No ano 1978 o duo español "Los Dos de Mayo" gravaron o seu único disco (EP) en Paris.
Non sabemos case nada deste duo, pero a canción principal do disco "España Mañana Será Republicana" foi bastante coñecida en España. Cantan unha canción de Manuel Blanco Chivite, militante do FRAP e sentenciado a morte (pena conmutada por reclusión) en Setembro de 1975, é moi posible que este duo tamén fosen militantes do FRAP e coñeceran ao propio Manuel Blanco e posiblemente a Pedro Faura (Bernardo Fuster). As outras duas cancións teñen letra de Juan de la Vera e Bertolt Brecht. Engadido no arquivo de descarga atopades unha versión do poema de Miguel Hernández de "Rosario Dinamitera" feito non hai moito polo mesmo duo "Los Dos de Mayo" e misturado co rap de "Peatón".

Descargar

xoves, 27 de xuño de 2013

Pedro Faura - Volver no es volver atras (1976)

Pedro Faura foi o alcume que Bernardo Fuster empregou nos anos 70 para publicar os seus discos en Alemania, xa que el aínda vivía en España. Daquela Bernardo era membro do FRAP, co seu alcume de Pedro Faura publicou dous discos: Manifiesto (que podedes descargar eiquí no blog ou na páxina do FRAP) e Volver no es Volver Atrás, neste inclúense versións de Chicho Sánchez Ferlosio e un poema de Jesús López Pacheco. En 1977 trasládase ao barrio de Vallecas, onde forma xunto con Luis Mendo o grupo de folk Suburbano.

Descargar

venres, 7 de xuño de 2013

Javier Bergia - De Aquellos Años Verdes (1995)

Javier Bergia decidiu facer novas gravacións das súas cancións publicadas nos anos 80 en vinís en lugar de reeditar os discos orixináis en CD. Estas novas gravacións saíron en dous discos: De Aquellos Años Verdes (1995) e 25 años (2000).

Descargar

mércores, 5 de xuño de 2013

Julia Leon - La Rueda I (1977)

No ano 1977, a folklorista Julia León publica o seu segundo disco en España. La Rueda foi un conxunto de discos de cancións infantís publicados pola editorial Pardal en Catalunya, o primeiro deles gravado por Julia (outro deles foi gravado por Xesco Boix).

Descargar

domingo, 26 de maio de 2013

Vino Tinto - Todas sus grabaciones (1971-1977)

Este foi un dos grupos vocais de folk xurdiran nos 70 en todo o pais como Nuestro Pequeño Mundo, Los Lobos, Jarcha, Aguaviva... Vino Tinto xurdiú en Murcia en 1971 e deste tipo de grupos foi un dos máis esquecidos, as súas gravacións foron reeditadas en CD por vez primeira hai uns anos na coleción Rama Lama.

Descargar

sábado, 18 de maio de 2013

Julia León y Casto Márquez - Concierto en Sevilla (1974)

Julia León, irmá de Rosa León, ten una extensa e case descoñecida carreira musical, entre outras cousas traballou moito na gravación de cancións infantís. Nos anos 70 foi una cantautora moi coñecida e das que incluían nos seus concertos cancións populares e tamén de poetas. A pesar de ter un son moi lamentable, paga a pena escoitar este concerto de 1974 pola importancia das cancións. Foi gravado na Aula Magna da Facultade de Filosofía na antigua fábrica de tabacos de Sevilla, e neste inencontrable concerto, Julia León canta cancións de Chicho Sánchez Ferlosio, Nicolás Guillén, Carlos Álvarez, Rosalía de Castro e Jorge Krahe; tamén podedes escoitar as cancións dun estudante de dereito chamado Casto Márquez, cantando poemas de Miguel Hernández, Federico García Lorca e Luis de Góngora; no concerto Jorge e Charo fan os coros. Algunha das cancións que podedes escoitar aparecen aquí cantadas por Julia antes da publicación dos propios artistas, como é o caso de Si las Cosas no Fueran de Chicho Sánchez Ferlosio ou Me internarán de Jorge Krahe que cantara o seu irmán Javier moitos anos despois. Paga a pena escoitar o hino minero Santa Barbara Bendita (sobre todo polos últimos versos que canta a xente) e a Canción de Julián Grimau, polas que o réxime de franco proibiulle actuar en máis dunha ocasión e impúsolle unha multa.
No arquivo de descarga tedes a información das cancións realizada por min e completada por Ángel Cervera, que fixo a gravación do concerto en 1974 e púxona a disposición de todos nós. Moitas grazas a Ángel por desenterrar este tesouro e pola información aportada. Aínda falta información sobre algunhas cancións, se alguén sabe delas, por favor, escribide a información nos comentarios ou mandádema o meu enderezo electrónico.

Descargar

venres, 17 de maio de 2013

Luis Cilia - Contra a Ideia da Violência, a Violência da Ideia (1973)

Neste disco do cantautor portugués atopamos cancións sobre poemas de Manuel Filipe, Manuel Correia, Ary dos Santos, Eugênio de Andrade ou João Apolinário entre outros. Publicado na francia, como a maioría das gravacións ata esa data, esta vez editado polo selo Le Chant du Monde.

Descargar

Luis Cilia - A Poesia Portuguesa de Ontem e de Hoje [3] (1971)

Un dos primeiros discos do cantautor portugués Luis Cilia. Logo de ser publicado polo selo Le Chant du Monde, o produtor francés Moshe Naim, que xa sacara discos de Paco Ibañez no noso pais, produce tres discos deste cantautor portugués, este é o terceiro deses tres.

Descargar

luns, 13 de maio de 2013

Xosé Manuel Conde - Bule Berra Chora (1976)

Xosé Manuel Conde foi un cantautor galego dos que, logo da morte de franco, aproveitaran para publicar as cancións que non se podían sacar antes. Bule Berra Chora de 1976 é o seu único disco, e nel canta cancións de Darío Xohán Cabana, Manuel Antonio, Luis Pimentel e Luis Álvarez Lencero.

Descargar

xoves, 9 de maio de 2013

Pedro Guerra y Angel Gonzalez - La Palabra en el Aire (2003)

No 2003 xuntáronse o cantautor Pedro Guerra e máilo poeta asturián Ángel González para facer este disco no que Ángel González recita os seus poemas, e Pedro Guerra musicaliza e canta os poemas de Ángel.

Descargar

domingo, 21 de abril de 2013

Teresa Cano - Si Las Cosas No Fueran Tan Enojosas (1978)

Teresa tivo unha curta carreira artística na que a finais de dos anos 70 e no comenzo dos 80 compartiu proxectos con artistas como Antonio Resines, Javier Krahe, Joaquín Sabina ou Chicho Sánchez Ferlosio, do cal tedes unha versión e unha colaboración neste disco.

Descargar

luns, 15 de abril de 2013

Ramón Muntaner - El Pas del Temps (1982)

Publicado no ano 1982, este disco de Ramón Muntaner leva letras de Joan Ollé e Xavier Bru de Sala.

Descargar

sábado, 13 de abril de 2013

Ramón Muntaner - Cròniques + Veus de Lluna i Celobert (1977-1978)

Seguindo co cantautor catalán Ramón Muntaner, publicamos hoxe o terceiro e cuarto disco. No disco Cròniques segue a facer musicalizacións de Joan Salvat Papasseit, Josep Palau i Fabre e Salvador Espriu. No disco Veus de Lluna i Celobert fai cancións con textos de Joan Ollé.

Descargar

xoves, 11 de abril de 2013

Ramón Muntaner - Canço del Carrer + Presagi (1975-1976)

Ramón Muntaner foi un dos máis importantes cantautores cataláns da Nova Canço, na actualidade é o director da SGAE (sector mediterraneo). Presentamos aquí os dous primeiros traballos de Ramon Muntaner: Canço de Carrer con poemas musicados de Joan Salvat Papasseit, Josep Palau i Fabre e Salvador Espriu entre outros; e Presagi  con poemas de Miquel Marti i Pol.

Descargar

luns, 1 de abril de 2013

Forgesound (1976)

En 1976 o selo Ariola publica este disco con cancións escritas por Antonio Fraguas "Forges" e Jesús Munárriz, musicadas por Luis Eduardo Aute e cantadas por Aute, Munárriz, Rosa León, Julia León e Teddy Bautista.

Descargar

luns, 25 de marzo de 2013

Eliseo Parra & Mosaico - Homenaje a Agapito Marazuela (1984)

Agapito Marazuela foi un folklorista e musicólogo segoviano que fixo un traballo estupendo recopilando o folklore castelán. Morreu en 1983 á idade de 91 anos, ó ano seguinte da sua morte, Eliseo Parra e Mosaico en colaboración con artistas como Pablo Guerrero, Luis Pastor, Vainica Doble, Chicho Sánchez Ferlosio, Rosa Jiménez, Julia León e Elisa Serna.

Descargar

Joaquin Sabina, Javier Krahe y Teresa Cano - En La Posada Records [Almería] (1983)

A comenzo dos anos oitenta Sabina e Krahe xúntaronse con outros artistas como Alberto Pérez, Teresa Cano ou Chicho Sánchez Ferlosio para cantar nas rúas, nos bares ou onde lles pedirán; o documento máis significativo destas xuntanzas foi a gravación no bar madrileño "La Mandrágora" (tedes as gravacións nunha entrada do blog dedicada ós discos de Alberto Pérez). Dos concertos que fixeran non temos case gravacións, pero esta paga a pena, por escoitar os primeros momentos de Sabina e Krahe, e tamén por conservar as poucas gravacións que hai de Teresa Cano.

                                                       Descargar


sábado, 23 de marzo de 2013

Lucha - Canciones de Lucha (1977)

Con este título publicou o selo Impacto en 1977 este disco, sen nengún dato sobre os autores (autonomeados como Lucha), producido por Juan Ignacio Cuadrado. Nel atopamos versións de cancións como El Cantar Tiene Sentido, En España las Flores, Hemos Dicho Basta o En La Plaza de Mi Pueblo.
 
Descargar