Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

domingo, 26 de maio de 2013

Vino Tinto - Todas sus grabaciones (1971-1977)

Este foi un dos grupos vocais de folk xurdiran nos 70 en todo o pais como Nuestro Pequeño Mundo, Los Lobos, Jarcha, Aguaviva... Vino Tinto xurdiú en Murcia en 1971 e deste tipo de grupos foi un dos máis esquecidos, as súas gravacións foron reeditadas en CD por vez primeira hai uns anos na coleción Rama Lama.

Descargar

sábado, 18 de maio de 2013

Julia León y Casto Márquez - Concierto en Sevilla (1974)

Julia León, irmá de Rosa León, ten una extensa e case descoñecida carreira musical, entre outras cousas traballou moito na gravación de cancións infantís. Nos anos 70 foi una cantautora moi coñecida e das que incluían nos seus concertos cancións populares e tamén de poetas. A pesar de ter un son moi lamentable, paga a pena escoitar este concerto de 1974 pola importancia das cancións. Foi gravado na Aula Magna da Facultade de Filosofía na antigua fábrica de tabacos de Sevilla, e neste inencontrable concerto, Julia León canta cancións de Chicho Sánchez Ferlosio, Nicolás Guillén, Carlos Álvarez, Rosalía de Castro e Jorge Krahe; tamén podedes escoitar as cancións dun estudante de dereito chamado Casto Márquez, cantando poemas de Miguel Hernández, Federico García Lorca e Luis de Góngora; no concerto Jorge e Charo fan os coros. Algunha das cancións que podedes escoitar aparecen aquí cantadas por Julia antes da publicación dos propios artistas, como é o caso de Si las Cosas no Fueran de Chicho Sánchez Ferlosio ou Me internarán de Jorge Krahe que cantara o seu irmán Javier moitos anos despois. Paga a pena escoitar o hino minero Santa Barbara Bendita (sobre todo polos últimos versos que canta a xente) e a Canción de Julián Grimau, polas que o réxime de franco proibiulle actuar en máis dunha ocasión e impúsolle unha multa.
No arquivo de descarga tedes a información das cancións realizada por min e completada por Ángel Cervera, que fixo a gravación do concerto en 1974 e púxona a disposición de todos nós. Moitas grazas a Ángel por desenterrar este tesouro e pola información aportada. Aínda falta información sobre algunhas cancións, se alguén sabe delas, por favor, escribide a información nos comentarios ou mandádema o meu enderezo electrónico.

Descargar

venres, 17 de maio de 2013

Luis Cilia - Contra a Ideia da Violência, a Violência da Ideia (1973)

Neste disco do cantautor portugués atopamos cancións sobre poemas de Manuel Filipe, Manuel Correia, Ary dos Santos, Eugênio de Andrade ou João Apolinário entre outros. Publicado na francia, como a maioría das gravacións ata esa data, esta vez editado polo selo Le Chant du Monde.

Descargar

Luis Cilia - A Poesia Portuguesa de Ontem e de Hoje [3] (1971)

Un dos primeiros discos do cantautor portugués Luis Cilia. Logo de ser publicado polo selo Le Chant du Monde, o produtor francés Moshe Naim, que xa sacara discos de Paco Ibañez no noso pais, produce tres discos deste cantautor portugués, este é o terceiro deses tres.

Descargar

luns, 13 de maio de 2013

Xosé Manuel Conde - Bule Berra Chora (1976)

Xosé Manuel Conde foi un cantautor galego dos que, logo da morte de franco, aproveitaran para publicar as cancións que non se podían sacar antes. Bule Berra Chora de 1976 é o seu único disco, e nel canta cancións de Darío Xohán Cabana, Manuel Antonio, Luis Pimentel e Luis Álvarez Lencero.

Descargar

xoves, 9 de maio de 2013

Pedro Guerra y Angel Gonzalez - La Palabra en el Aire (2003)

No 2003 xuntáronse o cantautor Pedro Guerra e máilo poeta asturián Ángel González para facer este disco no que Ángel González recita os seus poemas, e Pedro Guerra musicaliza e canta os poemas de Ángel.

Descargar