Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

luns, 18 de xullo de 2016

Xulio Formoso - Xulio Formoso (1971)

Primeiro disco do cantautor de orixe galego afincado en Venezuela, con letras de Antonio Miranda e a interpretación do poema Pola Longa Lonxanía de Celso Emilio Ferreiro en castelán (Por la Larga Lejanía)

Descargar

Arcaduz - Single (1978)

Única publicación da formación de Valladolid de folklore castelán Arcaduz, integrada no movemento Nueva Canción Castellana, moi dificil de conseguir. Interpretan El Toro del Pueblo de Rafael Alberti e unha peza popular, Jota del Cribero.

Descargar

Aurora Moreno - Aynadamar (1988)

Un dos discos raros de conseguir, da cantante andaluza, integrante no seu momento do coletivo Manifiesto Canción del Sur xunto a Carlos Cano, Antonio Mata ou Esteban Valdivieso, co que formaría dúo. Aynadamar, La Fuente de las Lágrimas.

Descargar

Rafa Lorenzo - A. Camin (2010)

Un dos discos do cantante Rafa Lorenzo, asturiano integrante do colectivo Nueu Canciu Astur que non chegaría publicar ata finais dos 90. Disco adicado á poesía de Alfonso Camín.

Descargar

Diez Poetas, Diez Musicos (2008)

Disco-Libro de poesía en castelán no que están incluídas gravacións de diez poemas musicalizados, un artista, un poeta. Atopamos poemas de Ilia Galán, Antonio Colinas, Clara Janés, José Jiménez Lozano, Vanesa Pérez-Sauquillo, Félix Grande, Luis Alberto de Cuenca, María Victoria Atencia, Diego Valverde Villena e Antonio Gamoneda, e interpretacións dos artistas Ramón Barce, Zulema de la Cruz, Carlos Cruz de Castro, Consuelo Díez, Jacobo Durán Loriga, Carlos Galán, Tomás Marco, Claudio Prieto, Juan Manuel Ruiz e Mercedes Zavala.

Descargar

Bernardo Atxaga - Nueva Etiopia (1996)

Poemas musicalizados, en euskaro, de Bernardo Atxaga interpretados por Mikel Laboa, Itoiz, Jabier Muguruza, Ruper Ordorika, Tapia eta Leturia e Gari. Publicouse en Disco-Libro.

Descargar

Germaine Montero - Presence de Lorca (1968)

Álbum da cantante francesa adicado á poesía e teatro de Federico García Lorca, onde interpreta pezas das obras Poema del Cante Jondo, Romancero Gitano, Poeta en Nueva York, Llanto Por Ignacio Sanchez Mejias e Diván del Tamarit. Editado polo selo francés Le Chant du Monde.

Descargar

Germaine Montero - Paseando por España (1973)

Estupenda escolma de cancións populares de todo o país: galegas, asturianas, vascas, catalanas, castellanas, andaluzas... Trátase da reedición ampliada do Mini LP que publicara tamén o selo francés Le Chant du Monde en 1953, co subtítulo de 13 chansons populaires d'Spagna.

Descargar

Patxi Villamor - Nora Goaz (1977)

Primeiro disco de Patxi Vilamor con letras e músicas propias e de Josu Zabala. Patxi non volvería editar disco ata o ano 2000.

Descargar

Dublin - Dublin (1990)

Mini LP da formación castelá Dublin, no que colaboran músicos de categoría como Javier Bergia e Luis Delgado. Producido polo propio Luis Delgado.

Descargar

sábado, 16 de xullo de 2016

Suso Vaamonde - As Palabras Dos Galegos (1998)

As palabras dos galegos é un traballo publicado en casete e gravado no estudio Sonyarte (Vigo) no ano 1998. Está composto por cantigas de natureza variada, aínda que predomina a temática combatente e reivindicativa.
[Info extraída da web oficial de Suso Vaamonde]

Contén cancións populares e adaptacións de poemas de Manuel María, Celso Emilio Ferreiro e Bernardino Braña, entre outros, algunhas delas inéditas ate o momento.

Descargar