Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

xoves, 29 de novembro de 2018

Jose Barba - Compañeros… Unidos! (1976)

Primeiro LP dos dous que publicara o cantante español, afincado na Suecia, José Barba. Este disco sería o único publicado integramente en castelán. Publicado na Suecia polo selo YTF. Aparece unha versión do poema Mi Corza de Rafael Alberti musicalizado por Francisco Curto.

Descargar

Isaac Melis - Records (1977)

Primeiro LP dos dous publicados polo cantante de Menorca Isaac Melis.

Descargar

Xa - Xa (1983)

Única gravación da formación galega Xa, publicada en 1983 polo selo EDIGAL. Fan musicalizacións de poemas de Ramón Cabanillas e Rosalía de Castro

Descargar

Inquedanzas, Blas e Xoan - Inverno (1986)

Disco colectivo no que interveñen os cantautores galegos (de Cambados) Blas e Xoán Silva, e a formación Inquedanzas. Única publicación destes dous cantautores, Xoan e Blas, aínda que levan en activo dende os anos 70. Xoan Silva fai as súas propias adaptacións de poemas de Ramón Cabanillas e Celso Emilio Ferreiro.

Descargar

Dolores Plata - Lua Descolorida (1985)

Único LP desta artista, publicado en 1985 por EDIGAL, con cancions de poemas de Rosalía de Castro.

Descargar

Somos - Somos (1975)

Único disco da formación Somos, composta por Jos Martín e Carmen Cuesta Loeb, que escriben as cancións, e por Luis Mendo (de Suburbano), Pilar Barrera, Inma de Sanz, Felipe Guijarro, Jose Manuel Yanes, Agustín Fornes e Luis Tejero. Carmen Cuesta Loeb reemprendería a súa carreira en solitario en 1996. Neste disco cantan unha canción inédita de Luis Eduardo Aute, que nesta época escribía cancións para outros artistas e formacións, algunhas delas nunca chegaría cantalas el mesmo.

Descargar

Cigarra - Cigarra (1978)

Primeiro LP desta formación de folklore castelán que xurdiu en Ávila en 1976, composta por José Miguel López, Lourdes Muñoz, Belén Sáez, Miguel Ángel Martín, María Eugenia Guío, Carlos Galán e outros dous músicos máis. Despois deste disco non volverían publicar ata 2006, actualmente seguen actuando.

Descargar

Colectivo 1 (1981)

Disco colectivo de folklore castelán no que interveñen Angel Rey e Jaime Lafuente (da formación castelá La Fanega) e as formacións Barbecho e Thau.

Descargar

Paul Robeson - Chants De La Liberte (1957)

EP con 6 cancións do baritono norte americán Paul Robeson, no que está incluído a canción Varshavyanka (A Varsoviana) canción revolucionaria rusa da que se empregou a música para facer a canción anarquista A las Barricadas.

Descargar

1er Festival Nuevo Canto Latinoamericano vol.1

Primeiro disco (de dous) dun festival realizado en apoio a Nicaragua en 1982. Este disco é bastante difícil de atopar e soamente puiden conseguir a primeira parte de este concerto, no que interveñen Raul de la Roca, Nicomedes Santa Cruz, Cesar Isella, Los Folkloristas, Noel Nicola, Roy Brown, Gabino Palomares, Lilia Vera e Ali Primera. Na segunda parte do concerto (non incluida no arquivo de descarga) interveñen Amparo Ochoa, Daniel Viglietti, Marcial Alejandro, Luis Rico, Quilapayún, Luis Eduardo Mejía Godoy, Mancotal, Nicomedes Santa Cruz e Cesar Isella.

Descargar

Suicidas - 23 Años de Resistencia - Erresistenzia Suizida !!! (2003)

Disco compilatorio de artistas do selo discográfico Discos Suicidas, no que interveñen os grupos de punk vasco: El último ke zierre, Guerrilla Urbana, Don Cikuta, Putakaska e Doctor Deseo, entre outros.

Descargar

Spanien 75 - Solidaritet Mot Fascismen (1975)

En 1975 organízase en Suecia un festival en apoio aos represaliados polo fascismo en español no que participan artistas suecos como Björn Ehrling e o español afincado en suecia José Barba. No concerto cantaríanse en versión bilingüe (en sueco e castelán) as cancións Canción a Julián Grimau (por José Barba) e Gallo Negro, Gallo Rojo de Chicho Sánchez Ferlosio, que se fixeran tan populares en Suecia.

Descargar

Spagne en Marche - Canciones contra la Muerte (1974)

Disco colectivo de canción reivindicativa no que participan Elisa Serna, Imanol e o cantante francés Michel Arbatz. Elisa Serna aparecería co seudónimo de María Burruca, Elisa, daquela, xa tivera problemas coas letras das súas cancións

Descargar

Michel Arbatz - Arbatz (1974)

Primeiro disco do cantante francés Michel Arbatz no que incluía unha canción dedicada a Salvador Puig Antich. Este cantante participiaría no disco colectivo "Spagne en Marche - Canciones contra la Muerte" xunto á Elisa Serna e Imanol.

Descargar

Collectif Le Temps Des Cerises, Le [Discografia]



 Os dous discos de Free Jazz reivindicativo publicados polo conxunto de artistas franceses Le Collectif Le Temps des Cerises que publicaban baixo o selo francés Temps des Cerises. Este colectivo de artistas estaba composto por François Tusques, Michel Marre, Claude Marre, Jean Mereu, Denis Levaillant, Carlos Andreu, Jean-Jacques Avenel, Pierre Rigaud, Jean Méreu, Antoine Cuvelier, Gérard Tamestit, Guy Oulchen, Christian Ville, Robert Lucien e Kirjuhel.

O arquivo de descarga contén os discos:
  • Dansons Avec Les Travailleurs Immigres (À Bas La Circulaire Fontanet) [1974]
  • Attention L'armee (coa formación Atarpop 73) [1975]
Descargar

Grupo Coral dos Operarios Mineiros de Aljustrel - Hino da Intersindical (1975)

O Grupo Coral dos Operarios Mineiros de Aljustrel publicarían un LP en 1975 co selo Orfeu, este sería un EP con 4 temas deste LP, publicado o mesmo ano. O coro tivo como director musical a Luis Cilia

Descargar

Hugo Maia de Loureiro - Gesta (1971)

Primeiro e único LP do cantante Hugo Maia de Loureiro, publicado polo selo Zip Zip despois da publicación dun EP e tres singles. Hugo Maia de Loureiro participaría no festival RTP da canción en 1970 e 1971.

Descargar

Carlos Mendes - Amor Combate [Joaquim Pessoa] (1976)

Primeiro disco en solitario do cantante portugués Carlos Mendes, e o primeiro de dous discos dedicados á poesía de Joaquim Pessoa, a segundo foi "Cançoes de Ex-Cravo e Malviver". No disco participan Fernando Tordo, Paulo de Carvalho e Pedro Osorio entre outros

Descargar

Arlindo de Carvalho - Cançoes para a Liberdade (1974)

Primeiro LP do cantante Arlindo de Carvalho. Aínda que no arquivo de descarga figura o ano 1982, foi gravado en 1974 e publicado ese mesmo ano ou ao seguinte. Este álbum foi patrocinado polo Partido Socialista (PS) de Portugal, para o que participou en manifestacións e comicios ese mesmo ano.

Descargar

mércores, 28 de novembro de 2018

Tierra (2 primeros LPs)

Tierra foi unha agrupación flamenca que xurdiu en alemaña, formado por Andreas Junge, Thomas Hickstein e Wolfgang Stute. O arquivo de descarga contén os dous primeiros LPs
  • Flamenco und Lateinamerikanische Musik (1982)
  • Se Hace Camino Al Andar - Der Weg Entsteht Im Gehen (1984)
Descargar

Miquel Angel Rubert [Discografia]

 
As dúas publicacións do cantante catalán Miquel Angel Rubert. Este cantante tamén participou no disco colectivo Abolición de 1978
  • Mentrestant (1977)
  • Fugida
Descargar

Manolin 'El Nietu' Celo Xuan [Discografia]



Manuel Fernández y González, natural de Xixón, coñecido como Manuel de Cimadevilla ou el nietu Celo Xuan, periodista, escritor e cantautor. Foi un dos cantantes do Nuevu Canciu Astur (Nova Canción Asturiana) e publicou dous singles (co nome de Manolin) e un LP (co nome de Manuel Fernández).

O arquivo de descarga contén os seguintes discos:
  • Ay Rapacina! (1980)
  • Dixieland (1980)
  • Dejadme ir a mi Aire (1982)
Descargar

Ortziken (1976)

Disco colectivo no que participan os cantantes vascos Eneko Labegerie, Michel Labegerie, Julen Lekuona, Bittor Egurrola, Iker Robles-Arangiz, Iñaki Urtizberea, Maite Idirin, Manex Pagola, Maribel Etxezaharreta, Patxika Erramuzpe, Xalbador, Xanpun, Mattin, Igarzabal, J.C. Larzabal, Pantxoa Carrere e Peio Ospital (Pantxoa eta Peio).


Descargar
   

Carlos Andreu [Discografia]


 Cantante catalán residente na francia dende os 24 anos (1962) onde desenrolou a súa faceta poética e musical. Publica dous discos en solitario (os que están no arquivo de descarga) na segunda metade dos 70. Colaboraría tamén co pianista francés de Free Jazz, François Tusques. O arquivo de descarga contén os seguintes discos:
  • Un Peuple En Lutte: Espagne (1976)
  • Viva la Vida (1978)
Descargar

Il Canzoniere Femminista [Discografia]


Grupo de canción reivindicativa feminista italiano, formado por Paola Bondi, Maria Teresa Furlanis, Laura Morato e Rosalba Sciaulino. Publican dous discos a mediados dos 70 co selo Il dischi dello Zodiaco. O arquivo de descarga inclúe os seguintes discos:
  • Canti di Donne in Lotta (1975)
  • Amore e Potere (1977)
Descargar

Antonio Curiel [Discografia]

Publicacións en solitario do cantante de Valladolid, Antonio Curiel 'Curi', que nos anos 80 sería un dos integrantes da formación Altos Hornos de Vizcaya. O arquivo de descarga contén os seguintes discos:
  • Cantos de Lucha (1977)
  • La Respuesta ya no está en el Viento (1980)
  • Historias de Camaleones y Otros Bichos Raros (1983)
Descargar

Paxo - Euskera oi Euskera (1972)

Single do cantante vasco Paxo, do que teño total descoñecemento.

Descargar

Pier Paul Berzaitz - Han eta Hor (1987)

Primeiro LP en solitario do excompoñente da formación GUK de Iparralde (pais vasco francés). O cantante de Zuberoa publicaría outros discos en formato CD a partir do ano 2000.

Descargar

Xabier Saldias - Xabier Saldias (1972)

Único EP do cantante vasco publicado en 1972. Xabier Saldies sería desde os 80 o cantante e guitarrista da formación Egan.

Descargar

martes, 27 de novembro de 2018

Mixel Labeguerie [Discografia]

Michel Labéguerie foi un cantante e político Lapurdiano. Como cantante foi, se non recordo mal, o primeiro da coñecida como nova canción vasca (Euskal Kantagintza Berria) en publicar. Publica dous EPs en 1961 e outro en 1972 cantado polo seu fillo Eneko Labeguerie. Os dous primeiros EPs foron reeditados en 1997 na coleción Euskal Kantariak e xa foron publicados neste blog con anterioridade.

Descargar

Mixel Etxeberri eta Louis Beheretxe - Mixel Etxeberri eta Louis Beheretxe (1980)

Publicación de Louis Beheretxe e Mixel Etxeberri, cantante da Baixa Navarra (Nafarroa Beherea) que conta con máis de 20 publicacións.

Descargar

Minxoriak - Ibiliz (1985)

Grupo formado por Niko Etxart en 1976, xunto con Alex Diharze, Dede Harisboure, Ki Lanusse, Jean Bernard Barrenqui, Jimmy Arrabit e Jaki Delage. Este é o segundo LP, gravado en 1985 cando Minxoriak xa sufrira importantes cambios na súa formación, da orixinal quedaban Niko (guitarra e voz) e Dede (baixo), e incorpóranse Jean Lou Corrihons (guitarra), Didier Real (teclados), Jama Larreburu (batería) e Nif Nikolao (guitarra). Publicarían outros dous LPs en 1990 e 1992, tamén con cambios na formación, antes da súa separación.
(Información obtida do blog Derribos bajo el Agua)

Descargar

Mendoza Ahizpak - Mendoza Ahizpak (1982)

Mendoza Ahizpak (Irmás Mendoza) publican este disco con varias gravacións de cancions do folklore navarro.

Descargar

Juan Carlos Urrutia [Discografia]

O arquivo de descarga inclúe as dúas publicacións deste cantante vasco:
  • Kanta Dezagun Juan Carlos Urrutiarekin (1979)
  • Herriko Kantak - Euskal A, B, D (1982)
Descargar

Iokin eta Iosu - Nire Herria Bezala(1978)

Iokin eta Iosu (ou Josu eta Jokin) foi un dúo de cantantes de Goierri (Gipuzkoa), formado por Jokin Lasak e Josu Irastortzak, estiveron en activo a segunda metade dos anos 70. Foron bastante coñecidos, aínda que as súas publicación foron escasas, publicarian unicamente este LP, e participarían no disco colectivo Bai Euskarari.

Descargar

Jose Antonio Urdiain - Iparraguirre (1984)

Jose Antonio Urdiain, tenor vasco, publicou estas gravacións de cancións de Joxe María Iparagirre

Descargar



JosAnton Artze - Amodiozko Baratzetan (1980)

Poemas recitados polo propio escritor de Gipuzkoa, Joxean Artze Agirre, coñecido co alcume de Hartzabal. Foi un dos integrantes do colectivo Ez Do Amairu, e un dos escritores en lingua euskara mais representativos, autor do poema Txoria Txori, inmortalizado por Mikel Laboa.

Descargar

Jojo eta Ramuntxo - Haize Andrea (1990)


Primeiro disco do duo Jojo eta Ramuntxo, formado en 1987 polos cantantes de Iparralde (pais vasco francés) Jojo Bordagarai (Nafarroa Behera) e Ramuntxo Carrere (Lapurdi), fillo de Pantxoa Carrere, cantante de Pantxoa eta Peio.

Descargar

Jojo eta Bernadette - Agur (1978)

Primeiro disco do cantante vasco Jojo Bordagarai cantando xunto coa súa irma Bernadette Bordagarai, nacidos en Nafarroa Behera (baixa navarra) en Iparralde (pais vasco francés). Tempo despois Jojo formaría duo xunto a Ramuntxo Carrere, fillo de Pantxoa Carrere de Pantxoa eta Peio.

Descargar