Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

luns, 25 de marzo de 2013

Eliseo Parra & Mosaico - Homenaje a Agapito Marazuela (1984)

Agapito Marazuela foi un folklorista e musicólogo segoviano que fixo un traballo estupendo recopilando o folklore castelán. Morreu en 1983 á idade de 91 anos, ó ano seguinte da sua morte, Eliseo Parra e Mosaico en colaboración con artistas como Pablo Guerrero, Luis Pastor, Vainica Doble, Chicho Sánchez Ferlosio, Rosa Jiménez, Julia León e Elisa Serna.

Descargar

Joaquin Sabina, Javier Krahe y Teresa Cano - En La Posada Records [Almería] (1983)

A comenzo dos anos oitenta Sabina e Krahe xúntaronse con outros artistas como Alberto Pérez, Teresa Cano ou Chicho Sánchez Ferlosio para cantar nas rúas, nos bares ou onde lles pedirán; o documento máis significativo destas xuntanzas foi a gravación no bar madrileño "La Mandrágora" (tedes as gravacións nunha entrada do blog dedicada ós discos de Alberto Pérez). Dos concertos que fixeran non temos case gravacións, pero esta paga a pena, por escoitar os primeros momentos de Sabina e Krahe, e tamén por conservar as poucas gravacións que hai de Teresa Cano.

                                                       Descargar


sábado, 23 de marzo de 2013

Lucha - Canciones de Lucha (1977)

Con este título publicou o selo Impacto en 1977 este disco, sen nengún dato sobre os autores (autonomeados como Lucha), producido por Juan Ignacio Cuadrado. Nel atopamos versións de cancións como El Cantar Tiene Sentido, En España las Flores, Hemos Dicho Basta o En La Plaza de Mi Pueblo.
 
Descargar

xoves, 21 de marzo de 2013

Quintín Cabrera - Casi Casi una Vida (2008)

O último disco que publicara en vida o cantautor de orixen uruguaio Quintin Cabrera. É unha recopilación das súas cancións regrabadas. 

Descargar

martes, 19 de marzo de 2013

María Manoela - Idioma Meu (1977)


Dende os anos 70 María Manoela publicou varios discos xunto o seu marido Miguel Varela, neste atopamos unha versión en galego do "Regresso" de Luis Cilia (que xa fixera Adolfo Celdrán en castelán), e outras versións de Zeca Afonso, o GAC de portugal e Xoan Rubia, ademáis de adaptacións de poemas de Eduardo Pondal, Manuel María e Celso Emilio Ferreiro. De Manuel María aparecen duas cancións que o querido Xurxo ensinounos hai uns anos: "O manual do señorito" e "Idioma meu". O disco foi descargado hai tempo do blog Sempre en Galiza

Descargar