Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

sábado, 11 de abril de 2020

PCE Hablan Los Partidos (1977)

Con motivo das primeiras eleccións despois da ditadura (xuño 1977), a meirande parte dos partidos que se presentaban ás eleccións fixeron como parte da sua campaña a publicación de discos con cancións e discursos. As publicacións máis importantes neste campo foron as realizadas polo selo Nevada na sua serie Hablan los Partidos, onde atopamos LPs cheos de discursos de cada partido.

No caso do recentemente legalizado Partido Comunista de España (PCE) a publicación foi nun dobre LP con discursos de Dolores Ibarruri, Santiago Carrillo, Ramón Tamames e Marcelino Camacho entre outros, e cancións de Ana Belén, Victor Manuel (daquela coordinador musical do PCE), Camaretá (Nuberu), José Menese, Duo Kotliarskaia-Comesaña, Coz e o Colectivo Musical del PCE.

DESCARGAR

Ningún comentario:

Publicar un comentario