Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

sábado, 29 de novembro de 2014

Carmela e Paco Ibañez (1958-1973)

Carmen Requeta Dideo naceu no barrio de Lavapiés, en Madrid. Ós 19 anos trasladase a París onde coñece a Jesús Soto, pintor Venezolán, e máis a Paco Ibáñez, cos que formará o trío "Los Yares" no ano 1956 e cos que actuará durante uns dez anos. Carmen Requeta publica os dous primeiros EPs xunto a Miguel Castaños e Paco Ibañez no ano 1958. Dous anos despois, xa co nome de Carmela, publica xunto ao acompañamento da guitarra de Paco Ibañez, un disco co título "10 Chansons d'Amerique Latine" coa produción, segundo teño entendido, de Moshé-Naïm e publicado polo selo Fontana (Moshé-Naïm aínda non comenzara co seu selo discográfico). Carmela e Paco Ibañez publican no ano 1968 outro disco, xa en formato de LP, un disco con sete das dez gravacións do disco anterior (aínda que hai variación dunha das cancións eliminadas segundo sexa a edición norteamericana ou a francesa e española) e máis outras sete novas, co título "Chansons Populaires d'Amerique du Sud". Paco e Carmela publican o seguinte disco no ano 1973, aínda que a gravación é de 1969, co selo e produción de Moshé-Naïm. O último disco de Carmela sería sen o acompañamento de Paco Ibáñez.

Discos que contén o arquivo de descarga:
  • Carmen Requeta (2 EPs 1968)
  • 10 Chansons d'Amerique Latine (1960)
  • Chansons Populaires d'Amerique du Sud (1968)
  • Mourir d'Aimer (Single 1970)
  • Chants d'Espagne et de Amerique Latine (1973)
  • Chante le Chile (1976)

con Paco Ibañez e Miguel Castaños
con Paco Ibañez

Descargar

Cancionero Libertario (2011)

Este Cancionero Libertario saeu publicado en formato disco-libro no ano 2011 coa axuda do goberno de Aragón, e con interpretacións de Joaquín Carbonell, Gabriel Sopeña, Carlos Malicia, Chicotén, Elena Rubio e o grupo BVocal, entre outros, interpretando cancións anarquistas españolas como "Hijos del Pueblo" ou "A las Barricadas", e tamén arxentinas, italianas, americanas e de nova creación coma as do Cancionero de Buenaventura Durruti de Chicho Sánchez Ferlosio.
Descargar

martes, 25 de novembro de 2014

De Voces Ceibes a Milladoiro (2013)

Disco que acompaña ao libro do mesmo título De Voces Ceibes a Milladoiro escrito por Antón Seoane o ano pasado, que remataba a súa obra xunto cun documental, tamén estreado o pasado ano co título De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movemento Popular da Canción Galega (1973-1978), ao que se pode acceder a través do servizo de subscricións do vídeo baixo demanda de R Televisión, é dicir, que se non és de R non hai maneira de ver un documento desta importancia para a música galega.

No CD que ven co libro participaron Pilocha, Xosé Quintás-Canella, Bibiano, Rodrigo Romaní, Laura Amado, Marcos Meléndez e o propio Antón Seoane.

Descargar

mércores, 19 de novembro de 2014

Hiszpania Spiewa (1966)

Disco de cancións da república española traducidas ó polaco e publicado en Polonia no ano 1966. Cantan Pola Lipinska (mezzo) e Jozef Wojtan (barítono) cancións como Himno de Riego, El Paso del Ebro, Coplas de la Defensa de Madrid (no disco figura co título traducido de Los Cuatro Generales), Si me Quieres Escribir... unha canción titulada no disco como "Asturia", e que é unha das cancións asturiás da revolución de Outubro do 34, e, por un tremendo erro xeográfico, La Cucaracha.

Descargar

Segovia Viva (1976)

Disco producido por Ismael dedicado á canción tradicional de Segovia. O disco céntrase no folklorista segovián, daquela case esquecido, Agapito Marazuela, aínda que atopamos interpretacións doutros grupos e intérpretes como o propio Ismael e as agrupacións Hadit e o Nuevo Mester de Juglaría.

Descargar

domingo, 16 de novembro de 2014

Ahaztuak. 1936-1977 Canciones para la Memoria II (2007)

Segunda entrega dos compilatorios feitos e producidos pola asociación de vítimas del franquismo Ahaztuak (Esquecid@s). Atopamos cancións de cantantes como Rogelio Botanz ou Mikel Urdangarín que interpreta La paloma de la Paz de Chicho Sánchez Ferlosio, e agrupacións como Bide Ertzean, Las Joteras de Larraga, Apurka, AK-37, Dangiliske, Brighantya ou Adunia Folk. Atopamos tamén ós asturiáns Nuberu e os cantaores de flamenco Paco Moyano e José Domínguez "El Cabrero".
Atopamos cancións da época da guerra, como Viva la 5ª Brigada, Ay! Carmela, Jarama Valley ou Eusko Gudariak, e versos de Efrén Rodríguez, de Consuelo Ruiz (Las mujeres de los rojos) e de Telesforo Monzón (Iharra) interpretado por Txomin Iturbe dende a clandestinidade nos derradeiros anos da ditadura franquista. O disco remata cunha gravación, creo que gravada durante a guerra, da Internacional en Euskara.

Disco atopado hai tempo no blog Ekaitzaldi

Descargar

Moncho Alpuente Experience - La Experiencia es lo ultimo que se pierde (2002)

Despois dun espectáculo teatral que levaba por título "La experiencia es lo último que se pierde" e que levou á escena con Wyoming e o Reverendo, Moncho Alpuente publica este libro-disco co que satiriza a historia de España.

Descargar