Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

sábado, 11 de abril de 2020

La Larga Noche del Fascismo (1977)

Dateino en 1977 pero a verdade é que non estou seguro da data destes casetes.

Estes dous casetes piratas tiveron polo menos duas tiradas (unhas venderonse a 150 pts e as outras a 300 pts) e foron gravados en cintas virxenes, de distintas marcas polo que puiden comprobar (cheguei ter duas edicións).

Gravacións divididas en dous casetes:
  • PARTE I: República y Guerra Civil
  • PARTE II: Exilio - Cárcel - Represión - Guerrilla

Extraña compilación de cancións, poemas e textos recollidos de distintas fontes onde se narra a historia da Guerra Civil e da resistencia na época franquista a través de testemuñas, historias e cancións, apoiadas pola música de Maurice Jarre e as narracións de Madeleine Chapsal que aparecen no filme Mourir a Madrid (1963), aínda que a voz dos narradores non coinciden cos do documental.


Escoitamos cancións de Chicho Sánchez Ferlosio (de Canciones de la Resistencia Española [1963]), Francisco Curto (de La Guerra Civil Española [1973]), Francisco Montaner [de El Crimen fue en Granada [1974]), Elisa Serna (de Quejido [1974]), Margot e Michele L. Straniero (de Canti della Resistenza Spagnola [1965]), Daniel Viglietti (de Canto Libre [1970]), Coro Popular Jabalón (de Cantos de la Resistencia Española [1976]) así como textos, poemas e cancións de Ernst Busch e dos Almanac Singers atopadas no disco Canti della Guerra di Spagna [1968] (aínda que as cancións foron publicadas a finais dos anos 30 e principios dos 40) e cancións da Guerra Civil das gravadas polo selo Le Chant du Monde en 1938 en Barcelona, publicadas na coleción La Voz de España e reeditadas no disco Chants de la Guerre d'Espagne (1963) polo selo Le Chant du Monde.

Escoitamos tamén poemas e textos de César Vallejo, Marcos Ana, León Felipe, Jesús López Pacheco, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Ponte, Vitorino Vidali (Comandante Carlos), Antonio Agraz, Antonio Machado e Miguel Hernández.

DESCARGAR

Ningún comentario:

Publicar un comentario