Disco do Aragonés Daniel Pequerul de música relixiosa, parecido ao que facía Espinosa en castelán. Subido a petición do blog Aragón también tiene Sed.
Descargar
Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO
venres, 1 de xaneiro de 2016
mércores, 30 de decembro de 2015
Ecos de Navidad (2006)
Disco de panxoliñas castelás interpretadas por Joaquín Díaz, Amancio Prada, Candeal, Luis Delgado e Javier Bergia entre outros.Descargar
Mano Que Mece la Luna (2007)
Disco colectivo de cantigas de berce interpretadas por La Musgaña, Jabier Muguruza, Eliseo Parra ou Lidia Pujol.Descargar
Pablo Guerrero - Un Barco de Sueños (2002)
Disco de novas cancións infantís escritas por Pablo Guerrero e interpretadas por Javier Bergia, Ismael Serrano, Jorge Drexler, Suburbano, Aute, Labordeta, Imanol, Luis Pastor ou Pedro Guerra entre outros.Descargar
luns, 27 de xullo de 2015
Barahunda - Al Sol de la Hierba (2002)
Barahunda é unha banda de folk madrileña. Este primeiro traballo de Barahunda vén producido por Javier Bergia, e conta con colaboracións de músicos de prestixio coma Javier Paxariño, Quique Almendros, Jaime Muñoz, Rafa Martín, Marta de la Aldea ou Clara Serrano. Neste disco a formación Barahunda vén composta por Helena de Alfonso, Jota Martínez, Jose Luis Escribano, Manuel Carro, Miguel Casado e Jose Luis Lara.
Descargar
Descargar
Jon Koldo Larrañaga - GU (1977)
É unha magoa que non poida comentar nada deste cantante vasco, pero non atopo información súa por ningures. Semella que este sexa o seu único traballo.
Descargar
Descargar
Ñaco Goñi
Aquí tendes diversos traballos do armonicista e bluesman residente en madrid Ñaco Goñi, o que formou parte de agrupacións como os Bluescavidas e a Tonky Blues Band, e acompanou ao longo da súa traxectoria musical a músicos como Malcolm Scarpa, Whisky David e Stevie Zee. A súas colaboracións con músicos son tan extensas que non paga a pena comentalas aquí.
Poño á vosa disposición os seguintes discos.
Malcolm Scarpa & Ñaco Goñi - Doin' Our Kind (1991)
Miki Nervio & the Bluesmakers (con Ñaco Goñi) - Directo en Pontevedra (2004)
Ñaco Goñi - Blues Company (1995)
Ñaco Goñi - Blues con los Colegas (2006)
Ñaco Goñi y los Bluescavidas - Nada que Perder (2003)
Ñaco Goñi y los Bluescavidas - Directo en Moby Dick Club [Madrid] [15-16 Junio] (1999)
Descargar
xoves, 16 de xullo de 2015
Poni Michárvegas - Décadas (1971)
Único disco deste cantante
Arxentino afincado na España dende 1977. Gravado por Moshè Naïm en 1971 e
publicado por Ten Records na Arxentina e por IRT en Chile. Poni é
poeta, escritor, pintor e médico ademais de cantante. Os seus poemas
foron tamén interpretados por Soledad Bravo e por Claudina y Alberto
Gambino. Atopado no blog Los que ya no se VendenDescargar
Antonio Resines y Teresa Cano - Canciones de carcel de Ho Chi Minh (1976)
Primeiro disco do cantante (non actor) Antonio Resines, coa voz da cantante Teresa Cano, trátase de musicalizacións de poemas do libro "Cuadernos de la Cárcel" de Ho Chi Minh, traducidos por Antonio Goómez . Conta coa colaboración dos compoñentes do grupo Malasaña, entre os que se atopaba Luis Mendo. Antonio Resines é un dos protagonistas da canción de autor española que perdimos este ano. Atopado no blog Los que ya no se Venden
Descargar
Descargar
martes, 19 de maio de 2015
Cerca de Mañana (1972)
Publicado na Francia no ano 1972, este disco histórico contén cancións de compoñentes dos distintos movementos da Nova Canción na Galiza, Catalunya, Euzkadi e Andalucía. Moitas das cancións deste disco non foron editadas en ningún outro, participan no disco Bibiano, Benedicto, Vicente Araguas, Xerardo
Moscoso, Suso Vaamonde, Imanol, Elisa Serna, Pablo Guerrero, Adolfo Celdrán, Julia León, Xavier Ribalta e Lluis Llach. Atopado no blog de La Palabra más Nuestra
Descargar
mércores, 8 de abril de 2015
Juan & Jose - Streik! A la calle (1969)
Segundo disco do dúo Joan & José, publicado na Alemaña, no selo Planë. Neste disco Joan & José (agora chamados Juan & Jose) cantan en castelán as súas propias cancións, cancións da guerra civil, ademais da canción "A la Huelga" de Chicho Sánchez Ferlosio e poemas de Rafael Alberti (A las Brigadas Internacionales), Miguel Hernández (Vientos del Pueblo) e Victoriano Cremer.
martes, 7 de abril de 2015
Joan & Jose - Guanyarem / Wir Werden Siegen / Ganaremos (1967)
Joan & José foi un dúo da canción da resistencia española no exilio. Joan Esteller (Alcanar, Tarragona, 1939) coñece a José Suarez (Cedeira, A Coruña, 1943) en Heldelberg, Alemaña, onde os dous traballaban, aló polo 1963. Publicaron dous discos moi importantes da música da resistencia no exilio e foron moi coñecidos en Alemaña. Este foi o primeiro disco, cantado en Català, de Joan & José, e unha importante aportación ao recén estreado movemento da Nova Cançó, nel atopamos letras de Salvador Espriú, Jordi Monés e Coloma Lleal.
Descargar
Descargar
Miranda del Castañar [La Voz Antigua 5] (1980)
Este é o quinto volume da colección publicada polo selo Guimbarda, La Voz Antigua.
Trátase de gravacións de campo realizadas en 1980 por Petra Nieto, acompañada de Francisco, Magdalena e a frauta de Victor Pavón en Miranda del Castañar, na Sierra de Francia, Salamanca.
Descargar
Trátase de gravacións de campo realizadas en 1980 por Petra Nieto, acompañada de Francisco, Magdalena e a frauta de Victor Pavón en Miranda del Castañar, na Sierra de Francia, Salamanca.
Descargar
Segunda Muestra de Folklore Aragones [La Voz Antigua 7] (1980)
Este é o sétimo volume da colección publicada polo selo Guimbarda, La Voz Antigua. Gravado o 19 de Outubro de 1980 para as Fiestas del Pilar en Zaragoza.
Subido a petición do magnífico blog de música aragonesa Aragón También Tiene Sed
domingo, 29 de marzo de 2015
Carmen y Jesús - No te Canses Compañero (1975)
Primeira gravación do dúo Riojano Carmen y Jesús, antes se convertiren, o ano seguinte, no trio Carmen, Jesús e Iñaki, que publicarían dous discos cos títulos "De Lunes a Sábado" e "Iregua", en 1977 e 1979 respectivamente. A gravación corresponde á segunda das casetes publicadas por Iberia Cultura en Barcelona no ano 1975, que chegaron publicar soamente tres gravacións, as outras dúas corresponden ós cantantes Suso Vaamonde e Jorge Melgarejo.
Descargar
Descargar
Jorge Melgarejo - Tu Pueblo es mi Pueblo, Tu Canto es mi Canto (1975)
Primeira gravación do cantante Jorge Melgarejo, correspondente á primeira das casetes publicadas por Iberia Cultura en Barcelona no ano 1975, que chegaron publicar soamente tres gravacións, as outras dúas corresponden ó cantante Suso Vaamonde e ó dúo Riojano Carmen y Jesús, antes se convertiren no trio Carmen, Jesús e Iñaki. Jorge Melgarejo publicaría soamente outro disco, no ano 1977, co título "¿Quién Quiere Estrecharme la Mano?".
Suso Vaamonde - Loitando (1975)
Primeira gravación do cantante galego Suso Vaamonde, correspondente á terceira das casetes publicadas por Iberia Cultura en Barcelona no ano 1975, que chegaron publicar soamente tres gravacións, as outras dúas corresponden o cantante Jorge Melgarejo e ó dúo Riojano Carmen y Jesús, antes se convertiren no trio Carmen, Jesús e Iñaki.
Publicado orixinalmente no blog Sempre en Galiza.
Descargar
Publicado orixinalmente no blog Sempre en Galiza.
Descargar
luns, 9 de marzo de 2015
Luis Cilia - Transparencias (1975)
Outro dos discos do cantante Luis Cilia. Atopado hai tempo no blog "Los que no se Consiguen", renomeado agora como Los que Ya no se Venden.
Descargar
Descargar
Luis Cilia - O povo unido jamais será vencido (1974)
Single editado en Portugal da versión en portugués da canción de Quilapayún "El Pueblo Unido Jamás será Vencido", traducida e interpretada por Luis Cilia en 1974.
Descargar
Descargar
Luis Cilia - O Guerrilheiro (1974)
Outro dos discos do cantante portugués Luís Cília, editado en Portugal co título "O Guerrilheiro" no ano 1974 e reeditado en 1982 co título "Cancioneiro". Atopado hai tempo no blog "Los que no se Consiguen", renomeado agora como Los que Ya no se Venden.
Descargar
Descargar
mércores, 11 de febreiro de 2015
Luís Cília - Meu País (1973)
Regravación mellorada das primeiras cancións de Luís Cília publicadas en francia no disco "Portugal-Angola: Chants de Lutte", ambos discos publicados polo selo Le Chant du Monde. Nesta reedición do seu primeiro disco, Luís Cília musicaliza aos poetas portugueses Jose Gomes Ferreira, António Borges Coelho, Rui Namorado e Manuel Alegre; aos angolanos Geraldo Bessa-Victor, Jonas Negalha e o cabo verdián Daniel Filipe. No noso país, a cantante galega Maria Manuela fai unha versión en galego da canción "Regresso", e o cantante alacantí Adolfo Celdrán fai versións en castelá das cancións "Resiste" e "Regresso" cos títulos "Resiste" e "Día de Fiesta". Luis Cilia e Adolfo Celdrán colaborarían xuntos na musicalización do poema de Miguel Hernández "Canción del Esposo Soldado" que cantaría Adolfo.
Descargar
Descargar
Luis Cilia - Memória (1976)
"Memória" foi o disco máis internacional do cantante portugués Luis Cilia, o que chegou editarse en Portugal, España, Alemaña (RDA), Francia e Bulgaria. O disco contén textos de Manuel Correia, Ary dos Santos e Carlos Cunha entre outros.
Descargar
Descargar
sábado, 29 de novembro de 2014
Carmela e Paco Ibañez (1958-1973)
Carmen Requeta Dideo naceu no barrio de Lavapiés, en Madrid. Ós 19 anos trasladase a París onde coñece a Jesús Soto, pintor Venezolán, e máis a Paco Ibáñez, cos que formará o trío "Los Yares" no ano 1956 e cos que actuará durante uns dez anos. Carmen Requeta publica os dous primeiros EPs xunto a Miguel Castaños e Paco Ibañez no ano 1958. Dous anos despois, xa co nome de Carmela, publica xunto ao acompañamento da guitarra de Paco Ibañez, un disco co título "10 Chansons d'Amerique Latine" coa produción, segundo teño entendido, de Moshé-Naïm e publicado polo selo Fontana (Moshé-Naïm aínda non comenzara co seu selo discográfico). Carmela e Paco Ibañez publican no ano 1968 outro disco, xa en formato de LP, un disco con sete das dez gravacións do disco anterior (aínda que hai variación dunha das cancións eliminadas segundo sexa a edición norteamericana ou a francesa e española) e máis outras sete novas, co título "Chansons Populaires d'Amerique du Sud". Paco e Carmela publican o seguinte disco no ano 1973, aínda que a gravación é de 1969, co selo e produción de Moshé-Naïm. O último disco de Carmela sería sen o acompañamento de Paco Ibáñez.
Discos que contén o arquivo de descarga:
con Paco Ibañez e Miguel Castaños
con Paco Ibañez
Descargar
Discos que contén o arquivo de descarga:
- Carmen Requeta (2 EPs 1968)
- 10 Chansons d'Amerique Latine (1960)
- Chansons Populaires d'Amerique du Sud (1968)
- Mourir d'Aimer (Single 1970)
- Chants d'Espagne et de Amerique Latine (1973)
- Chante le Chile (1976)
con Paco Ibañez e Miguel Castaños
con Paco Ibañez
Descargar
Cancionero Libertario (2011)
Este Cancionero Libertario saeu publicado en formato disco-libro no ano 2011 coa axuda do goberno de Aragón, e con interpretacións de Joaquín Carbonell, Gabriel Sopeña, Carlos Malicia, Chicotén, Elena Rubio e o grupo BVocal, entre outros, interpretando cancións anarquistas españolas como "Hijos del Pueblo" ou "A las Barricadas", e tamén arxentinas, italianas, americanas e de nova creación coma as do Cancionero de Buenaventura Durruti de Chicho Sánchez Ferlosio.
Descargar
Descargar
martes, 25 de novembro de 2014
De Voces Ceibes a Milladoiro (2013)
Disco que acompaña ao libro do mesmo título De Voces Ceibes a Milladoiro escrito por Antón Seoane o ano pasado, que remataba a súa obra xunto cun documental, tamén estreado o pasado ano co título De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movemento Popular da Canción Galega (1973-1978), ao que se pode acceder a través do servizo de subscricións do vídeo baixo demanda de R Televisión, é dicir, que se non és de R non hai maneira de ver un documento desta importancia para a música galega.
No CD que ven co libro participaron Pilocha, Xosé Quintás-Canella, Bibiano, Rodrigo Romaní, Laura Amado, Marcos Meléndez e o propio Antón Seoane.
Descargar
No CD que ven co libro participaron Pilocha, Xosé Quintás-Canella, Bibiano, Rodrigo Romaní, Laura Amado, Marcos Meléndez e o propio Antón Seoane.
Descargar
mércores, 19 de novembro de 2014
Hiszpania Spiewa (1966)
Disco de cancións da república española traducidas ó polaco e publicado en Polonia no ano 1966. Cantan Pola Lipinska (mezzo) e Jozef Wojtan (barítono) cancións como Himno de Riego, El Paso del Ebro, Coplas de la Defensa de Madrid (no disco figura co título traducido de Los Cuatro Generales), Si me Quieres Escribir... unha canción titulada no disco como "Asturia", e que é unha das cancións asturiás da revolución de Outubro do 34, e, por un tremendo erro xeográfico, La Cucaracha.
Descargar
Descargar
Segovia Viva (1976)
Disco producido por Ismael dedicado á canción tradicional de Segovia. O disco céntrase no folklorista segovián, daquela case esquecido, Agapito Marazuela, aínda que atopamos interpretacións doutros grupos e intérpretes como o propio Ismael e as agrupacións Hadit e o Nuevo Mester de Juglaría.
Descargar
Descargar
domingo, 16 de novembro de 2014
Ahaztuak. 1936-1977 Canciones para la Memoria II (2007)
Segunda entrega dos compilatorios feitos e producidos pola asociación de vítimas del franquismo Ahaztuak (Esquecid@s). Atopamos cancións de cantantes como Rogelio Botanz ou Mikel Urdangarín que interpreta La paloma de la Paz de Chicho Sánchez Ferlosio, e agrupacións como Bide Ertzean, Las Joteras de Larraga, Apurka, AK-37, Dangiliske, Brighantya ou Adunia Folk. Atopamos tamén ós asturiáns Nuberu e os cantaores de flamenco Paco Moyano e José Domínguez "El Cabrero".
Atopamos cancións da época da guerra, como Viva la 5ª Brigada, Ay! Carmela, Jarama Valley ou Eusko Gudariak, e versos de Efrén Rodríguez, de Consuelo Ruiz (Las mujeres de los rojos) e de Telesforo Monzón (Iharra) interpretado por Txomin Iturbe dende a clandestinidade nos derradeiros anos da ditadura franquista. O disco remata cunha gravación, creo que gravada durante a guerra, da Internacional en Euskara.
Disco atopado hai tempo no blog Ekaitzaldi
Descargar
Atopamos cancións da época da guerra, como Viva la 5ª Brigada, Ay! Carmela, Jarama Valley ou Eusko Gudariak, e versos de Efrén Rodríguez, de Consuelo Ruiz (Las mujeres de los rojos) e de Telesforo Monzón (Iharra) interpretado por Txomin Iturbe dende a clandestinidade nos derradeiros anos da ditadura franquista. O disco remata cunha gravación, creo que gravada durante a guerra, da Internacional en Euskara.
Disco atopado hai tempo no blog Ekaitzaldi
Descargar
Moncho Alpuente Experience - La Experiencia es lo ultimo que se pierde (2002)
Despois dun espectáculo teatral que levaba por título "La experiencia es lo último que se pierde" e que levou á escena con Wyoming e o Reverendo, Moncho Alpuente publica este libro-disco co que satiriza a historia de España.
Descargar
Descargar
xoves, 7 de agosto de 2014
Avelino - Ni Rejas ni Fronteras (1977)
Primeiro e único disco do cantautor astur Avelino López Díaz, un dos cantantes do Nuevu Canciu Astur (Nova Canción Asturiana), gravado en 1977, Avelino fai a metade do disco en asturián e a outra metade castelán. Unha xoia difícil de atopar.
Descargar
Descargar
Carlos Rubiera - Pasin a Pasu (1981)
Primeiro LP do cantautor astur Carlos Rubiera, un dos cantantes do Nuevu Canciu Astur (Nova Canción Asturiana) e seguramente (xunto a Jerónimo Granda) un dos máis prolíficos da canción de autor asturiana.
Descargar
Descargar
mércores, 6 de agosto de 2014
Xose Nel - Calandreru (1982)
Xose Nel é un dos máis descoñecidos integrates do Nuevu Canciu Astur (Nova Canción Asturiana) e segundo teño entendido chegou publicar este LP e máis un single (que non sei se chegaría publicarse un LP enteiro) chamado "Xermandia" no ano 1988
Descargar
Descargar
Grup de Folk - 1 i 2
Grup de Folk foi, como o seu propio nome indica, un grupo de folk catalá que comenzou a súa carreira musical a finais dos anos 60. Aínda que non tiñan unha formación fixa, dous dos músicos que estiveron nela dende o principio foron Jaume Arnella e Xesco Boix. Na seguinte ligazón podedes descargar os dous primeiros discos desta formación, que datan de 1967 e 1968 respectivamente.
Descargar
Descargar
luns, 4 de agosto de 2014
NHU - NHU (1978)
Primeiro e único disco desta formación de rock progresivo compostelá, composta por Emilio Cao, Tino Grandío, Roberto Abal, Xurxo Pérez, Xosé Garea, Julio Garea, Antonio Fernández, Jesús Alonso e Ricardo Máiz.
Descargar
Descargar
Mont Joia - Cançons dei Festas Provençalas (1978)
Segundo disco, editado polo selo francés Le Chant du Monde, deste gran grupo de folk occitano
Descargar
Descargar
Javier Lopez de Guereña - Detras del Viento (1991)
Disco instrumental (creo que o único que chegou sacar) deste guitarrista, que xunto a Andreas Prittwitz e Fernando Anguita (tamén presentes neste disco) traballan habitualmente co cantautor Javier Krahe.
Descargar
Descargar
venres, 18 de xullo de 2014
Esteban Valdivieso - Estabas tu en el Humo (2000)
Esteban Valdivieso foi un dos integrantes do colectivo Manifiesto Canción del Sur que xurdiu en Andalucía nos últimos anos do franquismo, e que xunto a músicos como Carlos Cano, Antonio Mata, Nande Ferrer, Raúl Alcover ou Aurora Moreno fomentan a cultura e poesía andaluza a través das súas cancións. Esteban non chega publicar o seu primer disco ata 1998, a pesar de colaborar desde finais dos anos 80 con diversos artistas.
DESCARGAR
DESCARGAR
mércores, 16 de xullo de 2014
xoves, 17 de abril de 2014
Carlos Andreu - Un Peuple en Lutte: Espagne (1976)
Primeiro disco de Carlos Andreou (ou Carlos Andreu) dos dous que publicou como cantautor dende Francia. Este disco foi editado polo pequeno selo francés Expression Spontanee, no seu número 22.
Disco atopado no blog Perspectivas a través de la Nueva Canción Chilena
Descargar
Disco atopado no blog Perspectivas a través de la Nueva Canción Chilena
Descargar
Carlos Andreu - Viva la Vida (1978)
Segundo disco de Carlos Andreu (ou Carlos Andreou), que dende o ano 1968 estivo residindo en Francia, onde publicou dous discos como cantautor e que despois pùblicou con outros artistas como François Tusques. Este disco foi editado polo selo francés Vendemiaire.
Disco atopado no blog Perspectivas a través de la Nueva Canción Chilena
Descargar
Disco atopado no blog Perspectivas a través de la Nueva Canción Chilena
Descargar
domingo, 16 de marzo de 2014
Gabriel Salinas - Canto a mi América (1969)
Primeiro disco deste cantante Chileno, publicado no ano 1969 polo selo Barlovento e no 1971 por EDIGSA, nel versiona cancións de Patricio Manns, Atahualpa Yupanqui, Violeta Parra e Daniel Viglietti entre outros.
Descargar
Descargar
Gabriel Salinas - Yo Defiendo mi Tierra (1973)
Segundo disco do cantante Chileno, co acompañamento da cantante Vicky. Inclúe cancións populares así como algunha versión de Violeta Parra. Publicado en España polo selo Barlovento.
Descargar
Descargar
luns, 3 de marzo de 2014
Poesía Necesaria (2003)
O 18 de Marzo de 2003 presentábase en Valladolid este disco, con motivo do IV Congreso Internacional de la Lengua, no que 20 artístas poñen música a 20 poetas.
Entre os artístas: Adolfo Celdrán, Marina Rossell, Amancio Prada, Javier Paxariño, Javier Bergia, Inés Fonseca, Germán Díaz, Javier Coble, Luis Delgado, Joaquín Díaz, Joan Manuel Serrat, Javier Ruibal ou Paco Ibañez
Entre os poetas: Gabriel Celaya, Blas de Otero, Miguel Hernandez, Pedro Salinas, Ángel Gonzalez, Federico García Lorca, Jaime Gil de Biedma, Rafael Alberti, Antonio Machado, Manuel Machado, José Hierro, Jorge Guillén, Luis García Montero ou Juan Ramón Jiménez.
Unha xoia que debido a su carácter cultural foi facilitado para a súa descarga nalgunha páxina oficial do goberno de Valladolid (vaia, desas cousas que xa non se fan)
Descargar
Entre os artístas: Adolfo Celdrán, Marina Rossell, Amancio Prada, Javier Paxariño, Javier Bergia, Inés Fonseca, Germán Díaz, Javier Coble, Luis Delgado, Joaquín Díaz, Joan Manuel Serrat, Javier Ruibal ou Paco Ibañez
Entre os poetas: Gabriel Celaya, Blas de Otero, Miguel Hernandez, Pedro Salinas, Ángel Gonzalez, Federico García Lorca, Jaime Gil de Biedma, Rafael Alberti, Antonio Machado, Manuel Machado, José Hierro, Jorge Guillén, Luis García Montero ou Juan Ramón Jiménez.
Unha xoia que debido a su carácter cultural foi facilitado para a súa descarga nalgunha páxina oficial do goberno de Valladolid (vaia, desas cousas que xa non se fan)
Descargar
sábado, 15 de febreiro de 2014
La Contra - De Canarias Somos (1975)
Os componentes deste descoñecido grupo folklórico canario dos anos 70 foron Manolo Pérez, Miguel Pérez e Luis Morera, os que formaran, logo da norte de franco, un dos grupos folklóricos canarios máis coñecidos, Taburiente.
Descargar
Descargar
sábado, 25 de xaneiro de 2014
Antonio de Pinto - Tono oscuro (1999)
Antonio de Pinto é un cantautor madrileño, un dos mellores que deu a nova xeración de cantautores, que leva máis de 10 anos publicando e ofrecéndonos boa música. Tono Oscuro foi o seu primeiro traballo e conta con colaboracións de prestixio como as de Antonio Toledo, María Navidad, Marta de la Aldea e o chelista Oscar Grossi.
Descargar
Descargar
mércores, 22 de xaneiro de 2014
Raúl Alcover - Del Laberinto al Treinta (1987)
Logo de participar activamente co colectivo Manifiesto Canción del Sur xunto con Carlos Cano e Antonio Mata, Raul Alcover publica o seu primeiro disco a finais dos 70. En 1987 publica este disco cunhas colaboracións excepcionais, José e Antonio Carbonell, Luis Delgado, Javier Paxariño, Antonio Sánchez e Jimmy Rios.
Descargar
Descargar
sábado, 4 de xaneiro de 2014
Son de Niños
Preséntovos hoxe as coleccións de cancións infantís Son de Niños que o selo Factoría de Autor (selo discográfico da SGAE xa desaparecido do que boto moitísimo de menos as súas publicacións) publicou nos anos 2001 e 2003. Nel interveñen artistas como Javier Bergia, Marta de la Aldea, Pablo Milanes, Imanol, Javier Krahe, Joaquín Diaz, Marina Rosell, Luis Pastor, Jose Antonio Labordeta ou Ismael Serrano.
Descargar Son de Niños 1 (2001)
Descargar Son de Niños 2 (2003)
Descargar Son de Niños 1 (2001)
Descargar Son de Niños 2 (2003)
martes, 31 de decembro de 2013
Antonio Mata - Entre la Lumbre y el Frio (1977)
Primeiro e único disco deste cantautor andaluz precursor da nova canción de autor andaluza nos anos 70, xunto a Carlos Cano e Raúl Alcover.
Descargar
Descargar
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



.jpeg)


.jpg)
.bmp)
.bmp)
.jpg)
.jpg)








.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)












