Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

domingo, 17 de marzo de 2013

Javier Bergia - Un Lugar Bajo el Sol (2012)

O derradeiro disco deste multinstrumentista e polifacético músico. A súa faceta mais coñecida é como cantautor, pero este home leva traballando como músico noutros proxectos dende principios dos oitenta, tivo dous grupos: Finis Africae (con Juan Alberto Arteche e Luis Delgado) e Ishinohana (con Luis Delgado), e traballou con Atrium Musicae (de Gregorio Paniagua), con Luis Delgado, na TVE facendo varias bandas sonoras e coma percusionista de Ismael Serrano (o que tén unha inevitable colaboración neste disco). Tamén foi produtor do grupo Barahunda e de varios discos colectivos.

                                                         Descargar

mércores, 13 de marzo de 2013

Cien Años de Periodismo - Humor Libre (2002)

Disco publicado por Moncho Alpuente e Curros Fatás con arranxos de Alberto Gambino. Nel cantan cancións de Chicho Sánchez Ferlosio, Joaquín Sabina e do grupo que tivera Moncho Alpuente ao comenzo da súa carreira artística, Las Madres del Cordero.

Descargar

martes, 12 de marzo de 2013

Luis Cilia - A Poesia Portuguesa de Ontem e de Hoje [1] (1968)

Un dos primeiros discos do cantautor portugués Luis Cilia. Logo de ser publicado polo selo Le Chant du Monde, o produtor francés Moshe Naim, que xa sacara discos de Paco Ibañez no noso pais, produce tres discos deste cantautor portugués, este é o primeiro deses tres.

Descargar

domingo, 10 de marzo de 2013

Manuel Toharia - Toharia (1976)

Manuel Toharia, no intre de publicar este disco, este escritor e periodista xa era coñecido en todo o pais como o "home do tempo" da TVE. No terreo artístico publicou este disco con adaptacións de poemas de Rafael Alberti e Nicolás Guillén, e versións de Georges Brassens, atopamos tamén neste disco unha canción que dous anos despois grabaría Joaquín Sabina no seu primeiro disco, titulada "El Romance del Pastor y la Gentil Dama". Toharia tamén fixo os arranxos e tocou a guitarra nun EP de 1968 feito polos cantantes Luis José Leal e Jose Manuel Bravo titulado Ensayo I, e no disco Denegado de Adolfo Celdrán. 

sábado, 9 de marzo de 2013

Francisco Díaz - Páginas (1977)


Outro dos grandes descoñecidos cantautores foi Francisco Díaz que publicou no ano 1977, xa no noso pais, o album "Páginas" baixo o selo discográfico Nevada. Foi producido por Juan Ignacio Cuadrado que daquela xa levaba anos como membro do grupo Nuestro Pequeño Mundo e comenzaba coa súa extensa carreira de produtor. Inclúense as carátulas cos títulos das cancións

[Outros traballos de Francisco Diaz]

Podedes visitar a súa páxina Francisco Diaz - Zodiacap

Descargar

venres, 8 de marzo de 2013

José Pérez - España, Castilla, Libertad (1976)

José Pérez foi un cantautor castelán moi descoñecido que viviú en francia, onde publicou o seu único disco coñecido "España, Castilla, Libertad" co selo Disques Alvarès en 1976. Nel canta ao poeta Carlos Álvarez e ás vítimas do franquismo asasinadas o 27 de setembro de 1975 .

Descargar

mércores, 6 de marzo de 2013

Alberto Pérez


Alberto Pérez estivo xunto a Javier Krahe, Joaquín Sabina e moitos outros actuando no café madrileño de "La Mandrágora" a principios dos 80. Nos seguintes anos participou no programa de Garcia Tola "Si Yo Fuera Presidente" cantando na televisión, e no programa de radio "Corazón Loco". Publicou dous discos en colaboración con Chicho Sánchez Ferlosio, que escribiú as letras das cancións, estes foron "Sobre la Pista" e "Tiempo de Baile", posteriormente estivo traballando na RNE no programa "De la Noche al Día".


No arquivo de descarga inclúense os seguintes discos:

La Mandrágora [Grabación Original y Grabación Pirata] (1981)

Amar y Vivir [Canciones del programa de Garcia Tola] (1984)

Sobre la Pista (1990)

Tiempo de Baile (1997)


Descargar