Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

luns, 18 de xullo de 2016

Germaine Montero - Presence de Lorca (1968)

Álbum da cantante francesa adicado á poesía e teatro de Federico García Lorca, onde interpreta pezas das obras Poema del Cante Jondo, Romancero Gitano, Poeta en Nueva York, Llanto Por Ignacio Sanchez Mejias e Diván del Tamarit. Editado polo selo francés Le Chant du Monde.

Descargar

Germaine Montero - Paseando por España (1973)

Estupenda escolma de cancións populares de todo o país: galegas, asturianas, vascas, catalanas, castellanas, andaluzas... Trátase da reedición ampliada do Mini LP que publicara tamén o selo francés Le Chant du Monde en 1953, co subtítulo de 13 chansons populaires d'Spagna.

Descargar

Patxi Villamor - Nora Goaz (1977)

Primeiro disco de Patxi Vilamor con letras e músicas propias e de Josu Zabala. Patxi non volvería editar disco ata o ano 2000.

Descargar

Dublin - Dublin (1990)

Mini LP da formación castelá Dublin, no que colaboran músicos de categoría como Javier Bergia e Luis Delgado. Producido polo propio Luis Delgado.

Descargar

sábado, 16 de xullo de 2016

Suso Vaamonde - As Palabras Dos Galegos (1998)

As palabras dos galegos é un traballo publicado en casete e gravado no estudio Sonyarte (Vigo) no ano 1998. Está composto por cantigas de natureza variada, aínda que predomina a temática combatente e reivindicativa.
[Info extraída da web oficial de Suso Vaamonde]

Contén cancións populares e adaptacións de poemas de Manuel María, Celso Emilio Ferreiro e Bernardino Braña, entre outros, algunhas delas inéditas ate o momento.

Descargar

domingo, 15 de maio de 2016

Xerardo Moscoso

Xerardo Moscoso, un dos cantantes do colectivo da nova canción galega Voces Ceibes publica, ademais dos dous EPs co colectivo, os dous LPs que podedes descargar na seguinte ligazón, o máis descoñecido Galicia de 1976 e Acción Galega de 1977.

Trovadores de Silencios (2010)


Disco que acompaña ao libro de poesía Trovadores de Silencios de 2010. Interveñen os artistas Luis Eduardo Aute, Javier Bergia, Moncho Otero y Rafa Mora, Carlos Chaouen, Amancio Prada e Alejandro Martínez entre outros, interpretando a poesía de J. M. Caballero Bonald, Jesús Hilario Tundidor, Javier Lostalé, Juan Carlos Mestre, Jaime Siles e Esther Peñas entre outros.

Descargar

Milladoiro - Unha estrela por guia (2006)

Un dos últimos discos de onde interpretan poemas de Manuel María.

Descargar

Avante, Camarada! (1975)

Disco colectivo portugués, da chamada Música da Intervenção. Inclúe versións orixinais de José Afonso e Adriano Correia de Oliveira, ademais do Conjunto Movimento que fai dúas cancións, que parecen orixinais, para o disco, e a formación O Povo, que interpreta Avante Camarada! de Luis Cilia e A Internacional, ambas publicadas en single.

Descargar

Uxia - Andando a Terra (2011)

Disco integramente dedicado á poesía de Manuel María, apereceu no libro de Manuel María Os Lonxes do Solpor. Máis adiante Uxía publicaría outros discos dedicados ao mesmo autor.

Descargar

Manuel Fernández - Dejadme ir a mi Aire (1982)


Único LP do cantautor asturián máis coñecido como Manuel de Cimadevilla, coñecido tamén como Manolín 'El Nietu' Celo Xuan, cantante do colectivo Nuevu Canciu Astur. O arquivo de descarga inclúe os singles Ay Rapacina! e Dixieland de 1980, publicados co nome de Manolín 'El Nietu' e o LP Dejadme a mi Aire de 1982

Descarga

Ikusten Duzu Goizean (1991)

Disco colectivo dedicado ao músico vasco J. B. Elizanburu, no que interveñen multitude de artistas como Erramun Martikorena, Maite Idirin, Anje Duhalde, Pantxoa eta Peio, Txomin Artola, Beñat Achiary ou Pier Paul Bertzaitz entre os máis destacados.

Descargar

mércores, 23 de marzo de 2016

Mixel Labeguerie - Labeguerie'ren Lau Kanta (1961)


Estas foron as dúas primeiras publicacións da canción de autor de Euskal Herria e tamén do país. Michel Labeguerie grava dous EPs de catro cancións que foron publicados polo selo Goiztiri na Baiona. Reeditado en CD no ano 1997 na coleción Euskal Kantariak.

Descargar

Bai Euskarari. Jaialdia (1978) [Incompleta]

Esta gravación está tomada dun dos dous casetes do concerto. Corresponden ás caras B de cada un dos vinilos.

Descargar

martes, 22 de marzo de 2016

Jei Noguerol - Lua Nova (1997)


Disco do cantautor galego Jei Noguerol. Aparecen unha adaptación du poema de Rafael Dieste e outro de Álvaro Cunqueiro.

Descargar

Camelamos Naquerar (1976)

Disco editado polo selo francés Le Chant du Monde con gravacións de canción xitana.

Descargar

Diego Dana - Canciones de Aqui y Ahora (2002)

Terceiro disco deste cantautor arxentino. Publicado hai tempo no blog Los Que Ya no se Venden (se non lembro mal)

Descargar

Daniel Salinas - A Chile desde Lejos (1978)

Non teño moita información deste artista, parece ser o único disco que sacou este chileno exiliado na España. Tódalas cancións con letra e música do autor.

Descargar

Pino Masi - Canzoni di Lotta Continua (1970-1972)

Escolma de cancións que o cantante italiano Pino Masi publicou en singles co selo Lotta Continua, editora discográfica da organización de esquerdas Lotta Continua.

Descargar

luns, 21 de marzo de 2016

Antonieta Larrea (1979)

No ano 1979 a agrupación Iregua, formada por  Jesús Vicente Aguirre, Iñaki Ramos, Paco Marín, Rafael Ibárrula "Chafa", Jesús Fernández Berdejo "Chuchi", Gavi Lozano, David Fernández Torrell e Rupert Gil, publica dous discos en formato single coa editora vasca Tic-Tac. Este é o primeiro deles, no que acompañan á Antonieta Larrea, que canta unha canción propia, adicada ao recén recoñecido cemiterio civil de La Barranca, e máis o poema Romance de la Luna de Federico García Lorca.
Este disco foi facilitado por Jesús Vicente Aguirre.

Descargar

Vendema (1979)

No ano 1979 a agrupación Iregua, formada por  Jesús Vicente Aguirre, Iñaki Ramos, Paco Marín, Rafael Ibárrula "Chafa", Jesús Fernández Berdejo "Chuchi", Gavi Lozano, David Fernández Torrell e Rupert Gil, publica dous discos en formato single coa editora vasca Tic-Tac. Este é o segundo deles, no que acompañan á formación Vendema, dúo formado por Juancho Ruiz e Pedro Tirado, publican soamente este single con dúas cancións escritas por Paco Marín.
Este disco foi facilitado por Jesús Vicente Aguirre.

Descargar

UC - En Aquesta Illa tan Pobra (1976)

Segundo disco da formación folk de Eivissa UC, composta por Joan Marí, Joan Murenu, Isidor Marí e Victorí Planells.

Descargar


Jose Menese - Andalucia 40 Años (1978)

José Menese gravou este disco en 1978. Trátase dun dos discos máis políticos do cantaor, e referencia do movemento musical Nuevo Flamenco. José Menese expoñe dende a primeira canción a denuncia do franquismo que tantos anos deu de sufrimento á España, e ao povo andaluz.

Descargar

Joaquin Diaz - Romances entorno a la Trébede (1979)

Un dos moitísimos LPs do folklorista Joaquín Díaz. É unha escolma de cancións tradicionales recollidas por Joaquín en diversos povos de Castilla. Non estou seguro de que estivese pola web así que suboo.

Descargas

Juan Carlos Mestre, Amancio Prada, Luis Delgado y Cuco Perez - Antifona De Otoño En El Valle Del Bierzo

Músicas que acompañan ao libro Antifona De Otoño En El Valle del Bierzo de Juan Carlos Mestre interpretadas por Amancio Prada, Luis Delgado, Pedro Sarmiento, Cuco Pérez e Rafael Domínguez, e recitados do propio Juan Carlos Mestre. Este libro apareceu por vez primeira en 1985 e as gravaciones publicáronse na reedición de Calambur de 2003.

Descargar

Los Talaos - 120 Aniversario (2008)

Los Talaos é un grupo de dulzaineros centenario de Madrid. Na formación actual están algúns dos netos do fundador Estanislao Sánchez "El Talao". Neste CD + DVD conmemóranse os 120 anos da formación.

Descarga

domingo, 13 de marzo de 2016

Maria Manoela, Xiana, Mini e Mero - O Meu Primeiro Celso Emilio (2012)

Publicado xunto ao libro O Meu Primeiro Celso Emilio con cancións feitas ao longo dos anos sobre poemas de Celso Emilio Ferreiro e interpretadas por Maria Manoela, Xiana Lastra, Mini e Mero. Se non lembro mal foi o segundo libro desta coleción, despois de se xuntaren para facer A Miña Primeira Rosalía. Publicado por Xerais

Descargar

Maria Manoela - Erguerémo-la Espranza (1982)

Primeiro disco, como dúo, de Manuela e Miguel (María Manuela e Miguel Varela) que leva por título o poema de Celso Emilio Ferreiro que versionan. Gravado nos estudios Xoxoa de Euskadi e publicado por Ruada.

Descargar

Maria Manoela e Miguel - Imos Cantar Xuntos(1991)

Disco do dúo Manuela e Miguel (María Manoela e Miguel Varela) que acompañaba o libro de cancións infantís en galego Cancións de Nobelos de Papel. Hai tempo conseguín o casete desta gravación que non chegou publicarse noutro formato.

Descargar

sábado, 27 de febreiro de 2016

Kardantxa (1977)

Kardantxa foi o selo co que a discográfica Movieplay publicaba os discos de música que publicaba en Euskaro. Artistas como Jon Bergaretxe, Iñaki Eizmendi, Gorka Knorr, Miren Aranburu ou Niko Etxart. Na seguinte ligazón tedes os dous discos compilatorios que publicou Kardantxa no ano 1977 cunha escolma de cancións de Iñaki Eizmendi, Gorka Knorr, Miren Aranburu e algunhas formacións de Txistularis, Coros e Tamborradas.

Descargar

Il Nuovo Canzoniere Italiano - Bella Ciao (1965)

Publicado polo selo italiano Dischi del Sole en 1965 e reeditado en CD polo selo francés Harmonia Mundi en 2000. A formación Il Nuovo Canzoniere Italiano composta por Fausto Amodei, Pino Masi, Claudio Bernieri e Ivan Della Mea, conta coa colaboración de Michele L. Straniero, Giovanna Marini, Sandra Mantovani e Caterina Bueno que poñen a súa voz en cancións políticas italianas como o Bella Ciao, A 'Ttocchi A 'Ttocchi, O Gorizia Tu Sei Maledetta ou Addio Lugano.

Descargar

Buenaventura Durruti (2012)


Disco publicado nun CD dobre adicado a Buenaventura Durruti no ano 2012 na Francia. Textos escollidos de Buenaventura Durruti, o Subcomandante Marcos, Cesar Vallejo ou Bertolt Brecht. oitas cancións novas ademais das coñecidas Hijos del Pueblo, A las Barricadas, El Paso del Ebro, Los Cuatro Generales ou o Basta Ya de Atahualpa Yupanqui.

Descargar


Canticos Revolucionarios em Portugues (1975)

Disco gravado en Lisboa no ano 1975 por compoñentes dos coros da Fundaçao Calouste Gulbenkian e do Teatro de S. Carlos. Cantos da Música da Intervençao Portuguesa como Portugal Ressuscitado, Avante Camarada ou Alerta, aínda que o máis importante do disco son as versións ao portugués de cancións como Les Partisans, Bandeira Rubra, A Internacional, O Hino da Juvebtude Democrática, La Varsovienne (de onde ven a música da canción A las Barricadas) e Os Quatro Generais.

Descargar

Ahaztuak: 1936-1977 Canciones para la Memoria - Olvidad@s (2006)


Primeira entrega dos compilatorios feitos e producidos pola asociación de vítimas del franquismo Ahaztuak (Esquecid@s), hai tempo presentouse neste blog a segunda entrega. Atopamos cancións de Fermin Balentzia (as de Maravillas e o Alto de Loiti), Josu Zabalondo, Nuberu e Fermin Muguruza entre moitos outros. Atopamos versións dalgunhas cancións como A las Barricadas, Si me Quieres Escribir, En el Pozo María Luisa, Txabi Etxebarrieta ou a anarquista Arroja la Bomba.

Disco atopado hai tempo no blog Ekaitzaldi

Descargar

martes, 9 de febreiro de 2016

Finis Africae (1984-1996)

Agrupación de música ambiental formada por Juan Alberto Arteche Gual, Luis Delgado e Javier Bergia a principios dos 80, con músicas similares as do outro grupo de Luis Delgado e Javier Bergia: Ishinohana. Javier Paxariño colabora no seu terceiro disco, Amazonia, actualmente reeditado en Xapón.






No arquivo de descarga tedes os seguintes discos:
  • Prima travesía [Grabaciones Accidentales (1984)]
  • Un día en el parque [Grabaciones Accidentales (1985)]
  • Amazonia [Musica sin Fin (1990)]
  • Campos de sol y luna (1996)
Descargar

US Story (1976)

Unha estupenda escolma de cancións do folklore estadounidense publicado por Folkways e Le Chant du Monde [FWX 50107-8] no segundo centenario dos estados unidos. Neste disco, que divide as cancións por épocas e temática interveñen Pete Seeger, Almanac Singers, Woody Guthrie, Blind Boy Grunt (alcume de Bob Dylan) e Cisco Houston entre outros. Podedes atopar máis información na páxina de Discogs

Descargar

venres, 1 de xaneiro de 2016

Daniel Pequerul - Junto a Ti (1979)

Disco do Aragonés Daniel Pequerul de música relixiosa, parecido ao que facía Espinosa en castelán. Subido a petición do blog Aragón también tiene Sed.

Descargar

mércores, 30 de decembro de 2015

Del Sauveterre - Febrier (1978)

Primeiro disco desta formación de folk occitano. Publicado na Francia.

Descargar

Ecos de Navidad (2006)

Disco de panxoliñas castelás interpretadas por Joaquín Díaz, Amancio Prada, Candeal, Luis Delgado e Javier Bergia entre outros.

Descargar

Mano Que Mece la Luna (2007)

Disco colectivo de cantigas de berce interpretadas por La Musgaña, Jabier Muguruza, Eliseo Parra ou Lidia Pujol.

Descargar

Pablo Guerrero - Un Barco de Sueños (2002)

Disco de novas cancións infantís escritas por Pablo Guerrero e interpretadas por Javier Bergia, Ismael Serrano, Jorge Drexler, Suburbano, Aute, Labordeta, Imanol, Luis Pastor ou Pedro Guerra entre outros.

Descargar

luns, 27 de xullo de 2015

Barahunda - Al Sol de la Hierba (2002)

Barahunda é unha banda de folk madrileña. Este primeiro traballo de Barahunda vén producido por Javier Bergia, e conta con colaboracións de músicos de prestixio coma Javier Paxariño, Quique Almendros, Jaime Muñoz, Rafa Martín, Marta de la Aldea ou Clara Serrano. Neste disco a formación Barahunda vén composta por Helena de Alfonso, Jota Martínez, Jose Luis Escribano, Manuel Carro, Miguel Casado e Jose Luis Lara.


Descargar

Jon Koldo Larrañaga - GU (1977)

É unha magoa que non poida comentar nada deste cantante vasco, pero non atopo información súa por ningures. Semella que este sexa o seu único traballo.

Descargar

Ñaco Goñi


Aquí tendes diversos traballos do armonicista e bluesman residente en madrid Ñaco Goñi, o que formou parte de agrupacións como os Bluescavidas e a Tonky Blues Band, e acompanou ao longo da súa traxectoria musical a músicos como Malcolm Scarpa, Whisky David e Stevie Zee. A súas colaboracións con músicos son tan extensas que non paga a pena comentalas aquí.

Poño á vosa disposición os seguintes discos.




Malcolm Scarpa & Ñaco Goñi - Doin' Our Kind (1991)
Miki Nervio & the Bluesmakers (con Ñaco Goñi) - Directo en Pontevedra (2004)
Ñaco Goñi - Blues Company (1995)
Ñaco Goñi - Blues con los Colegas (2006)
Ñaco Goñi y los Bluescavidas - Nada que Perder (2003)
Ñaco Goñi y los Bluescavidas - Directo en Moby Dick Club [Madrid] [15-16 Junio] (1999)

Descargar

xoves, 16 de xullo de 2015

Poni Michárvegas - Décadas (1971)

Único disco deste cantante Arxentino afincado na España dende 1977. Gravado por Moshè Naïm en 1971 e publicado por Ten Records na Arxentina e por IRT en Chile. Poni é poeta, escritor, pintor e médico ademais de cantante. Os seus poemas foron tamén interpretados por Soledad Bravo e por Claudina y Alberto Gambino. Atopado no blog Los que ya no se Venden


Descargar

Antonio Resines y Teresa Cano - Canciones de carcel de Ho Chi Minh (1976)

Primeiro disco do cantante (non actor) Antonio Resines, coa voz da cantante Teresa Cano, trátase de musicalizacións de poemas do libro "Cuadernos de la Cárcel" de Ho Chi Minh, traducidos por Antonio Goómez . Conta coa colaboración dos compoñentes do grupo Malasaña, entre os que se atopaba Luis Mendo. Antonio Resines é un dos protagonistas da canción de autor española que perdimos este ano. Atopado no blog Los que ya no se Venden

Descargar


martes, 19 de maio de 2015

Cerca de Mañana (1972)

Publicado na Francia no ano 1972, este disco histórico contén cancións de compoñentes dos distintos movementos da Nova Canción na Galiza, Catalunya, Euzkadi e Andalucía. Moitas das cancións deste disco non foron editadas en ningún outro, participan no disco Bibiano, Benedicto, Vicente Araguas, Xerardo Moscoso, Suso Vaamonde, Imanol, Elisa Serna, Pablo Guerrero, Adolfo Celdrán, Julia León, Xavier Ribalta e Lluis Llach. Atopado no blog de La Palabra más Nuestra

Descargar