Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

domingo, 12 de abril de 2020

La Palabra más Tuya (2006)


Colección de 13 CDs dedicados ás cancións feitas por diversos cantautores sobre poemas de distintos poetas.

A colección foi dirixida por Fernando G. Lucini para o selo discográfico Factoria de Autor con motivo da celebración de "50 años de la canción en España" organizado en 2005 pola SGAE.

Nos discos, cada un deles dedicado a un ou varios poetas, podemos atopar cancións de artistas como Carmen, Jesús e Iñaqui, Amancio Prada, Chicho Sánchez Ferlosio, Paco Ibáñez, Imanol, Víctor Manuel, Aguaviva, Rosa León, Adolfo Celdrán, Hilario Camacho, Luis Pastor, Carlos Cano, Miguel Ríos, Joan Manuel Serrat, El Pele, Esteban Valdivieso, Enrique Morente, Aurora Moreno, Enrique Moratalla, Javier Ruibal, Soledad Bravo, Francisco Curto, José Menese, Javier Bergia, Manuel Toharia, Luis Emilio Batallán, Fuxan os Ventos, Los Juglares, Víctor Jara, Los Lobos, Pedro Faura, Pedro Guerra, Elisa Serna, Urko ou Moncho Otero.

Os 13 discos da colección son os seguintes:
  • 01 Antonio Machado
  • 02 Blas de Otero y Gabriel Celaya
  • 03 Federico García Lorca
  • 04 Rafael Alberti
  • 05 León Felipe y Juan Ramón Jiménez
  • 06 Rosalía de Castro y Gustavo Adolfo Bécquer
  • 07 José Agustín Goytisolo, Jaime Gil De Biedma y Ángel González
  • 08 Miguel Hernández
  • 09 Nicolás Guillén, Mario Benedetti y José Martí
  • 10 Carlos Álvarez, Jesús López Pacheco, Luis Cernuda, José Bergamín
  • 11 Cantando a: Violeta Parra, Gloria Fuertes, Fanny Rubio, Elena Martín Vidal, Gabriela Mistral, Dulce María Loynar, María Elena Walsh, Alfonsina Storni, María Zambrano, Isabel Escudero
  • 12 Agustín García Calvo, Luis García Montero, Agustín Millares y Pedro Lezcano
  • 13 Pablo Neruda
DESCARGAR

Voces Ceibes (1968-1976)

As gravacións do colectivo de cantautores Voces Ceibes: Xavier González del Valle, Benedicto García Vilar, Xerardo Moscoso, Vicente Araguas, Guillermo Rojo e Miro Casabella, e de outros cantantes do movemento musical da Nova Canción Galega como Miguel Enriquez, María e Xavier, Jei Noguerol e Xoan Rubia. Son todas as gravacións publicadas polo selo EDIGSA no seu subselo galego XISTRAL e tamén os que fan en colaboración coa editorial Galaxia, onde podemos atopar tamén tres discos dos cantantes cataláns Luis Olivares e Jacinta cantando en galego.

Inclúense tamén algunhas gravacións relacionadas como as que aparecen no disco Cerca de Mañana (1972) (algunhas só editadas aquí, e incluíndo a Bibiano Morón e Suso Vaamonde), o concerto de Benedicto e Bibiano (25 de Xuño de 1976), e algunha canción en directo de datas descoñecidas de Benedicto (Amnistía e Liberdade e Loitemos) e Miro Casabella (Olla meu Irmán).

Os discos contidos no arquivo de descarga son os seguintes:
EDIGSA - XISTRAL
  • XIS 01 Manuel María - Poemas: Ditos coa sua voz (1968)
  • XIS 02 Miro Casabella - Miro Canta As Suas Cancios (1968)
  • XIS 03 Benedicto - No Vietnam (1968)
  • XIS 04 Xerardo Moscoso (1968)
  • XIS 05 Vicente Araguas (1969)
  • XIS 06 Xavier (1969)
  • XIS 07 Xoan Rubia (1969)
  • XIS 08 Miro Casabella - Miro canta cantigas de escarnho e mal dizer (1968)
  • XIS 09 Xerardo Moscoso (1969)
  • XIS 10 Xoan Rubia (1969)
  • XIS 11 Xoan Rubia (1969)
  • XIS 12 Vicente Araguas
  • XIS 13 Jei Noguerol (1971)
  • XIS 14 Jei Noguerol (1972)
  • XIS 15 Miguel Enriquez (1972)
  • XIS 16 Jei Noguerol
  • XIS 17 Jei Noguerol - Denantes dos vinte anos (1976) [LP]
EDIGSA - Galaxia:
  • EGCM 1 Luis Olivares - Canta en lingua galega (1967)
  • EGCM 2 Jacinta - Canta en lingua galega (1967)
  • EGCM 3 Jacinta - Cancios de Nadal
  • EGCM 4 ???????
  • EGCM 5 Guillermo
  • EGCM 6 María e Xavier - Edigsa - Galaxia  (1969)
  • EGCM 7 María e Xavier - Edigsa - Galaxia (1969)
Outras Gravacións:
  • Cerca de Mañana (1972) [selección de cancións da Nova Canción Galega
  • Concerto de Bibiano e Benedicto [25 de Xuño de 1976]
  • Benedicto - Amnistia e Liberdade (Concerto de Xixon 1977)
  • Benedicto - Loitemos (directo)
  • Miro Casabella - Olla meu irmán (directo)
DESCARGAR

sábado, 11 de abril de 2020

La Larga Noche del Fascismo (1977)

Dateino en 1977 pero a verdade é que non estou seguro da data destes casetes.

Estes dous casetes piratas tiveron polo menos duas tiradas (unhas venderonse a 150 pts e as outras a 300 pts) e foron gravados en cintas virxenes, de distintas marcas polo que puiden comprobar (cheguei ter duas edicións).

Gravacións divididas en dous casetes:
  • PARTE I: República y Guerra Civil
  • PARTE II: Exilio - Cárcel - Represión - Guerrilla

Extraña compilación de cancións, poemas e textos recollidos de distintas fontes onde se narra a historia da Guerra Civil e da resistencia na época franquista a través de testemuñas, historias e cancións, apoiadas pola música de Maurice Jarre e as narracións de Madeleine Chapsal que aparecen no filme Mourir a Madrid (1963), aínda que a voz dos narradores non coinciden cos do documental.


Escoitamos cancións de Chicho Sánchez Ferlosio (de Canciones de la Resistencia Española [1963]), Francisco Curto (de La Guerra Civil Española [1973]), Francisco Montaner [de El Crimen fue en Granada [1974]), Elisa Serna (de Quejido [1974]), Margot e Michele L. Straniero (de Canti della Resistenza Spagnola [1965]), Daniel Viglietti (de Canto Libre [1970]), Coro Popular Jabalón (de Cantos de la Resistencia Española [1976]) así como textos, poemas e cancións de Ernst Busch e dos Almanac Singers atopadas no disco Canti della Guerra di Spagna [1968] (aínda que as cancións foron publicadas a finais dos anos 30 e principios dos 40) e cancións da Guerra Civil das gravadas polo selo Le Chant du Monde en 1938 en Barcelona, publicadas na coleción La Voz de España e reeditadas no disco Chants de la Guerre d'Espagne (1963) polo selo Le Chant du Monde.

Escoitamos tamén poemas e textos de César Vallejo, Marcos Ana, León Felipe, Jesús López Pacheco, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Ponte, Vitorino Vidali (Comandante Carlos), Antonio Agraz, Antonio Machado e Miguel Hernández.

DESCARGAR

Moncho Otero y Rafa Mora

Os discos de estudio publicados por Moncho Otero e Rafa Mora, ademais de outras gravacións.

As gravacións que podedes atopar no arquivo de descarga son:

Discos de estudio:
  • Los Hombres no Supieron (2004)
  • Viento de Octubre [Jesus Hilario Tundidor] (2007)
  • El Rio de los Ojos [Manuel Lopez Azorin] (2011)
  • Canta a Gloria Fuertes [1998] (2017)
Outras gravacións:
  • La Tiniebla Infinita [Trovadores De Silencios (2010)]
  • Versos De Otro Tiempo (Mujeres Poetas De La Generacion Del 27) [Alcobendas. 30 Nov 2013]
Recitais / Concertos en:
  • Clamores [Varias gravacións]
  • Galileo Galilei [Varias gravacións]
  • Libertad 8 [Varias gravacións]
  • Libreria El Argonauta (20 Mar 2013)
  • Sala Manuel De Falla. SGAE (11 Sep 2011)
  • Teatro Adolfo Marsillach. Sanse (8 Mar 1997)
  • Tertulias De Autor. Canal Norte (1998-1999)
DESCARGAR

Suso Saiz [Discografia incompleta]

Varios discos do compositor e interprete Suso Saiz, un dos imprescindibles do New Age no noso país.

Os discos que podedes atopar no arquivo de descarga son:
  • Prefiero el Naranja (1984)
  • En la Piel del Cruce (1986)
  • Crónica de Castas (con Jorge Reyes) (1990)
  • Al Filo de lo Imposible vol. 1 (1992)
  • Musica Esporádica (con Miguel Herrero, Glen Velez, Pedro Estevan, Layne Redmond y Maria Villa) (1992)
  • Simbolos (1992)
  • Suspended Memories, Forgotten Gods (con Steve Roach y Jorge Reyes) (1993)
  • Mirrors of Pollution (1994)
  • K (1997)
  • Al Filo de lo Imposible vol. 2 (1998)
  • Quartet (1998)
  • Odisea [Compilacion] (2016)
  • Rainworks (2017)
  • Nothing is Objective (2019)
DESCARGAR

Michele L. Straniero (1971-1979)

Os tres discos en solitario do cantante italiano Michele L. Straniero. Podedes atopar outros discos nos que colabora, como os publicados con Margot e con Michele Straniero, os publicados con Cantacronache, e o dedicado ás cancións de Pietro Gori

os discos contidos neste arquivo de descarga son:
  • Quando ero Monarca (1971)
  • Coi Comforts della Religione (1974)
  • La Madonna della Fiat (1979)
DESCARGAR

Sergio Liberovici - Ogni Giorno Tutti Giorni (1967)

Disco do italiano Sergio Liberovici. Podedes atopar outros dos seus discos neste blog, como os publicados con Margot e con Michele Straniero, e os publicados con Cantacronache.

DESCARGAR

Tonicha - Cançoes de Abril (1975)

Un dos discos imprescindibles da canción política de Tonicha que faltaba no arquivo anteriormente publicado neste blog.

DESCARGAR

Coral Carmina i el Grup Instrumental Catala (GIC) - Musica de la Revolució (1977)

Disco compilatorio de cancións reivindicativas en catalá, interpretadas polo Grup Instrumental Catalá (GIC) e as voces da Coral Carmina. Neste disco atopamos as versións en catalá (algunhas podémolas atopar en internet sen detallar o interprete) de cancións como La Internacional, La Marsellesa, Alerta, La Jove Guardia [La Joven Guardia] ou A les Barricades [A las Barricadas]. Publicado polo selo discográfico Nevada.

DESCARGAR

PCE Hablan Los Partidos (1977)

Con motivo das primeiras eleccións despois da ditadura (xuño 1977), a meirande parte dos partidos que se presentaban ás eleccións fixeron como parte da sua campaña a publicación de discos con cancións e discursos. As publicacións máis importantes neste campo foron as realizadas polo selo Nevada na sua serie Hablan los Partidos, onde atopamos LPs cheos de discursos de cada partido.

No caso do recentemente legalizado Partido Comunista de España (PCE) a publicación foi nun dobre LP con discursos de Dolores Ibarruri, Santiago Carrillo, Ramón Tamames e Marcelino Camacho entre outros, e cancións de Ana Belén, Victor Manuel (daquela coordinador musical do PCE), Camaretá (Nuberu), José Menese, Duo Kotliarskaia-Comesaña, Coz e o Colectivo Musical del PCE.

DESCARGAR

Venceremos !! [AUVI30-AU11] (1977)

Disco compilatorio de cancións reivindicativas, como moitos da época (1977-1978) interpretadas por formacións anónimas, algunhas coñecidas con nomes creados para a publicación destas cancións (como Jabalón - Nuestro Pequeño Mundo) ou por formacións novas agrupadas para a interpretación destas cancións (daquela moi solicitadas). As formacións que temos neste compilatorio son chamadas Cobre Rojo, Coral Nova Gent, Superfenix, Grupo Berros de Loita, Soledades e Askatuak. Neste compilatorio atopamos cancións como: La Internacional, A las Barricadas, Els Segadors ou o Hino Galego. Publicado polo selo discográfico catalán Avui.

DESCARGAR

La Internacional (Flash) [Casete]

Casete compilatorio de cancións reivindicativas, como moitos da época (1977-1978) publicado de forma anónima. As cancións que adoitaban compoñer estos compilatorios repetíanse de uns a outros. Algunhas das cancións que aparecen son: La Internacional, En la Plaza de mi Pueblo, Nubes de Esperanza, Himno de Riego, Sin Pan ou En España las Flores.

DESCARGAR

Canciones de Lucha [Impacto El333] (1977)

Disco compilatorio de cancións reivindicativas, como moitos da época (1977-1978) publicado de forma anónima. As cancións que adoitaban compoñer estos compilatoriosrepetíanse de uns a outros, neste cantan, entre outras, La Internacional, En la Plaza de mi Pueblo, El Cantar tiene Sentido, Hemos Dicho Basta i En España las Flores, estas dúas últimas chegaron publicarse como single. Publicado polo selo discográfico Impacto.

DESCARGAR

Andalucia, Hoy (1977)

Disco compilatorio de cancións reivindicativas interpretado por unha formación andaluza chamada Grupo Tarteso, interpretando cancións como Hijos del Pueblo, La Internacional, A las Barricadas ou En la plaza de mi Pueblo, aínda que podemos atopar tamén as versións orixinais das cancións de Juan Antonio Muriel: Poder Andaluz e Entre la Cal y el Cubo. Publicado polo selo discográfico Olympo.

DESCARGAR

Desencadenando Canciones [Casete]

Casete compilatorio de cancións reivindicativas nas voces orixinais de artistas como Quilapayun, Jose Afonso, Paco Ibañez, Soledad Bravo ou Angel Parra

DESCARGAR

xoves, 9 de abril de 2020

martes, 7 de abril de 2020

Amphetamine Discharge - We Come to Smash this Time (1998)

Terceiro disco da formación sevillana de rock Amphetamine Discharge

DESCARGAR

Track Dogs - Serenity Sessions (2006)

Terceiro disco da formación folk rock Track Dogs, formado por Garrett Wall (que deu o primeiro nome á formación: Garret Wall Band), Dave Mooney, Howard Brown e Robbie K. Jones (ex Finis Terrae)

DESCARGAR

Rafa Lorenzo - Sou Vaqueiru (2003)

Terceiro disco do cantautor asturián Rafael Lorenzo, Rafa Lorenzo, que comezaría as suas andainas musicais nos anos 70 co movemento do Nuevu Canciu Astur (Nova Canción Asturiana), pero que no chegaría publicar ata finais dos anos 90.

DESCARGAR

Jorge Castro - Quien eres Tu (2009)

Primeiro do cantautor madrileño Jorge Castro, no que colabora Pablo Guerrero, recitando un poema

DESCARGAR

Maria Jose Hernandez - El Mar del Deseo (2001)

Segundo disco da cantautora María José Hernández, con colaboracións excepcionais de Fredi Marugan, Cuco Pérez, Diego Galaz, Javier Bergia, Javier Coble e Luis Delgado, e producido por Javier Bergia, co que xa colaborara nalgunhas cancións.

DESCARGAR

Antonio Mata - En la Raiz del Silencio (2018)

Disco de recente publicación homenaxe a Antonio Mata, cantautor andaluz, no que se reunen as suas cancións interpretadas por Pablo Guerrero, Suburbano, Aurora Moreno, Enrique Moratalla, Juan Antonio Muriel, Nande Ferrer, Fran Fernandez, Juan Trova e Muerdo, entre outros

DESCARGAR

Annie Nobel - Annie Nobel (1973)

Primeiro disco da cantante francesa Annie Nobel. Publicado polo selo francés Moshé-Naim

DESCARGAR

Juan Carlos Irizar / Jon Enbeita - Itxaropena (1988)

Disco difícil de atopar, con música de Juan Carlos Irizar e letras de Jon Enbeita

DESCARGAR

Manuel Freire - Dedicatoria (1972)

Primeiro disco do cantante portugués Manuel Freire, xunto a Fernando Alvim e Pedro Caldeira Cabral.

DESCARGAR

Iñaki Basabe - A mis Amigos que sois Todos (1989)

Segundo disco do cantante euskaro Iñaki Basabe, esta vez en castelán.

DESCARGAR

Lourdes Iriondo - Ortzadarra (1978)

Disco de Lourdes Iriondo (Lurdes Iriondo), cantautora euskara. O disco sería o segundo dos publicados dedicados ao conto infantil en euskera.

DESCARGAR

El Pele - Poetas de Esquinas Blandas [con Vicente Amigo] (1990)

Un dos discos máis míticos de El Pele en colaboración con Vicente Amigo, un do máis buscados por ser a primeira gravación de Vicente Amigo.

DESCARGAR

Julia Babo - Uma so Patria (1975)

Disco da cantante de canción popular portuguesa Julia Babo, este é único disco LP de canción política e social da artista.

O arquivo de descarga inclúe o single Avante Norte publicado en 1977 por Julia Babo e Os Amigos, formada por Luisa Basto, Paulo De Carvalho, Fernando Tordo, Fernanda Piçarra, Ana Bola e Edmundo Silva. 

DESCARGAR 

Ovidi Montllor [Discografia]

Discografía do cantante valenciá Ovidi Montllor.

Os discos contidos no arquivo de descarga son os seguintes:
  • Primers Discs Senzills (1968-1971)
  • Un Entre Tants (1972)
  • Crónica d'un Temps (1973)
  • A Alcoi (1974)
  • Ovidi Montllor A L'Olympia (1975)
  • Salvat Papasseit Per Ovidi Montllor (1975)
  • De Manars i Garrotades (1977)
  • Bon Vent... i barca nova! (1979)
  • 4.02.42 (1980)
DESCARGAR

German Diaz - Pi (o sea, Pi) Musica para manivelas (2007)

Segundo disco en solitario de Germán Díaz, zanfoñista e membro de formacións como Bravo & Diaz e Tanxugueiras

DESCARGAR

Flook - Flatfish (1999)

Segundo disco e primeiro de estudio da formación folk Flook

DESCARGAR

Ana Benegas - Poema a dos Voces (1986)

Único disco da cantante Ana Benegas

DESCARGAR

Falsterbo 3 (1968-1970)

Os primeiros singles da formación catalá Falsterbo 3, composta por Eduard Estivill, Montse Domènech e Joan Boix, que precede á formación Falsterbo

O arquivo de descarga contén os singles:
  • Tota la Tristor (1968)
  • Ai Adeu, Cara Bonica (1969)
  • Monologo del Trabajador (1969)
  • L'Estranya Joguina (1970)
DESCARGAR

Francisco Fanhais [Discografia]

Os discos publicados polo cantautor portugués Francisco Fanhais [Padre Fanhais]
  • Cançoes Da Cidade Nova [LP] (1970)
  • Corpo Renasscido [EP] (1970)
  • Cantilena [EP] (1971)
DESCARGAR

Traginada [Discografia]

Os tres discos publicados pelo grupo Traginada de Menorca
  • Menorca (1978)
  • Pels Camins de Menorca (1979)
  • Cançons de Menorca (1980)
DESCARGAR

Grupo Outubro [Discografia]

Os discos publicados pola formación portuguesa Grupo Outubro, composta por Carlos Alberto Moniz, Maria do Amparo, Pedro Osório, Alfredo Vieira de Sousa e Madalena Leal.
  • A Cantar Também a Gente Se Entende (1976)
  • Cantigas de ao Pé da Porta (1977)
DESCARGAR

Verbas Xeitosas [Discografia]

Os dous discos publicados pola formación galega Verbas Xeitosas, integrado por Ricardo Seixo, Xaime Mejuto, Xosé Lois Silva e Xosé Carlos García. Ademais destes dous discos colabora con Suso Vaamonde no disco colectivo Abolición e no disco Os Soños na Gaiola que podedes atopar na discografía de Suso Vaamonde neste mesmo blog.

Os dous discos de Verbas Xeitosas son:
  • Verbas Xeitosas (1977)
  • Coa Fenestra Aberta (1978)
DESCARGAR

Samuel

Dous discos do cantante portugués Samuel [Samuel Leonor Lopes Quedas] relacionados coa Música da Intervençao.
  • 1 - De Pé Pela Revoluçao [single] (1975)
  • Ao Alcance das Maos [LP] (1978)
Samuel tamén participou no disco Fala do Homem Nascido de 1972 (podédelo atopar na discografía de Tonicha) e foi un integrantes da formación SARL - Sociedade Artística e Recreativa Lusitana

DESCARGAR

Naharro [Discografía]

Discografía do cantautor extremeño Miguel Ángel Gómez Naharro, ainda que oficialmente somentes ten un disco publicado.

O arquivo de descarga contén os seguintes discos:
  • Paseo Literario por Extremadura (1992)
  • The Essential [Maqueta] (2017)
DESCARGAR

Suburbano (1979-1982)

Os tres primeiros discos da formación Suburbano, integrada por Bernardo Fuster e Luis Mendo.

Os discos contidos no arquivo de descarga son os seguintes:
  • Suburbano (1979)
  • Marismas (1980)
  • Danza Rota (1982)
DESCARGAR

Iontxu Ondarra [Discografia]

Discos publicados por Iontxu Ondarra, ás veces como Ionsu Ondarra. Normalmente publicados en casete, Iontxu Ondarra cantaba ás cancións populares e de cantantes como Urko e Pantxoa eta Peio. Nas suas publicacións atópanse tres cancións orixinais: Arratsaldeko Soinua, Zazpiak Bat e Tren Militarra.

Os discos contidos no arquivo de descarga son os seguintes:
  • Euskaleria Kantariak (1977)
  • Gora Euskadi (1977)
  • Erdal Herrian (1981)
DESCARGAR

Fermin Balentzia - Fermin Valencia [Discografia]

Discografía do cantautor navarro Fermin Balentzia, que nun principio publicaría como Fermín Valencia. Foi coñecido por cancións como El Alto Loiti, Maravillas, Navarra tiene Cadenas, La Pastora de Ibardin, Tafalla ou a popular Txatxangorria. Non foi doado clasificar os seus traballos debido á escasa información atopada en internet, fixeno o mellor posible.

Os discos contidos no arquivo de descarga son:
  • ???????? [Casete] (gravacións 1974-1977)
  • Fermin Valencia - Nafarroa [Casete] (1978)
  • [Grabaciones sueltas] (2004-2007)
  • Ahaztuak. 1936-1977 Canciones para la Memoria (2007)
  • Fermin Balentzia eta Mikel Elizaga - Hilarria (2008)

DESCARGAR

Nuberu [Discografia (1978-1994)]

Nuberu, un dos grupos máis representativos do Nueu Canciu Astur (Nova Canción Asturiana) e das formacións asturianas máis coñecidas en todo o estado. Formado por Chus Pedro e Manolo Peñayos no 1976 co nome Camaretá co que realizarían diversos recitais e farían algunha gravación para as publicacións do PCE en Asturias e a nivel estatal no 1977. No arquivo de descarga falta o disco en directo Como Tu Yes de 1991 (se alguén está interesado podo subilo) e os últimos publicados, outro directo e un homenaxe.

Os discos contidos no arquivo de descarga son os seguintes:
  • Asturies, Ayeri y Güei (1978)
  • Atiendi, Asturies (1980)
  • Cancios d'un Pais (1981)
  • Mineros (1987)
  • Agua de la Fonte Clara (1993)
  • El Árbol de Navidá (1994)
DESCARGAR

Juan Antonio Espinosa [Canción Social]

Discos do cantante extremeño Juan Antonio Espinosa relacionados coa canción social e política.

Os discos aquí publicados son os referentes á sua faceta de cantautor, ainda que Espinosa foi moito máis coñecido pola sua contribución á canción relixiosa católica dentro do movemento de Nova Liturxia (Nueva Liturgia), movemento aperturista que surxidiu despois do Concilio Vaticano II e que permitía a creación e interpretación de novas cancións litúrxicas, así como a incorporación de guitarras e outros instrumentos na liturxia. Juan Antonio Espinosa publicou moitísimos discos ao longo da sua vida en selos discográficos de canción relixiosa cristiana (como PAX), e as suas cancións son recollidas en cancioneiros relixiosos e cantadas ao longo dos anos nas liturxias de habla hispana, cancións como: Alegre la mañana, Caminaré, Danos un corazón, El Señor es mi fuerza, Tu palabra me da vida, Un pueblo camina, Llegará la libertad, Ven con nosotros al caminar...

Os discos contidos no arquivo de descarga son os seguintes:
  • La Tierra Grita (ed Peru) (1974)
  • La Tierra Grita (1975)
  • Cantares De Ojos Abiertos - Canta A Manuel Pacheco ‎(1976)
  • Hombres sin Tierra (1977)
DESCARGAR

Xuacu Amieva [Discografia]

Discografía (creo que completa) do cantante euskaro Xuacu Amieva, fundador dos coñecidos grupos folk austurianos Beleño e Ubiña

Os discos contidos no arquivo de descarga son os seguintes:
    • Onde L'agua Ñaz (1986)
    • Xostrando (1989)
    • Lluna Caldia (1992)
    • Tiempo de Mitos (1999)
    • Al Son Del Fueu (2003)
    • Seis (2006)

    DESCARGAR

    Radio Tarifa [Discografia]

    Discografía da formación de música sefardí Radio Tarifa integrada por Benjamín Escoriza, Faín S. Dueñas, Sebastián Rubio e Vincent Molino

    Os discos contidos no arquivo de descarga son os seguintes: 
    • Rumba Argelina (1994)
    • Temporal (1996)
    • Cruzando el Rio (2000)
    • Fiebre (2003)
    DESCARGAR

    Xalbador Amuriza [Discografia]

    Discografía (creo que completa) do cantante e bertsolari euskaro Xabier Amuriza

    Os discos contidos no arquivo de descarga son os seguintes:
    • Menditik Mundura (1978)
    • Herriko Plazan (1983)
    • Xalbador. Bat-bateko mirakulua (2000)
     DESCARGAR