Primeiro LP do cantautor astur Carlos Rubiera, un dos cantantes do Nuevu Canciu Astur (Nova Canción Asturiana) e seguramente (xunto a Jerónimo Granda) un dos máis prolíficos da canción de autor asturiana.
Descargar
Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO
xoves, 7 de agosto de 2014
mércores, 6 de agosto de 2014
Xose Nel - Calandreru (1982)
Xose Nel é un dos máis descoñecidos integrates do Nuevu Canciu Astur (Nova Canción Asturiana) e segundo teño entendido chegou publicar este LP e máis un single (que non sei se chegaría publicarse un LP enteiro) chamado "Xermandia" no ano 1988
Descargar
Descargar
Grup de Folk - 1 i 2
Grup de Folk foi, como o seu propio nome indica, un grupo de folk catalá que comenzou a súa carreira musical a finais dos anos 60. Aínda que non tiñan unha formación fixa, dous dos músicos que estiveron nela dende o principio foron Jaume Arnella e Xesco Boix. Na seguinte ligazón podedes descargar os dous primeiros discos desta formación, que datan de 1967 e 1968 respectivamente.
Descargar
Descargar
luns, 4 de agosto de 2014
NHU - NHU (1978)
Primeiro e único disco desta formación de rock progresivo compostelá, composta por Emilio Cao, Tino Grandío, Roberto Abal, Xurxo Pérez, Xosé Garea, Julio Garea, Antonio Fernández, Jesús Alonso e Ricardo Máiz.
Descargar
Descargar
Mont Joia - Cançons dei Festas Provençalas (1978)
Segundo disco, editado polo selo francés Le Chant du Monde, deste gran grupo de folk occitano
Descargar
Descargar
Javier Lopez de Guereña - Detras del Viento (1991)
Disco instrumental (creo que o único que chegou sacar) deste guitarrista, que xunto a Andreas Prittwitz e Fernando Anguita (tamén presentes neste disco) traballan habitualmente co cantautor Javier Krahe.
Descargar
Descargar
venres, 18 de xullo de 2014
Esteban Valdivieso - Estabas tu en el Humo (2000)
Esteban Valdivieso foi un dos integrantes do colectivo Manifiesto Canción del Sur que xurdiu en Andalucía nos últimos anos do franquismo, e que xunto a músicos como Carlos Cano, Antonio Mata, Nande Ferrer, Raúl Alcover ou Aurora Moreno fomentan a cultura e poesía andaluza a través das súas cancións. Esteban non chega publicar o seu primer disco ata 1998, a pesar de colaborar desde finais dos anos 80 con diversos artistas.
DESCARGAR
DESCARGAR
mércores, 16 de xullo de 2014
xoves, 17 de abril de 2014
Carlos Andreu - Un Peuple en Lutte: Espagne (1976)
Primeiro disco de Carlos Andreou (ou Carlos Andreu) dos dous que publicou como cantautor dende Francia. Este disco foi editado polo pequeno selo francés Expression Spontanee, no seu número 22.
Disco atopado no blog Perspectivas a través de la Nueva Canción Chilena
Descargar
Disco atopado no blog Perspectivas a través de la Nueva Canción Chilena
Descargar
Carlos Andreu - Viva la Vida (1978)
Segundo disco de Carlos Andreu (ou Carlos Andreou), que dende o ano 1968 estivo residindo en Francia, onde publicou dous discos como cantautor e que despois pùblicou con outros artistas como François Tusques. Este disco foi editado polo selo francés Vendemiaire.
Disco atopado no blog Perspectivas a través de la Nueva Canción Chilena
Descargar
Disco atopado no blog Perspectivas a través de la Nueva Canción Chilena
Descargar
domingo, 16 de marzo de 2014
Gabriel Salinas - Canto a mi América (1969)
Primeiro disco deste cantante Chileno, publicado no ano 1969 polo selo Barlovento e no 1971 por EDIGSA, nel versiona cancións de Patricio Manns, Atahualpa Yupanqui, Violeta Parra e Daniel Viglietti entre outros.
Descargar
Descargar
Gabriel Salinas - Yo Defiendo mi Tierra (1973)
Segundo disco do cantante Chileno, co acompañamento da cantante Vicky. Inclúe cancións populares así como algunha versión de Violeta Parra. Publicado en España polo selo Barlovento.
Descargar
Descargar
luns, 3 de marzo de 2014
Poesía Necesaria (2003)
O 18 de Marzo de 2003 presentábase en Valladolid este disco, con motivo do IV Congreso Internacional de la Lengua, no que 20 artístas poñen música a 20 poetas.
Entre os artístas: Adolfo Celdrán, Marina Rossell, Amancio Prada, Javier Paxariño, Javier Bergia, Inés Fonseca, Germán Díaz, Javier Coble, Luis Delgado, Joaquín Díaz, Joan Manuel Serrat, Javier Ruibal ou Paco Ibañez
Entre os poetas: Gabriel Celaya, Blas de Otero, Miguel Hernandez, Pedro Salinas, Ángel Gonzalez, Federico García Lorca, Jaime Gil de Biedma, Rafael Alberti, Antonio Machado, Manuel Machado, José Hierro, Jorge Guillén, Luis García Montero ou Juan Ramón Jiménez.
Unha xoia que debido a su carácter cultural foi facilitado para a súa descarga nalgunha páxina oficial do goberno de Valladolid (vaia, desas cousas que xa non se fan)

sábado, 15 de febreiro de 2014
La Contra - De Canarias Somos (1975)
Os componentes deste descoñecido grupo folklórico canario dos anos 70 foron Manolo Pérez, Miguel Pérez e Luis Morera, os que formaran, logo da norte de franco, un dos grupos folklóricos canarios máis coñecidos, Taburiente.
Descargar
Descargar
sábado, 25 de xaneiro de 2014
Antonio de Pinto - Tono oscuro (1999)
Antonio de Pinto é un cantautor madrileño, un dos mellores que deu a nova xeración de cantautores, que leva máis de 10 anos publicando e ofrecéndonos boa música. Tono Oscuro foi o seu primeiro traballo e conta con colaboracións de prestixio como as de Antonio Toledo, María Navidad, Marta de la Aldea e o chelista Oscar Grossi.
Descargar
Descargar
mércores, 22 de xaneiro de 2014
Raúl Alcover - Del Laberinto al Treinta (1987)
Logo de participar activamente co colectivo Manifiesto Canción del Sur xunto con Carlos Cano e Antonio Mata, Raul Alcover publica o seu primeiro disco a finais dos 70. En 1987 publica este disco cunhas colaboracións excepcionais, José e Antonio Carbonell, Luis Delgado, Javier Paxariño, Antonio Sánchez e Jimmy Rios.
Descargar
Descargar
sábado, 4 de xaneiro de 2014
Son de Niños
Preséntovos hoxe as coleccións de cancións infantís Son de Niños que o selo Factoría de Autor (selo discográfico da SGAE xa desaparecido do que boto moitísimo de menos as súas publicacións) publicou nos anos 2001 e 2003. Nel interveñen artistas como Javier Bergia, Marta de la Aldea, Pablo Milanes, Imanol, Javier Krahe, Joaquín Diaz, Marina Rosell, Luis Pastor, Jose Antonio Labordeta ou Ismael Serrano.
Descargar Son de Niños 1 (2001)
Descargar Son de Niños 2 (2003)
Descargar Son de Niños 1 (2001)
Descargar Son de Niños 2 (2003)
martes, 31 de decembro de 2013
Antonio Mata - Entre la Lumbre y el Frio (1977)
Primeiro e único disco deste cantautor andaluz precursor da nova canción de autor andaluza nos anos 70, xunto a Carlos Cano e Raúl Alcover.
Descargar
Descargar
venres, 27 de decembro de 2013
Espliego - Nunca fuera caballero [Canciones del Quijote] (2005)
Neste disco o grupo Espliego coa axuda de moitos outros intérpretes sacan novas cancións sobre O Quixote, coa música de José Ignacio y Pedro Chaparro de Espliego, e interpretadas por distintos cantantes, cada un deles cantando a un personaxe distinto. Neste disco participan José Ignacio, Pedro Chaparro y Adrián
Rodríguez de Borlado de Espliego, ademáis de Amancio Prada, Joaquín Diaz, Luis Pastor, Maite Dono, o grupo Eanes e a coral
"Maestro Ibáñez" de Valdepeñas.
Descargar
Descargar
domingo, 8 de decembro de 2013
Annie Nobel & Philippe Richeux - Chroniques Terriennes (1975)
Os cantantes franceses Annie Nobel e Philippe Richeux comenzaban as súas carreiras artísticas a principios dos anos 70, editando os seus discos co selo francés "Moshe Naim". Axuntáronse por primeira e única vez, como dúo, para publicar este disco.
Descargar
Descargar
mércores, 20 de novembro de 2013
Alberto Perez - Grabaciones en 'De la Noche al Dia' de RNE (2001-2002)
Gravacións de cancións (boleros, canción popular e cancións propias) feitas no programa de Radio 1 "De la Noche al Día" de RNE, dirixido por Manolo HH.
"De la Noche al Día" foi un maravilloso programa presentado por Manolo HH durante moitos anos, a diario; nas madrugadas e durante 3 horas, conversacións, entrevistas, debates, literatura, poesía, música e outras artes compartían este espazo nas ondas.
Este programa foi un dos moitos programas radiofónicos culturais que a radio nacional decidiú eliminar, deixando case sen espacios culturais ao único medio de comunicación que aínda os tiña.
Os venres, neste programa, xuntábanse Inmaculada Palomares (presentadora xunto con Manolo HH, coñecida como 'Macu'), Alberto Pérez (músico), Javier Bergia (músico) e Javier Lostalé (escritor), ademáis de moita máis xente que ía pasando polo programa coma invitado.
As gravacións van dende Abril de 2001 ata Maio de 2002 e fíxenas eu mesmo, o que aquí presento é unha escolma de cancións que Alberto Pérez cantaba no programa.
No arquivo tedes a información de cando se fixo cada unha das gravacións, se alguén estivera interesado, dispoño das gravacións dos programas completos.

martes, 19 de novembro de 2013
Pedro Faura - Manifiesto (1975)
Primeiro disco de Pedro Faura, alcume de Bernardo Fuster, publicado na Alemaña en 1975 cando era membro do FRAP. Neste disco Pedro Faura fai versións de Miguel Hernández (entre as que atopamos o poema a Rosario Dinamitera) así como outras cancións propias e de coñecidos seus.
No arquivo de descarga inclúense duas cancións en directo de Pedro Faura, que deben pertencer a un recital de finais de 1975 ou do ano 1976. Estas dúas cancións son: "El Maquis" que publicaría no seu segundo disco (que podedes atopar eiquí), e unha canción inédita adicada aos 5 últimos asasinatos do franquismo titulada "Cinco Gritos" que procede dun poema seu.

xoves, 14 de novembro de 2013
Grupo Xana - El Son nos Cantares de la Revolución d'Ochobre de 1934 (I) (1996)
Este foi o último disco que fixera o coro asturián Xana, que previú sacar en dúas entregas pero que ao final só chegaron sacar esta, un estupendo traballo de recuperación das cancións da revolución de Outubro do 34 na Asturias.
Grazas ao blog La Palabra más Nuestra que facilitou a ligazón.
Descargar
Grazas ao blog La Palabra más Nuestra que facilitou a ligazón.
Descargar
martes, 12 de novembro de 2013
Canti della Resistenza Spagnola (1968)
Neste disco italiano, publicado polo selo Zodiaco e reeditado en 1971 polo selo Albatros, reeditanse as gravacións que Margot e Michele Straniero publicaran en 1963 sobre as cancións recopiladas no seu libro Canti della Nuova Resistenza Spagnola máis coñecido como o Cancionero de Einaudi. Neste disco inclúense gravacións de Chicho Sánchez Ferlosio algunhas delas só publicadas neste disco.
Grazas ao blog La Palabra más Nuestra que facilitou a ligazón.
Descargar
Grazas ao blog La Palabra más Nuestra que facilitou a ligazón.
Descargar
martes, 5 de novembro de 2013
Cantareliña (1983 - 1988)
Cantareliña foi un certame musical promovido polo grupo Saraibas, celebrado entre 1983 e 1991 no que participaban nenos de distintos centros escolares, e que tiña como obxectivo a promoción e a normalización da lingua galega e da música popular. Nesta entrada podedes descargar os cinco volumes que podemos atopar na internet.
Grazas ao blog Sempre en Galiza por facilitar as ligazóns.
Descargar volumes 1-5 e 8 (1983-1988 e 1992)
venres, 1 de novembro de 2013
Canti della Resistenza Europea
| Portadas dos discos na edición de Zodiaco (1973) |
Descargar
martes, 29 de outubro de 2013
Aragón visto por Alan Lomax (1952)
Nesta entrada quero ofrecervos unha das moitísimas gravacións de campo que o musicólogo Alan Lomax fixo no noso país entre 1952 e 1953. Alan Lomax dedicou toda a súa vida á recopilación do folklore, facendo as gravacións nos propios pobos onde os habitantes cantaban as cancións propias da súa rexión. Esta é a publicación máis completa das gravacións en Aragón, nembargantes podemos atopar tódalas gravacións que fixo Alan Lomax na páxina da asociación Cultural Equity onde as podedes escoitar ou descargar.
Descargar
Descargar
xoves, 10 de outubro de 2013
Francisco Curto - Proceso a Besteiro (1986)
Outro dos traballos do cantante Francisco Curto no que atopamos novas versións de cancións xa publicadas no disco La Guerra Civil Española de 1973 e tamén de Chicho Sánchez Ferlosio. Estas gravacións proveñen da obra de teatro Proceso a Besteiro que Francisco Curto musicalizou a finais de 1985 e a publicación das mesmas fixéronse en casete polo selo Tecnosaga ao ano seguinte.
Descargar
Descargar
mércores, 9 de outubro de 2013
Francisco Curto - Poema de Mio Cid [Cantar del Destierro] (1973)
Francisco Curto, que máis tarde publicaría co nome de Paco Curto, publicou dende os 70 algúns discos, interpretando cancións da guerra civil, poemas de Miguel Hernández, ou neste caso ao Mio Cid. Os seus discos foron editados en Francia polo selo "Le Chant du Monde" e case non se atopan en ningures, xa que nunca foron reeditados.Descargar
martes, 8 de outubro de 2013
Julio Ramos - Esparabanes (1980)
Xulio Ramos foi un dos cantautores pertencentes ao movemento do Nuevu Canciu Astur xunto a outros como Carlos Rubiera, Avelino Diaz ou Manolín 'El Nietu'. Publica este que foi o seu único LP.
Descargar
Descargar
xoves, 19 de setembro de 2013
Eneko Labegerie - Nazio Berria (1999)
Eneko Labegerie, fillo de Mixel Labeguerie, leva no mundo da música dende os anos 70 xunto co grupo GUK. Este é o seu primeiro disco que publica co seu propio nome. Destacamos a nova versión da canción Nafarra, oi Nafarra escrita polo seu pai, cantada por Eneko e publicada no ano 1972.Descargar
venres, 13 de setembro de 2013
Adolfo Celdrán - Denegado (1977)
Este é o cuarto LP do cantautor alicantino, e o último nunha longa tempada ata que publica o seu seguinte disco no ano 2001. Neste disco volve gravar algunhas cancións coas que tivo problemas durante a ditadura, na que, polos máis arbitrarios motivos denegaban a súa publicación.
Descargar
Descargar
domingo, 8 de setembro de 2013
xoves, 22 de agosto de 2013
Tomas Bosque - Cuando los Tiempos vienen Mejores (1976)
Primeiro disco do cantautor Tomás Bosque, un dos cantautores da nova canción aragonesa. Tomás Bosque é un dos poucos representantes da canción catalana en Aragón.
Descargar
Descargar
xoves, 15 de agosto de 2013
Xosé Quintas-Canella - Porque no Mundo Mengou a Verdade (1978)
Xosé Quintas-Canella (Xosé Veloso) publica o seu primeiro e único disco xunto con Eloi Vázquez e Ánxel Barbadillo, con cancións do cancioneiro medieval. Disco atopado na páxina de ghastaspista
Descargar
Descargar
martes, 13 de agosto de 2013
Maria e Xavier - Todos os seus Traballos
Xavier González Miro e María del Carmen Martínez forman en 1969 o dúo Maria e Xavier, publicando 4 singles e manténdose en activo ata 1971. Xavier González escribe case todas as cancións non tradicionais dos seus discos. Na ligazón tedes todos os discos que publicaron, estes foron atopados no blog Sempre en Galiza.
Descargar
Descargar
venres, 2 de agosto de 2013
Agapito Marazuela - Folklore Castellano (1975)
Este foi o único disco que o folklorista Segovián Agapito Marazuela publicou, aínda que dedicase toda a súa vida ao estudio do folklore castelán, chegando a publicar dous cancioneiros: Cancionero de Castilla la Vieja (1932) e Cancionero Segoviano (1964)
Descargar
Descargar
martes, 30 de xullo de 2013
Adolfo Celdrán - 4444 Veces, Por Ejemplo (1975)
O segundo LP do cantautor Alicantino. Atopamos poemas de Miguel Hernández, Nicolás Guillen, León Felipe, Antonio Gómez e Jesús López
Pacheco.
Descargar
Descargar
luns, 29 de xullo de 2013
Luis José Leal y José Manuel Brabo - Ensayo I (1968)
No ano 1968 dous dos membros do colectivo de canción castelá Canción del Pueblo, Luis José Leal e José Manuel Brabo 'El Cachas' publican un EP, coa axuda da guitarra de Manuel Toharia, cantando dous cancións cada un deles. Cantan ao Arcipreste de Hita, Antonio Machado, Rabindranath Tagore e Luis de Góngora.
Descargar
Descargar
luns, 15 de xullo de 2013
Hilario Camacho - Ensayo 2 (1968)
Con motivo do concerto que haberá hoxe en Madrid na homenaxe de Hilario Camacho, quero compartir convosco a primeira gravación deste cantante e compositor. Trátase do single con adaptacións de poemas de Nicolás Guillén, que sacou en 1968 cando formaba parte do colectivo "Canción del Pueblo" xunto con Elisa Serna, Adolfo Celdrán, Luis José Leal, El Cachas e Manuel Toharia. Foi editado por un pequeno selo universitario chamado EDUMSA.
Descargar
Descargar
venres, 12 de xullo de 2013
El romancero del Nuevo Mester de Juglaría (1971-2001)
Nuevo Mester de Juglaría é o grupo de folk castelán máis coñecido, foi creado en Segovia a finais do 1969 por Luis Martín, Rafael San Frutos, Fernando Ortiz, Marián Nieto, Milagros Olmos e Francisco García, e ó longo dos anos foron incorporándose outros compoñentes ao grupo, como Javier Castro, Llanos Monreal, Jesús Martín, Álvaro Mendía e Rodrigo Muñoz.
O disco foi extraido do blog Los Coleccionistas
Descargar
O disco foi extraido do blog Los Coleccionistas
Descargar
xoves, 11 de xullo de 2013
Nuevo Mester de Juglaría - Todas sus grabaciones (1978-1984)
Nuevo Mester de Juglaría é o grupo de folk castelán máis coñecido, foi creado en Segovia a finais do 1969 por Luis Martín, Rafael San Frutos, Fernando Ortiz, Marián Nieto, Milagros Olmos e Francisco García, e ó longo dos anos foron incorporándose outros compoñentes ao grupo, como Javier Castro, Llanos Monreal, Jesús Martín, Álvaro Mendía e Rodrigo Muñoz.
O disco foi extraido do blog Los Coleccionistas
Descargar
O disco foi extraido do blog Los Coleccionistas
Descargar
mércores, 10 de xullo de 2013
Nuevo Mester de Juglaría - Sus primeros cinco LPs (1971-1976)
Nuevo Mester de Juglaría é o grupo de folk castelán máis coñecido, foi creado en Segovia a finais do 1969 por Luis Martín, Rafael San Frutos, Fernando Ortiz, Marián Nieto, Milagros Olmos e Francisco García, e ó longo dos anos foron incorporándose outros compoñentes ao grupo, como Javier Castro, Llanos Monreal, Jesús Martín, Álvaro Mendía e Rodrigo Muñoz.
O disco foi extraido do blog Los Coleccionistas
Descargar
O disco foi extraido do blog Los Coleccionistas
Descargar
martes, 9 de xullo de 2013
Cantacronache 4 - Canti di Protesta del Popolo Italiano / Canti della Resistenza (1971)
En 1957 naceu en Torino (Italia) o grupo Cantacronache, formado por
Sergio Liberovici, Michele L. Straniero, Margot Galante Garrone, Fausto
Amodei, Edmonda Aldini, Pietro Buttarelli, Duilio Del Prete, Franca Di
Rienzo, Glauco Mauri, Silverio Pisu e Mario Pogliotti. Ao longo da súa
actividade musical, ata 1963 ano no que se disolven para dar paso ao
grupo Il Nuovo Canzoniere Italiano, publican 9 EPs (7 co nome de
Cantacronache e 2 máis acompañando a Fausto Amodei) baixo o selo
discográfico Italia Canta, que foron reeditados en 4 LPs en 1971 polo
selo Albatros (que xurdiú do selo Vedette Records). O grupo (así como a
formación sucesora) fixo un estudo e recuperación impresionante da
música política e social da Italia, facendo gravacións das máis
importantes cancións socialistas e anarquistas do cancioneiro popular.
Na actualidade son considerados precursores da canción de autor
italiana, influíndo nalgúns dos seus máximos representantes como Luigi
Tenco, Fabrizio De André ou Francesco Guccini.
Descargar
Descargar
Cantacronache 3 - Fausto Amodei (1971)
En 1957 naceu en Torino (Italia) o grupo Cantacronache, formado por Sergio Liberovici, Michele L. Straniero, Margot Galante Garrone, Fausto Amodei, Edmonda Aldini, Pietro Buttarelli, Duilio Del Prete, Franca Di Rienzo, Glauco Mauri, Silverio Pisu e Mario Pogliotti. Ao longo da súa actividade musical, ata 1963 ano no que se disolven para dar paso ao grupo Il Nuovo Canzoniere Italiano, publican 9 EPs (7 co nome de Cantacronache e 2 máis acompañando a Fausto Amodei) baixo o selo discográfico Italia Canta, que foron reeditados en 4 LPs en 1971 polo selo Albatros (que xurdiú do selo Vedette Records). O grupo (así como a formación sucesora) fixo un estudo e recuperación impresionante da música política e social da Italia, facendo gravacións das máis importantes cancións socialistas e anarquistas do cancioneiro popular. Na actualidade son considerados precursores da canción de autor italiana, influíndo nalgúns dos seus máximos representantes como Luigi Tenco, Fabrizio De André ou Francesco Guccini.
Descargar
Descargar
luns, 8 de xullo de 2013
Cantacronache 2 (1971)
En 1957 naceu en Torino (Italia) o grupo Cantacronache, formado por Sergio Liberovici, Michele L. Straniero, Margot Galante Garrone, Fausto Amodei, Edmonda Aldini, Pietro Buttarelli, Duilio Del Prete, Franca Di Rienzo, Glauco Mauri, Silverio Pisu e Mario Pogliotti. Ao longo da súa actividade musical, ata 1963 ano no que se disolven para dar paso ao grupo Il Nuovo Canzoniere Italiano, publican 9 EPs (7 co nome de Cantacronache e 2 máis acompañando a Fausto Amodei) baixo o selo discográfico Italia Canta, que foron reeditados en 4 LPs en 1971 polo selo Albatros (que xurdiú do selo Vedette Records). O grupo (así como a formación sucesora) fixo un estudo e recuperación impresionante da música política e social da Italia, facendo gravacións das máis importantes cancións socialistas e anarquistas do cancioneiro popular. Na actualidade son considerados precursores da canción de autor italiana, influíndo nalgúns dos seus máximos representantes como Luigi Tenco, Fabrizio De André ou Francesco Guccini.Descargar
Cantacronache 1 - Un'Aventura Politico Musicale degli Anni 50 (1971)
En 1957 naceu en Torino (Italia) o grupo Cantacronache, formado por Sergio Liberovici, Michele L. Straniero, Margot Galante Garrone, Fausto Amodei, Edmonda Aldini, Pietro Buttarelli, Duilio Del Prete, Franca Di Rienzo, Glauco Mauri, Silverio Pisu e Mario Pogliotti. Ao longo da súa actividade musical, ata 1963 ano no que se disolven para dar paso ao grupo Il Nuovo Canzoniere Italiano, publican 9 EPs (7 co nome de Cantacronache e 2 máis acompañando a Fausto Amodei) baixo o selo discográfico Italia Canta, que foron reeditados en 4 LPs en 1971 polo selo Albatros (que xurdiú do selo Vedette Records). O grupo (así como a formación sucesora) fixo un estudo e recuperación impresionante da música política e social da Italia, facendo gravacións das máis importantes cancións socialistas e anarquistas do cancioneiro popular. Na actualidade son considerados precursores da canción de autor italiana, influíndo nalgúns dos seus máximos representantes como Luigi Tenco, Fabrizio De André ou Francesco Guccini.
Descargar
Descargar
mércores, 3 de xullo de 2013
Balbarda - La Ruta de los Foramontanos (2002)
No ano 2002 o grupo madrileño Balbarda publica o seu primeiro disco, nesta "Ruta de los Foramontanos", a primeira formación de Balbarda: Ana Alcaide (violín), Jota Martínez
(zanfoña),
Javier Monteagudo (guitarra), Xurxo Ordóñez (gaita e frauta) e Robbie K. Jones (percusión) fan un traballo á altura dos mellores grupos de folk do noso país. Dende Galiza, unha aperta ao Robbie que hai moito tempo que non o vexo e xa quixera escoitale nos seus novos proxectos... gran percusionista e moito mellor persoa.
Descargar
Descargar
martes, 2 de xullo de 2013
Adolfo Celdrán - Jarmizaer, Jarmizaer (2001)
Despois da carreira profesional do cantautor Alicantino que tivera dende finais dos anos 60 ata finais dos 70, e convertirse nun dos máis representativos e reinvidicativos cantautores do noso país, volve a súa cidade natal (Alicante) para seguir a súa carreira como Físico, a pesar de non abandoar completamente a súa faceta artística (música, teatro...). No 2001 sorpréndenos cun novo disco despois de máis de 20 anos sen sacar ningún.
Descargar
Descargar
Los Dos de Mayo - España Mañana Será Republicana (1978)
No ano 1978 o duo español "Los Dos de Mayo" gravaron o seu único disco (EP) en Paris.
Non sabemos case nada deste duo, pero a canción principal do disco "España Mañana Será Republicana" foi bastante coñecida en España. Cantan unha canción de Manuel Blanco Chivite, militante do FRAP e sentenciado a morte (pena conmutada por reclusión) en Setembro de 1975, é moi posible que este duo tamén fosen militantes do FRAP e coñeceran ao propio Manuel Blanco e posiblemente a Pedro Faura (Bernardo Fuster). As outras duas cancións teñen letra de Juan de la Vera e Bertolt Brecht. Engadido no arquivo de descarga atopades unha versión do poema de Miguel Hernández de "Rosario Dinamitera" feito non hai moito polo mesmo duo "Los Dos de Mayo" e misturado co rap de "Peatón".

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)

.jpg)
.jpg)

.jpeg)

.jpeg)