Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO

sábado, 29 de novembro de 2014

Carmela e Paco Ibañez (1958-1973)

Carmen Requeta Dideo naceu no barrio de Lavapiés, en Madrid. Ós 19 anos trasladase a París onde coñece a Jesús Soto, pintor Venezolán, e máis a Paco Ibáñez, cos que formará o trío "Los Yares" no ano 1956 e cos que actuará durante uns dez anos. Carmen Requeta publica os dous primeiros EPs xunto a Miguel Castaños e Paco Ibañez no ano 1958. Dous anos despois, xa co nome de Carmela, publica xunto ao acompañamento da guitarra de Paco Ibañez, un disco co título "10 Chansons d'Amerique Latine" coa produción, segundo teño entendido, de Moshé-Naïm e publicado polo selo Fontana (Moshé-Naïm aínda non comenzara co seu selo discográfico). Carmela e Paco Ibañez publican no ano 1968 outro disco, xa en formato de LP, un disco con sete das dez gravacións do disco anterior (aínda que hai variación dunha das cancións eliminadas segundo sexa a edición norteamericana ou a francesa e española) e máis outras sete novas, co título "Chansons Populaires d'Amerique du Sud". Paco e Carmela publican o seguinte disco no ano 1973, aínda que a gravación é de 1969, co selo e produción de Moshé-Naïm. O último disco de Carmela sería sen o acompañamento de Paco Ibáñez.

Discos que contén o arquivo de descarga:
  • Carmen Requeta (2 EPs 1968)
  • 10 Chansons d'Amerique Latine (1960)
  • Chansons Populaires d'Amerique du Sud (1968)
  • Mourir d'Aimer (Single 1970)
  • Chants d'Espagne et de Amerique Latine (1973)
  • Chante le Chile (1976)

con Paco Ibañez e Miguel Castaños
con Paco Ibañez

Descargar

Cancionero Libertario (2011)

Este Cancionero Libertario saeu publicado en formato disco-libro no ano 2011 coa axuda do goberno de Aragón, e con interpretacións de Joaquín Carbonell, Gabriel Sopeña, Carlos Malicia, Chicotén, Elena Rubio e o grupo BVocal, entre outros, interpretando cancións anarquistas españolas como "Hijos del Pueblo" ou "A las Barricadas", e tamén arxentinas, italianas, americanas e de nova creación coma as do Cancionero de Buenaventura Durruti de Chicho Sánchez Ferlosio.
Descargar

martes, 25 de novembro de 2014

De Voces Ceibes a Milladoiro (2013)

Disco que acompaña ao libro do mesmo título De Voces Ceibes a Milladoiro escrito por Antón Seoane o ano pasado, que remataba a súa obra xunto cun documental, tamén estreado o pasado ano co título De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movemento Popular da Canción Galega (1973-1978), ao que se pode acceder a través do servizo de subscricións do vídeo baixo demanda de R Televisión, é dicir, que se non és de R non hai maneira de ver un documento desta importancia para a música galega.

No CD que ven co libro participaron Pilocha, Xosé Quintás-Canella, Bibiano, Rodrigo Romaní, Laura Amado, Marcos Meléndez e o propio Antón Seoane.

Descargar

mércores, 19 de novembro de 2014

Hiszpania Spiewa (1966)

Disco de cancións da república española traducidas ó polaco e publicado en Polonia no ano 1966. Cantan Pola Lipinska (mezzo) e Jozef Wojtan (barítono) cancións como Himno de Riego, El Paso del Ebro, Coplas de la Defensa de Madrid (no disco figura co título traducido de Los Cuatro Generales), Si me Quieres Escribir... unha canción titulada no disco como "Asturia", e que é unha das cancións asturiás da revolución de Outubro do 34, e, por un tremendo erro xeográfico, La Cucaracha.

Descargar

Segovia Viva (1976)

Disco producido por Ismael dedicado á canción tradicional de Segovia. O disco céntrase no folklorista segovián, daquela case esquecido, Agapito Marazuela, aínda que atopamos interpretacións doutros grupos e intérpretes como o propio Ismael e as agrupacións Hadit e o Nuevo Mester de Juglaría.

Descargar

domingo, 16 de novembro de 2014

Ahaztuak. 1936-1977 Canciones para la Memoria II (2007)

Segunda entrega dos compilatorios feitos e producidos pola asociación de vítimas del franquismo Ahaztuak (Esquecid@s). Atopamos cancións de cantantes como Rogelio Botanz ou Mikel Urdangarín que interpreta La paloma de la Paz de Chicho Sánchez Ferlosio, e agrupacións como Bide Ertzean, Las Joteras de Larraga, Apurka, AK-37, Dangiliske, Brighantya ou Adunia Folk. Atopamos tamén ós asturiáns Nuberu e os cantaores de flamenco Paco Moyano e José Domínguez "El Cabrero".
Atopamos cancións da época da guerra, como Viva la 5ª Brigada, Ay! Carmela, Jarama Valley ou Eusko Gudariak, e versos de Efrén Rodríguez, de Consuelo Ruiz (Las mujeres de los rojos) e de Telesforo Monzón (Iharra) interpretado por Txomin Iturbe dende a clandestinidade nos derradeiros anos da ditadura franquista. O disco remata cunha gravación, creo que gravada durante a guerra, da Internacional en Euskara.

Disco atopado hai tempo no blog Ekaitzaldi

Descargar

Moncho Alpuente Experience - La Experiencia es lo ultimo que se pierde (2002)

Despois dun espectáculo teatral que levaba por título "La experiencia es lo último que se pierde" e que levou á escena con Wyoming e o Reverendo, Moncho Alpuente publica este libro-disco co que satiriza a historia de España.

Descargar

xoves, 7 de agosto de 2014

Avelino - Ni Rejas ni Fronteras (1977)

Primeiro e único disco do cantautor astur Avelino López Díaz, un dos cantantes do Nuevu Canciu Astur (Nova Canción Asturiana), gravado en 1977, Avelino fai a metade do disco en asturián e a outra metade castelán. Unha xoia difícil de atopar.

Descargar

Carlos Rubiera - Pasin a Pasu (1981)

Primeiro LP do cantautor astur Carlos Rubiera, un dos cantantes do Nuevu Canciu Astur (Nova Canción Asturiana) e seguramente (xunto a Jerónimo Granda) un dos máis prolíficos da canción de autor asturiana.

Descargar

mércores, 6 de agosto de 2014

Xose Nel - Calandreru (1982)

Xose Nel é un dos máis descoñecidos integrates do Nuevu Canciu Astur (Nova Canción Asturiana) e segundo teño entendido chegou publicar este LP e máis un single (que non sei se chegaría publicarse un LP enteiro) chamado "Xermandia" no ano 1988

Descargar

Grup de Folk - 1 i 2

Grup de Folk foi, como o seu propio nome indica, un grupo de folk catalá que comenzou a súa carreira musical a finais dos anos 60. Aínda que non tiñan unha formación fixa, dous dos músicos que estiveron nela dende o principio foron Jaume Arnella e Xesco Boix. Na seguinte ligazón podedes descargar os dous primeiros discos desta formación, que datan de 1967 e 1968 respectivamente.

Descargar

luns, 4 de agosto de 2014

NHU - NHU (1978)

Primeiro e único disco desta formación de rock progresivo compostelá, composta por Emilio Cao, Tino Grandío, Roberto Abal, Xurxo Pérez, Xosé Garea, Julio Garea, Antonio Fernández, Jesús Alonso e Ricardo Máiz.

Descargar

Mont Joia - Cançons dei Festas Provençalas (1978)

Segundo disco, editado polo selo francés Le Chant du Monde, deste gran grupo de folk occitano

Descargar

Javier Lopez de Guereña - Detras del Viento (1991)

Disco instrumental (creo que o único que chegou sacar) deste guitarrista, que xunto a Andreas Prittwitz e Fernando Anguita (tamén presentes neste disco) traballan habitualmente co cantautor Javier Krahe.

Descargar

venres, 18 de xullo de 2014

Esteban Valdivieso - Estabas tu en el Humo (2000)

Esteban Valdivieso foi un dos integrantes do colectivo Manifiesto Canción del Sur que xurdiu en Andalucía nos últimos anos do franquismo, e que xunto a músicos como Carlos Cano, Antonio Mata, Nande Ferrer, Raúl Alcover ou Aurora Moreno fomentan a cultura e poesía andaluza a través das súas cancións. Esteban non chega publicar o seu primer disco ata 1998, a pesar de colaborar desde finais dos anos 80 con diversos artistas.

DESCARGAR

mércores, 16 de xullo de 2014

Fernando Unsain - Nire Aitaren Etxea Defendituko Dut (1976)

Segundo disco deste cantautor, e o único que ten cantando en Euskera.

DESCARGAR

xoves, 17 de abril de 2014

Carlos Andreu - Un Peuple en Lutte: Espagne (1976)

Primeiro disco de Carlos Andreou (ou Carlos Andreu) dos dous que publicou como cantautor dende Francia. Este disco foi editado polo pequeno selo francés Expression Spontanee, no seu número 22.

Disco atopado no blog Perspectivas a través de la Nueva Canción Chilena

Descargar

Carlos Andreu - Viva la Vida (1978)

Segundo disco de Carlos Andreu (ou Carlos Andreou), que dende o ano 1968 estivo residindo en Francia, onde publicou dous discos como cantautor e que despois pùblicou con outros artistas como François Tusques. Este disco foi editado polo selo francés Vendemiaire.

Disco atopado no blog Perspectivas a través de la Nueva Canción Chilena

Descargar

domingo, 16 de marzo de 2014

Gabriel Salinas - Canto a mi América (1969)

Primeiro disco deste cantante Chileno, publicado no ano 1969 polo selo Barlovento e no 1971 por EDIGSA, nel versiona cancións de Patricio Manns, Atahualpa Yupanqui, Violeta Parra e Daniel Viglietti entre outros.

Descargar

Gabriel Salinas - Yo Defiendo mi Tierra (1973)

Segundo disco do cantante Chileno, co acompañamento da cantante Vicky. Inclúe cancións populares así como algunha versión de Violeta Parra. Publicado en España polo selo Barlovento.

Descargar

luns, 3 de marzo de 2014

Poesía Necesaria (2003)

O 18 de Marzo de 2003 presentábase en Valladolid este disco, con motivo do IV Congreso Internacional de la Lengua, no que 20 artístas poñen música a 20 poetas.

Entre os artístas: Adolfo Celdrán, Marina Rossell, Amancio Prada, Javier Paxariño, Javier Bergia, Inés Fonseca, Germán Díaz, Javier Coble, Luis Delgado, Joaquín Díaz, Joan Manuel Serrat, Javier Ruibal ou Paco Ibañez

Entre os poetas: Gabriel Celaya, Blas de Otero, Miguel Hernandez, Pedro Salinas, Ángel Gonzalez, Federico García Lorca, Jaime Gil de Biedma, Rafael Alberti, Antonio Machado, Manuel Machado, José Hierro, Jorge Guillén, Luis García Montero ou Juan Ramón Jiménez.

Unha xoia que debido a su carácter cultural foi facilitado para a súa descarga nalgunha páxina oficial do goberno de Valladolid (vaia, desas cousas que xa non se fan)

Descargar

sábado, 15 de febreiro de 2014

La Contra - De Canarias Somos (1975)

Os componentes deste descoñecido grupo folklórico canario dos anos 70 foron Manolo Pérez, Miguel Pérez e Luis Morera, os que formaran, logo da norte de franco, un dos grupos folklóricos canarios máis coñecidos, Taburiente.

Descargar

sábado, 25 de xaneiro de 2014

Antonio de Pinto - Tono oscuro (1999)

Antonio de Pinto é un cantautor madrileño, un dos mellores que deu a nova xeración de cantautores, que leva máis de 10 anos publicando e ofrecéndonos boa música. Tono Oscuro foi o seu primeiro traballo e conta con colaboracións de prestixio como as de Antonio Toledo, María Navidad, Marta de la Aldea e o chelista Oscar Grossi.

Descargar

mércores, 22 de xaneiro de 2014

Raúl Alcover - Del Laberinto al Treinta (1987)

Logo de participar activamente co colectivo Manifiesto Canción del Sur xunto con Carlos Cano e Antonio Mata, Raul Alcover publica o seu primeiro disco a finais dos 70. En 1987 publica este disco cunhas colaboracións excepcionais, José e Antonio Carbonell, Luis Delgado, Javier Paxariño, Antonio Sánchez e Jimmy Rios.

Descargar

sábado, 4 de xaneiro de 2014

Son de Niños

Preséntovos hoxe as coleccións de cancións infantís Son de Niños que o selo Factoría de Autor (selo discográfico da SGAE xa desaparecido do que boto moitísimo de menos as súas publicacións) publicou nos anos 2001 e 2003. Nel interveñen artistas como Javier Bergia, Marta de la Aldea, Pablo Milanes, Imanol, Javier Krahe, Joaquín Diaz, Marina Rosell, Luis Pastor, Jose Antonio Labordeta ou Ismael Serrano.

Descargar Son de Niños 1 (2001)
Descargar Son de Niños 2 (2003)