
Con motivo das primeiras eleccións despois da ditadura (xuño 1977), a meirande parte dos partidos que se presentaban ás eleccións fixeron como parte da sua campaña a publicación de discos con cancións e discursos. As publicacións máis importantes neste campo foron as realizadas polo selo
Nevada na sua serie Hablan los Partidos, onde atopamos LPs cheos de discursos de cada partido.
No caso do recentemente legalizado Partido Comunista de España (PCE) a publicación foi nun dobre LP con discursos de Dolores Ibarruri, Santiago Carrillo, Ramón Tamames e Marcelino Camacho entre outros, e cancións de Ana Belén, Victor Manuel (daquela coordinador musical do PCE), Camaretá (Nuberu), José Menese, Duo Kotliarskaia-Comesaña, Coz e o Colectivo Musical del PCE.
DESCARGAR
Ningún comentario:
Publicar un comentario