No ano 1978 o duo español "Los Dos de Mayo" gravaron o seu único disco (EP) en Paris.
Non sabemos case nada deste duo, pero a canción principal do disco "España Mañana Será Republicana" foi bastante coñecida en España. Cantan unha canción de Manuel Blanco Chivite, militante do FRAP e sentenciado a morte (pena conmutada por reclusión) en Setembro de 1975, é moi posible que este duo tamén fosen militantes do FRAP e coñeceran ao propio Manuel Blanco e posiblemente a Pedro Faura (Bernardo Fuster). As outras duas cancións teñen letra de Juan de la Vera e Bertolt Brecht. Engadido no arquivo de descarga atopades unha versión do poema de Miguel Hernández de "Rosario Dinamitera" feito non hai moito polo mesmo duo "Los Dos de Mayo" e misturado co rap de "Peatón".
Descargar
Ningún comentario:
Publicar un comentario