En 1957 naceu en Torino (Italia) o grupo Cantacronache, formado por
Sergio Liberovici, Michele L. Straniero, Margot Galante Garrone, Fausto
Amodei, Edmonda Aldini, Pietro Buttarelli, Duilio Del Prete, Franca Di
Rienzo, Glauco Mauri, Silverio Pisu e Mario Pogliotti. Ao longo da súa
actividade musical, ata 1963 ano no que se disolven para dar paso ao
grupo Il Nuovo Canzoniere Italiano, publican 9 EPs (7 co nome de
Cantacronache e 2 máis acompañando a Fausto Amodei) baixo o selo
discográfico Italia Canta, que foron reeditados en 4 LPs en 1971 polo
selo Albatros (que xurdiú do selo Vedette Records). O grupo (así como a
formación sucesora) fixo un estudo e recuperación impresionante da
música política e social da Italia, facendo gravacións das máis
importantes cancións socialistas e anarquistas do cancioneiro popular.
Na actualidade son considerados precursores da canción de autor
italiana, influíndo nalgúns dos seus máximos representantes como Luigi
Tenco, Fabrizio De André ou Francesco Guccini.
Descargar
Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario