Joan & José foi un dúo da canción da resistencia española no exilio. Joan Esteller (Alcanar, Tarragona, 1939) coñece a José Suarez (Cedeira, A Coruña, 1943) en Heldelberg, Alemaña, onde os dous traballaban, aló polo 1963. Publicaron dous discos moi importantes da música da resistencia no exilio e foron moi coñecidos en Alemaña. Este foi o primeiro disco, cantado en Català, de Joan & José, e unha importante aportación ao recén estreado movemento da Nova Cançó, nel atopamos letras de Salvador Espriú, Jordi Monés e Coloma Lleal.
Descargar
Ningún comentario:
Publicar un comentario