Julia León, irmá de Rosa León, ten una extensa e case descoñecida carreira musical, entre outras cousas traballou moito na gravación de cancións infantís. Nos anos 70 foi una cantautora moi coñecida e das que incluían nos seus concertos cancións populares e tamén de poetas. A pesar de ter un son moi lamentable, paga a pena escoitar este concerto de 1974 pola importancia das cancións. Foi gravado na Aula Magna da Facultade de Filosofía na antigua fábrica de tabacos de Sevilla, e neste inencontrable concerto, Julia León canta cancións de Chicho Sánchez Ferlosio, Nicolás Guillén, Carlos Álvarez, Rosalía de Castro e Jorge Krahe; tamén podedes escoitar as cancións dun estudante de dereito chamado Casto Márquez, cantando poemas de Miguel Hernández, Federico García Lorca e Luis de Góngora; no concerto Jorge e Charo fan os coros. Algunha das cancións que podedes escoitar aparecen aquí cantadas por Julia antes da publicación dos propios artistas, como é o caso de Si las Cosas no Fueran de Chicho Sánchez Ferlosio ou Me internarán de Jorge Krahe que cantara o seu irmán Javier moitos anos despois. Paga a pena escoitar o hino minero Santa Barbara Bendita (sobre todo polos últimos versos que canta a xente) e a Canción de Julián Grimau, polas que o réxime de franco proibiulle actuar en máis dunha ocasión e impúsolle unha multa.
No arquivo de descarga tedes a información das cancións realizada por min e completada por Ángel Cervera, que fixo a gravación do concerto en 1974 e púxona a disposición de todos nós. Moitas grazas a Ángel por desenterrar este tesouro e pola información aportada. Aínda falta información sobre algunhas cancións, se alguén sabe delas, por favor, escribide a información nos comentarios ou mandádema o meu enderezo electrónico.
Descargar
Ningún comentario:
Publicar un comentario