domingo, 13 de marzo de 2016

Maria Manoela e Miguel - Imos Cantar Xuntos(1991)

Disco do dúo Manuela e Miguel (María Manoela e Miguel Varela) que acompañaba o libro de cancións infantís en galego Cancións de Nobelos de Papel. Hai tempo conseguín o casete desta gravación que non chegou publicarse noutro formato.

Descargar

3 comentarios:

  1. Ola! Son Xurxo Varela, fillo menor de María Manuela e Miguel. Por cousas da vida este casette non foi publicado nen en LP nen en CD. Con todo, aínda podería ser posible a partir do máster que posiblemente teña no seu estudio Nani García. Falareino con el, xa que é unha cuestión á que levo un tempo dándolle voltas.

    Un saúdo cordial.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olá Xurxo, son Carlos (Caramelo), coñecémonos do Malas Pécoras de Compostela cando se facían as cantus. Pois sorte coa recuperación do máster, a ver se cadra publicalo en CD, hai tempo atopei unha copia deste casete e regaleillo a Ricardo, fíxolle moita ilusión.

      Un saúdo

      Eliminar